Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) ELASTICIDADE E RESISTENCIA DOS MATERIAIS Código 730G01117
Titulación
Grao en Arquitectura Naval
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Fraga Lopez, Pedro
Correo electrónico
p.fraga@cdf.udc.es
Profesorado
Fraga Lopez, Pedro
Villa Caro, Raul
Correo electrónico
p.fraga@cdf.udc.es
raul.villa@udc.es
Web
Descrición xeral A resistencia de materiais é a materia basee do cálculo e análise de estruturas e sólidos mecánicos. Proporciona ao alumno, os conceptos básicos para comprender as consecuencias dos esforzos nos sólidos, desde o punto de vista da mecánica dos medios continuos e o campo elástico, sometidos a esforzos estáticos e dinámicos no que respecta ás tensións que se producen e deformacións.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A11 Coñecemento da elasticidade e resistencia de materiais e capacidade para realizar cálculos de elementos sometidos a solicitudes diversas.
A19 Coñecemento das características dos materiais estruturais navais e dos criterios para a súa selección.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B15 Concepción espacial.
B18 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir os coñecementos propios da mecanica de medios continuos e do comportamento elástico dos materiais sometidos a distintas forzas. A11
A19
B3
B7
B15
B18
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Introducción a resistencia de materiaís. Modelo teórico de sólido elástico: prisma mecánico. Equilibrio estático e equilibrio elástico. Estado Tensional dun prisma mecánico. Concepto de tensión. Tensor de tensións. Tensións e direccións principais. Círcunferencias de Mohr. Principios xerais de Resistencia de Materiais. Esforzo normal e cortante, momentos de flexión e torsión: as súas relacións coas compoñentes da matriz de tensións. Criterios de resistencia. Teoremas enerxéticos.
Tema 2: Carga axial. Estado tensional e de deformación nun prisma mecánico sometido a tracción ou compresión monoaxial. Diagrama tensión-deformación. Expresión do potencial interno dun prisma mecánico sometido a tracción ou compresión monoaxial. Tracción ou compresión monoaxial hiperestática. Superación por condicións de deformación e métodos enerxéticos.
Tema 3. Teoría xeral da flexión Teoría xeral da flexión Flexión simple de pezas prismáticas. Determinación de momentos flectores e esforzos cortantes en distintos casos de sustentación e carga.
Flexión biaxial. Análise de tensións.
Tensións producidas na flexión simple. Barras de sección armada e de sección composta.
Flexión composta. Análise de tensións.
Tema 4. Flexíón. Analise de deformacións. Deformación de vigas rectas sometidas a flexión. Ecuación diferencial da liña elástica. Método da dobre integración para o cálculo de deformacións de barras rectas sometidas a flexión simple. Ecuación universal da deformada dunha viga de rixidez constante. Teoremas de Mohr.
Teoremas enerxéticos de cálculo de sistemas elásticos para o cálculo de deformacións.
Tema 5. Flexión hiperestática Métodos de resolución Flexión hiperestática.- Métodos de cálculo de barras hiperestáticas dun só tramo e de varios apoios.
Métodos enerxéticos.
Condicións de contorno variables na sustentación hiperestática.
Tema 6. Inestabilidade estrutural. Inestabilidade estrutural. Pandeo. Flexión lateral.- Estabilidade do equilibrio elástico.- Pandeo de prismas rectos de sección constante sometidas a compresión-Euler. Compresión excéntrica dunha peza soporte delgada e esvelta. Condicións de contorno na sustentación da peza.
Tema 7. Teoria da torsión. Teoría elemental da torsión en prismas de sección recta circular. Análise de tensións e deformacións. Determinación de momentos torsores. Sistemas isostáticos e hiperestáticos.
Torsión e flexión combinadas. Cálculo de eixos de transmisión de potencia.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 60 20 80
Solución de problemas 30 20 50
Proba obxectiva 5 0 5
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, que ten como finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe na o ámbito da análise estrutural.
Solución de problemas Metodoloxía que permite a realización de actividades de carácter práctico, con computador, tales como modelización, análise e simulación de elementos mecánicos e estruturais, ou experimentais, como ensaios no taller de estruturas dos devanditos elementos, para estudar a súa deformación e resistencia.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Proba obxectiva
Descrición
Seguimento e orientación dos problemas concretos xurdidos no desenvolvemento das distintas actividades docentes realizadas.


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas Se valorarán las prácticas entregadas por el alumno 10
Proba obxectiva Realízase individualmente, de forma presencial, ao finalizar a materia, cunha duración estimada de 4 horas. Realízase tambien unha primeira proba parcial cunha valoración do 40%.
Esíxese unha nota mínima de 4 sobre 10 para que se realize a media das dúas probas parciais.
90
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Diez de Ulzurrun I (1998). Apuntes de Elasticidad y Resistencia de Materiales. ETSIIN - Madrid
Vazquez M. (2006). Resistencia de Materiales. Noela
Gere James M Timoshenko (2002). Resistencia de Materiales. McGraw Hill
Ortiz Berrocal (2010). Resistencia de Materiales. McGraw Hill
Sáez BenitoJ.M (2002). Tensiones Tangenciales en flexión. ETSIIN-Madrid

Bibliografía complementaria Saez Benito (2002). Calculo Matricial de Estructuras. ETSIIN-Madrid
Mirolioubov, I (1998). Problemas de Resistencia de Materiales. MIR


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ESTRUTURAS NAVAIS 1/730G01125
ESTRUTURAS NAVAIS 2/730G01126

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
FÍSICA II/730G01107
MECANICA/730G01118

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías