Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Debuxo Industrial e CAD Código 770G01029
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Rodríguez García, Juan de Dios
Correo electrónico
de.dios.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodríguez García, Juan de Dios
Correo electrónico
de.dios.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Normalización aplicada al dibujo industrial.
Dibujo de instalaciones industriales.
Interpretación de planos y esquemas de instalaciones y equipos industriales.
Aplicaciones de diseño asistido por ordenador.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A34 Capacidade para deseñar sistemas de control e automatización industrial.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B2 Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquire coñecementos sobre normalización e convencionalismos utilizados no Debuxo Técnico. B2
Valora a normalización como convencionalismo idóneo para simplificar, non só a produción senón tamén a comunicación, dándolle a esta un carácter universal. B2
B5
C6
É capaz de croquizar e realizar vistas e perspectivas a man alzada. A34
B1
B2
B5
É capaz de representar e interpretar planos e esquemas de instalacións industriais. A34
B1
B2
B4
B6
C3
C6
C8
Coñecemento e utilización de programas de Deseño Asistido por Computador A34
B2
B4
B5
B6
C3
C7

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE 1:NORMALIZACIÓN E CONVENCIONALISMOS UTILIZADOS NO DEBUXO TÉCNICO 1.1 CROQUIZADO: Debuxo a man alzada de vistas e perspectivas
1.2 REPRESENTACIÓN NORMALIZADA: vistas auxliares, conxuntos, etc.
1.3 SISTEMAS DE UNIÓN
1.4 TOLERANCIAS
1.5 SISTEMAS DE TRANSMISIÓN DE MOVEMENTO
UNIDADE 2: REPRESENTACIÓN E INTERPRETACIÓN DE PLANOS: INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS, DE INSTRUMENTACIÓN, CONTRAINCENDIOS, Etc. 2.1 INTERPRETACIÓN DE PLANOS e REPRESENTACIÓN DE ELEMENTOS CONSTRUTIVOS: plantas, alzados e seccións.
2.2 INSTALACIÓNS INTERIORES: simboloxía. Interpretación e trazado de planos e esquemas.
2.3 Representación simplificada e elementos auxiliares. axonométricos de tubaxes. representación gráfica por medio da cor.
UNIDAD 3: DESEÑO MECÁNICO 3D 3.1 Esbozos e layouts: Introdución. Comandos de Esbozos. Ferramenta de selección. Comandos de debuxo elementais. Ferramenta de debuxo Intelliscketch. Cotas. Comandos de anotación. Relacións xeométricas. Manipulación de elementos 2D
3.2 Operacións 3D: Introdución. Pasos básicos para crear unha operación basee. Comandos de operación basee. Operacións de eliminado de material. Buracos e Roscados.
3.3 Deseño de conxuntos: Introdución. Agregar pezas a un conxunto. Relacións para situar unha peza nun conxunto. Distancias de desprazamento. Colocar Pezas iguais nun conxunto. Mover pezas do conxunto. Vistas estouradas. Corte no conxunto. Asociatividad. Crear pezas no contexto conxunto. Estrutura virtual. Gardar configuracións de visualización dun conxunto.
3.4 Produción de planos: Introdución. Tipos de folla. Vistas de debuxo principais. Crear vistas auxiliares. Crear vistas de corte. Vista en corte parcial. Crear vistas de detalle. Crear vistas rotas. Debuxar en vista. Vistas de debuxo instantáneas. Vistas de debuxo estouradas. Xeración de vistas de debuxo PMI

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 21 42
Traballos tutelados 12 24 36
Prácticas de laboratorio 18 36 54
Proba obxectiva 4 7 11
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1.5 horas.
Con anterioridade ao día en que se imparta a materia, indicaranse a relación dos coñecementos previos necesarios e o resumo dos conceptos sobre os que se traballará, proporcionando a información bibliográfica correspondente.
Cada Tema iniciarase coa exposición do profesor, que axudará ao estudante a extraer os conceptos máis relevantes, marcando os obxectivos perseguidos.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que deberán prevalecer.
Traballos tutelados Co fin de preparar aos alumnos nunha aprendizaxe autónoma, exponse a realización de traballos guiado sempre polo profesor, Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o alumno:
- Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite.
- Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría.
- Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais
- Desenvolver e potenciar nos estudantes habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas.
Prácticas de laboratorio O alumno traballará con programas de CAD desde o primeiro día, co obxectivo de afianzar a súa habilidade no debuxo mediante programas de debuxo asistido por computador en 2D, familiarizarse co traballo en 3D, así como na elaboración e interpretación de planos.
Proba obxectiva A proba terá carácter fundamentalmente práctico e consistirá na resolución dun número determinado de problemas

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que permite a docencia en grupos reducidos permítenos individualizar o proceso de ensino-aprendizaxe, adaptándoo a as posibilidades reais de cada estudante ou grupo de estudantes, favorecer a motivación e valorar a progresión e o rendemento académico.

O profesor fará de guía para o traballo, eminentemente persoal do estudante, que terá tamén a posibilidade de acudir a tutorías para aclarar as súas dúbidas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Constará de catro exercicios de igual peso 60
Traballos tutelados Elaborarase un traballo de cada unha das unidades do programa. Este desenvolverase nas horas de clase, con axuda do profesor e poderase completar fóra delas se fose necesario 40
 
Observacións avaliación

A cualificación obtida nos traballos conservarase para a segunda oportunidade.

Para superar a materia será imprescindible aprobar ambas as partes: vos traballos tutelados e a proba obxectiva


Fontes de información
Bibliografía básica Félez Mindán, Jesús (1996). Dibujo industrial / Jesús Félez, Mª Luisa Martínez. Madrid : Síntesis
Martínez, María Luisa. (1996). Fundamentos de ingeniería gráfica / Jesús Félez [coordinador]; Mª Luisa Martínez, José María Cabanellas, Antonio Carretero. Madrid : Síntesis
Félez Mindán, Jesús (2008). Ingeniería gráfica y diseño / Jesús Félez, Mª Luisa Martínez. Madrid : Síntesis
Gutierrez de Ravé Agüera (2002). Manual para la representación e interpretación de planos de instalaciones industriales . Córdoba : [Universidad de Córdoba, Escuela Politécnica Superior

Bibliografía complementaria Arranz, Alberto (2012). Autocad práctico. Vol I, II, III (nivel básico, medio y avanzado). San Sebastian : Donostiarra
Gonzalo Gonzalo, Joaquín (2003(2010 imp)). Croquización. San Sebastian : Donostiarra
Ramos Barbero, Basilio (2006). Dibujo técnico / Basilio Ramos Barbero, Esteban García Maté. Madrid : AENOR
Pérez Manzano, Aitor; Rodríguez Gandía, Enara (2014). Manual Practico NX9 CAD. Vizcaya
Oñartechevarria, Jorge Alonso (2011). Manual practico Solid Edge ST4. Vizcaya


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Oficina Técnica/770G02034
Traballo Fin de Grao/770G02045

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Instalacioós Eléctricas en Baixa Tensión/770G02022

Materias que continúan o temario
Expresión Gráfica/770G02005
Tecnoloxías de Fabricación/770G02015

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías