Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Organización de empresas Código 770G01038
Titulación
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Profesorado
Bouza Fernandez, Maria Sonia
Correo electrónico
sonia.bouzaf@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é achegar ao futuro enxeñeiro os coñecementos básicos da organización de empresas.
Desta maneira, trátase de capacitar ao alumno para desenvolver as competencias básicas para a toma de decisións referentes á planificación, programación e control da produción, así como desenvolver a apreciación da interacción entre a función de produción e as demais funcións da organización.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos.
A4 Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión.
A20 Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
A22 Coñecementos aplicados de organización de empresas.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B4 Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B6 Capacidade de usar adecuadamente os recursos de información e aplicar as tecnoloxías da información e as comunicacións na enxeñaría.
B7 Capacidade para traballar de forma colaborativa e de motivar un grupo de traballo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Posuír a capacidade para xestionar e mellorar produtos, procesos nos distintos ámbitos industriais, usando técnicas apropiadas. A2
A4
A20
A22
B1
B5
C3
C6
Capacidade para entender o sistema produtivo da empresa no marco do fluxo de bens e as súas implicacións contables e loxísticas A20
A22
B4
B6
C1
Coñecer e aplicar os conceptos básicos de planificación e control da produción. A20
A22
B1
B7
C3
C8
Coñecer os distintos sistemas de xestión da produción A20
A22
B4
B6
C5
C8
Dominio das variables que configuran o proceso de toma de decisións estratéxicas no ámbito do sistema produtivo da empresa A2
A20
B1
B6
C1
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I:Introducción
Tema 1: A empresa e a súa actividade produtiva.
Tema 2: A producción e os sistemas productivos.
BLOQUE II: DECISIÓNS TÁCTICAS E OPERATIVAS Tema 3: Xestión da cadea de subministracións.
Tema 4: Xestión de inventarios.
Tema 5: Planificación agregada.
Tema 6: Planificación de necesidades de material (MRP)
Tema 7: Produción "Just in Time" e produción axustada.
Tema 8: Dirección de proxectos.
BLOQUE III: DECISIÓNS ESTRATÉXICAS Tema 9: Deseño de produtos e servizos.
Tema 10: Estratexia de procesos e planificación da capacidade.
Tema 11: Estratexia de localización.
Tema 12: Estratexias de distribución en planta.
Tema 13: Estratexia e xestión da calidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 5 5 10
Solución de problemas 21 21 42
Eventos científicos e/ou divulgativos 1.5 1.5 3
Traballos tutelados 15 22.5 37.5
Saídas de campo 1.5 1.5 3
Sesión maxistral 21 31.5 52.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba obxectiva composta por preguntas de teoría e exercicios prácticos que valorarán a adquisición dos coñecementos da materia.
Solución de problemas Resolución de problemas que permitirán afianzar os coñecementos teóricos.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a xornadas ou conferencias que considere a profesora que sexan de interese para o alumno.
Traballos tutelados Traballos en grupo expostos ao longo do curso, que poderán requirir varias entregas.
Saídas de campo Visita a unha empresa para estudar algúns dos temas tratados na materia.
Sesión maxistral Exposición do contido teórico dos distintos temas do programa da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os problemas ou traballos expostos no despacho da profesora.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Saídas de campo Visita a unha empresa que requirirá a realización dun traballo. 2.5
Traballos tutelados Traballos en grupo que poderán requirir varias entregas ao longo do curso. 10
Proba mixta Realizarase un exame parcial que liberará materia para o exame final 70
Solución de problemas Resolución de problemas prácticos, que poderán entregarse e clase ou se requirirá a súa realización polo alumno fóra das aulas. 15
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia a eventos expostos pola profesora que requirirán a realización dun traballo a posteriori 2.5
 
Observacións avaliación

Os alumnos poderán acollerse a dúas formas de avaliación:

- Avaliación continua: aqueles alumnos que decidan realizar todos os traballos expostos ao longo do curso. Neste caso a proba mixta ten un valor do 70% e os traballos un 30% (como se establece nas metodoloxías).

- Avaliación NON continua: aqueles alumnos que non realicen os traballos expostos. Neste caso, o exame final terá un valor do 70%.

A mediados do curso realizarase un exame parcial que liberará materia para o exame final.

As notas dos traballos e do exame parcial gardarase ata a 2º convocatoria (xullo).

Durante o curso confirmarase se leva a cabo a visita á empresa ou no seu caso asistirase a algún evento científico, en calquera dos casos, requirirase a realización dun traballo. O seu cualificación final será dun 5% da nota final, ao só realizarse unha destas dúas metodoloxías.


Fontes de información
Bibliografía básica Heizer, J; Render, B. (2009). Dirección de la producción. Prentice Hall
Domínguez Machuca, J.A. et al. (1995). Dirección de operaciones. McGraw-Hill
Casanovas, A.; Cuatrecasas, LI (2001). Logística empresarial. Gestión 2000

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xestión Empresarial/770G01010
Tecnoloxías de Fabricación/770G01015

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías