Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) FÍSICA I Código 730G01102
Titulación
Grao en Arquitectura Naval
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Alvarez Feal, Jose Carlos Juan
Correo electrónico
carlos.alvarez@udc.es
Profesorado
Alvarez Feal, Jose Carlos Juan
Correo electrónico
carlos.alvarez@udc.es
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación

Contidos
Temas Subtemas
Capítulo I TEMAS PRELIMINARES Tema 1 Introducción á física
Tema 2 Magnitudes físicas
Tema 3 Magnitudes vectoriais

Capítulo II ESTÁTICA Tema 4 Equilibrio do punto material
Tema 5 Sistemas de forzas
Tema 6 Equilibrio do sólido ríxido
Capítulo III CINEMÁTICA Tema 7 Cinemática do punto
Tema 8 Movimento relativo
Capítulo IV DINÁMICA DO PUNTO MATERIAL Tema 9 Principios fundamentais da dinámica do punto
Tema 10 Traballo e enerxía
Capítulo V DINÁMICA DOS SISTEMAS Tema 11 Dinámica dun sistema de partículas
Tema 12 Dinámica do sólido ríxido
Capítulo VI DINÁMICA DOS MEDIOS DEFORMABLES Tema 13 Sólidos deformables
Tema 14 Estática de fluídos
Tema 15 Dinámica de fluídos
Capítulo VII ONDAS Tema 16 Movimiento ondulatorio
Tema 17 Ondas mecánicas

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 25.2 46.2
Solución de problemas 13 52 65
Prácticas de laboratorio 10 2 12
Proba obxectiva 2 2.8 4.8
Proba obxectiva 4 8 12
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase de teoría na pizarra
O profesor expondrá os principios fundamentais de cada tema.
Indicará donde obter información complementaria.
Solución de problemas No grupo mediano:
o profesor resolverá exercicios ou demostracións teóricas.
Discutirase a resolución por parte dos alumnos, dun número determinado de exercicios.
Prácticas de laboratorio Realización das prácticas de laboratorio:
4 prácticas de 2 h cada una máis un exame oral individual sobre as prácticas realizadas
Proba obxectiva O curso se divide en 2 partes, cada unha con seu examen de control:

1. Vectores Estática e Cinemática

A proba realizarase ao longo do curso en data fixada polo calendario de exames.
Proba obxectiva A proba obxetiva final, abarcará a parte 2 da materia:

Dinámica do punto, Dinámica do sólido, Fluídos e Ondas mecánicas.

Será realizada coincidindo coa data de exame final aprobada en Xunta de Centro.


Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Titorías sobre os temas das aulas maxistrais, sobre a resolución de exercicios, debates e outros ámbitos relacionados coa materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral A asistencia ás sesións maxistrais é obrigatoria.
Permítense un máximo de 5 faltas non xustificadas ao longo do curso.
10
Solución de problemas A asistencia ás clases de solucións de problemas é obrigatoria.

• Será necesario ter un mínimo de tres asistencias por cada exame de control, en total 6 asistencias.

Para o grupo mediano:

• Cada boletín constará dun número non fixo de exercicios ou demostracións teóricas.

• O vector de traballo será a explicación dos métodos de resolución.


• Proporanse 70 exercicios (30+40) a resolver polos alumnos. Para puntuar deberán facerse ben un mínimo de 80 % de exercicios por cada entrega. A nota de cada entrega repartirase do seguinte modo, se o/a alumno/a fai:

• Se o número de exercicios ben resoltos é inferior aos límites antes indicados, a nota correspondente será de cero.

• Igual ao límite, a nota será de cinco.

• Máis do límite señalado, a nota será de cinco máis un punto por cada exercicio por enriba do límite.

• Nas aulas serán os alumnos os que traballen. Valoraranse tanto as achegas como a colaboración en grupo.

A cualificacion se detalla no apartado proba obxetiva
0
Prácticas de laboratorio
A asistencia ao laboratorio é obrigatoria e a realizar no primeiro ano de matrícula.

A nota de prácticas manterase perante 3 cursos consecutivos.
Non se admiten faltas non justificadas.

O alumno deberá realizar 4 prácticas de laboratorio máis un exame final individual.

A asistencia e realización de todas as practicas será puntuada sobre 10 e representará o 10 % da nota final.
10
Proba obxectiva Haberá una proba ao longo do cuadrimestre, repartindo o 30 % da nota final.

A proba constará dunha parte de teoría (T = 40 % da nota) e unha de problemas (60 % da nota).

A parte de teoría poderase realizar á vez cos problemas ou via internet.

A nota de problemas estará dividida en dúas: nota dos exercicios do exame (P = 50 % da nota) e nota obtida na solución de problemas que aportarán o outro E = 50 % da nota.

A nota final de a proba será calculada como sigue:

NOTA (E1)=0.4T+0.3P+0.3E
30
Proba obxectiva A proba obxetiva final, abarcará a parte 2 da materia:
Dinámica do Punto, Dinámica do sólido, Fluídos e Ondas.

Realizarase coincidindo coa data do exame final aprobada en Xunta de Centro.

A este exame corresponderalle o 50 % da nota e seguirá o mesmo criterio que a outra (40 % teoría, 30 % exercicios examen e 30 % problemas ben resoltos)

Na proba de segunda oportunidade, o alumno só terá que examinarse da parte que teña suspensa, mantendo a valoración obtida para as partes xa aprobadas e das prácticas de laboratorio
50
 
Observacións avaliación

A nota final da materia deducirase da ecuación:

Nota = 0.1* Prácticas + 0.1*Asistencia + 0.3*E1 + 0.5*E2

onde:

Prácticas representa a nota de prácticas de laboratorio.

Asistencia representa o número de asistencias do alumno/ total

E1 representa a nota da primeira proba obxectiva

E2 representa a nota da proba obxectiva final


Fontes de información
Bibliografía básica Tipler, Paul Allen (1992). Física. Reverté
Serway, Raymond A. (1992). Física. McGraw-Hill
Francis Sears, Zemansky, Young (1986-1998). Física Universitaria. Addison-Wesley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
CÁLCULO/730G02101
EXPRESION GRAFICA/730G02103
ÁLXEBRA/730G02106
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G02110

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías