Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) COMPORTAMENTO EN SERVIZO Código 730G03041
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
jose.mier@udc.es
Profesorado
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
jose.mier@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo fundamental desta materia é a adquisición por parte do alumno das metodoloxías de análise de fallo dos materiais como consecuencia do seu comportamento en servizo.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A45 Coñecemento da metodoloxía de análise de fallo dos materiais.
A46 Comprensión dos mecanismos de fallo nos materiais en servizo.
A47 Asumir a necesidade do mantemento de máquinas e equipos. Coñecer as principais causas de fallo e as estratexias de mantemento.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaboradora.
B8 Actitude orientada ao traballo persoal intenso.
B9 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
B10 Actitude orientada á análise.
B16 Fixar obxectivos e tomar decisións.
B23 Positivos fronte a problemas.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento da metodoloxía de análise de fallo dos materiais. A45
Comprensión dos mecanismos de fallo nos materiais en servizo. A46
Asumir a necesidade do mantemento de máquinas e equipos. Coñecer as principais causas de fallo e as estratexias de mantemento. A47
Aprender a aprender. B1
Resolver problemas de forma efectiva. B2
Traballar de forma autónoma con iniciativa B4
Traballar de forma colaboradora. B5
Actitude orientada ao traballo persoal intenso. B8
Capacidade de integrarse en grupo de traballo. B9
Actitude orientada á análise. B10
Fixar obxectivos e tomar decisións. B16
Positivos fronte a problemas. B23
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedad C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Métodos químicos de análise de fallos Espectro electromagnético
Espectroscopías de emisión e absorción. Espectroscopía de absorción atómica (AAS)
Produción de raios X.
O espectro de raios X.
O efecto fotoeléctrico.
Espectrometría de fluorescencia de raios X (XRFS).
Difracción de raios X
Espectoscopías de electróns. Espectroscopia de electróns para análise química (ESCA/XPS). Espectroscopía de electróns Auger (AES).
2. Preparación materialográfica Selección e corte das mostras.
Embutido.
Desbaste.
Puído. Puído electrolítico.
O ataque metalográfico.
Clasificación das técnicas de ataque metalográfico
3. Microscopía óptica e electrónica Métodos para a formación de imaxes.
Lentes e sistemas ópticos.
O microscopio óptico.
Microscopía confocal.
Microscopía con luz polarizada
Produción dun feixe de electróns.
Interacción dos electróns coa materia.
Microscopio electrónico de varrido (SEM).
Microscopio electrónico de transmisión (TEM)
4. Ensaios non destrutivos Radioloxía
Partículas magnéticas
Correntes inducidas
Líquidos penetrantes
Ultrasóns
Termografía
Holografía
5. Fractura Factor de intensidade de tensións (K) e tenacidade da fractura (Kc).
Modos de aplicar a carga a un material agretado.
Variación de Kc co tipo de material.
Influencia da temperatura e a velocidade de carga sobre Kc.
Influencia da microestrutura sobre Kc.
Tamaño da zona plástica para estados de tensión planos.
Tamaño da zona plástica para estados deformacións planos.
Límites de plasticidade para poder aplicarse a LEFM.
O ensaio da tenacidade á fractura.
6. Fatiga Influencia de diversas variables nas curvas S-N.
Velocidade de crecemento das gretas por fatiga: ecuación de Paris-Endorgan.
Ensaios para determinar a velocidade de crecemento das gretas por fatiga.
7. Fluencia (creep). Curva tensión-deformación na fluencia.
O ensaio de fluencia.
Mecanismo físico da fluencia.
Estimación da vida en servizo dun material sometido a fluencia: Parámetro de Sherby-Dorn. Parámetro de Larsson-Miller

8. Fractografía Fracturas transgranulares. Fractura por clivaxe
Fractografía da clivaxe
Fractura dúctil
Fractografía na transición dúctil-fráxil
Fracturas intergranulares
Fracturas por fatiga
Superficies de desgaste
9. Degradación química de materiais Corrosión electroquímica e corrosión a altas temperaturas.
Pila de corrosión electroquímica
Fenómenos de polarización. Teoría do potencial mixto
Técnicas electroquímicas de medida da velocidade de corrosión
Pasivación
Degradación química de polímeros e cerámicos. Inflamabilidade de materiais

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio 4 0 4
Proba obxectiva 4 60 64
Traballos tutelados 1 20 21
Sesión maxistral 22 0 22
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é coñecida tamén como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
No caso da proba obxectiva e os traballos tutelados os alumnos poderán asistir ás titorías para resolver as súas dúbidas para o exame ou a presentación dos traballos. Nas prácticas de laboratorio o profesor resolverá os problemas e dúbidas que se fagan por parte dos alumnos sobre as prácticas in-situ ou en horas de titoría para calquera aclaración

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os alumnos que asistan a máis do 80% das clases terán 0,5 puntos sobre 10 na nota final 5
Proba obxectiva Realizaranse varios exames parciais. Calquera nota inferior a 4.0 penalizará, computando o dobre á hora do cal realice a nota media dos exames. Por exemplo, se un alumno obtivo nos parciais as seguintes notas: 7, 5 y 3; a súa nota media será: (7+5+3+3) / 4 = 4,5
75
Traballos tutelados Realizaranse traballos tutelados en grupo sobre distintos aspectos da materia onde se analizarán as posibles causas dos fallos dos materiais en servizo 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a nota global mínima será de 5.0.

Aos alumnos que asistan a máis do 80% das clases aumentaráselles a nota 0,5 puntos

A asistencia a prácticas de laboratorio de obrigatoria para aprobar a materia


Fontes de información
Bibliografía básica John P. Sibila (1996). A guide to materials characterization and chemical analysis. Ed. VCH
Enrique Otero (1997). Corrosión y degradación de materiales. Ed. Síntesis
Richard W. Hertzberg (1996). Deformation and fracture mechanics of engineering materials. Ed. Wiley
Jose M. Franco (1999). Ensayos no destructivos para la industria y construcción. Ed. Prensas Universitarias de Zaragoza
J. M. Albella (1993). Introducción a la ciencia de materiales : técnicas de preparación y caracterización. Ed. CSIC
José L. Arana (2002). Mecánica de fractura. Ed. Universidad del País Vasco
Norman E. Dowling (2007). Mechanical behavior of materials. Ed. Peasrson
Francisco J. Gil Mur, (2005). Metalografía. ED. UPC
Carles Riba (2008). Selección de materiales en el diseño de máquinas. Ed. UPC
José A. González (1984). Teoría y práctica de la lucha contra la corrosión. Ed. CSIC

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
CIENCIA DOS MATERIAIS/730G03007
ENXEÑARÍA DOS MATERIAIS/730G03030

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías