Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Fisioloxía Animal Código 610212302
Titulación
Licenciado en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo Anual
Terceiro Troncal 12.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral - O animal como sistema aberto e un todo integrado.
- Intercambio de materia e enerxía co medio.
- Estudo das diferentes funcións dos animais e a súa regulación.
- Unha perspectiva comparada.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
- Adquirir coñecementos básicos para comprender o funcionamento dos animais como un todo integrado, que poden ser de aplicación no manexo de organismos en condicións experimentais, cultivo, produción, etc., así como para valorar a incidencia de posíbeis cambios ambientais. A19
A24
A27
A28
B4
- Habilidades de potencial aplicación na clínica de laboratorio en cultivo intensivo e extensivo. A16
A24
B2
B5
C8
- Capacidade de definir conceptos, abstracción e manexo de información de diferente procedencia (bibliográfica, experimental, manexos virtuais, etc.). A24
B5
B7
- Capacidade de traballo en grupo así como deseño, elaboración e presentación de traballos. B5
B7

Contidos
Temas Subtemas
INTRODUCIÓN: Temas 1 a 3. Conceptos básicos, Fisioloxía Animal como ciencia, características funcionais dos animais, papel das membranas biolóxicas, excitabilidade celular e bases iónicas. Tema 1.- A Fisioloxía Animal como Ciencia: concepto, métodos e perspectiva histórica. Características funcionais dos animais. O animal e o seu medio ambiente: o medio externo e factores condicionantes dos procesos fisiolóxicos. O medio interno e a súa constancia. Concepto de homeostasis.

Tema 2.- As membranas celulares como modelo de permeabilidade selectiva. Transferencia de sustancias a traveso de membranas biolóxicas. Difusión pasiva, difusión facilitada e transporte activo. Orixe do potencial de transmembrana.

Tema 3.- Irritabilidade ou excitabilidade celular. Potenciais de membrana: potenciais de repouso e potenciais de acción. Bases iónicas do potencial de acción. Propagación do potencial de acción: difusión da excitación. A transmisión do impulso polas fibras nerviosas.

Función dixestiva e bioenerxética: Temas 4 a 9. Tema 4.- Nutrición: requirimentos nutritivos. Tipos de alimentación: mecanismos de captura ou inxestión do alimento. Regulación da inxestión do alimento. Visión xeral dos sistemas dixestivos: tipos de dixestión, tipos de sistemas dixestivos e fases da dixestión.

Tema 5.- Rexións funcionais das vías dixestivas (i). Recepción: mastigación e secreción salivar. Deglución, condución e almacenamento. Peristaltismo esofáxico. Motilidade gástrica e control do baldeirado gástrico. Estrutura e innervación do músculo gastrointestinal.

Tema 6.- Rexións funcionais das vías dixestivas (ii). Motilidade e reflexos intestinais. Secrecións: salivar, gástrica, pancreática, biliar e do intestino delgado, e a súa regulación. As enzimas dixestivas dos invertebrados.

Tema 7.- Rexións funcionais das vías dixestivas (iii). Estrutura da mucosa de absorción. Dixestión dos alimentos e absorción gastrointestinal: procesos físico-químicos implicados. Absorción de carbohidratos, proteínas e graxas. Absorción de auga, electrólitos e vitaminas. Dixestión e absorción en rumiantes. Fermentadores en tracto posterior. Intestino groso: motilidade e secrecións. Formación de heces fecais. Defecación.

Tema 8.- Enerxética dos organismos e produción de calor. A taxa metabólica: definición e significado. Métodos directos e indirectos de medida do metabolismo. Metabolismo basal e factores que condicionan a taxa metabólica: actividade, tamaño, superficie, etc. Variacións no metabolismo e regulación hormonal.

Tema 9.- Temperatura corporal. Animais ectotermos e endotermos. Límites da temperatura corporal: mecanismos de produción e transferencia de calor. Mecanismos reguladores da temperatura corporal. Adaptacións ó frío e a calor en ectotermos e endotermos. Ritmos biolóxicos e aletargamento: sono, torpor, hibernación e estivación.
Sistemas circulatorios: Temas 10 a 15. Tema 10.- Circulación: consideracións xerais e tipos de sistemas cardiovasculares. Sistemas de propulsión. Tipos de corazón, e evolución do corazón de vertebrados.

Tema 11.- O corazón mióxeno: fisioloxía do músculo cardíaco. Excitación cardíaca: automatismo e ritmicidade cardíaca (función do nódulo senoauricular como marcapasos). Condución intracardíaca: o corazón como un dipolo. O corazón neuróxeno.

Tema 12.- A bomba cardíaca. O ciclo cardíaco: correlación dos eventos eléctricos e mecánicos, e traballo do corazón. Ruídos cardíacos. Gasto cardíaco. Regulación da actividade cardíaca: regulación intrínseca e nerviosa.

Tema 13.- Principios hidrostáticos e hidrodinámicos aplicados á hemodinámica. O sistema arterial. Determinantes da presión arterial. Circulación venosa. A presión venosa. Regulación da circulación sanguínea. Autorregulación. Regulación nerviosa e mecanismos hormonais. Barorreceptores e quimiorreceptores.

Tema 14.- Circulación capilar. Intercambio entre os capilares e os espazos intercelulares. Circulación pulmonar. Circulación coronaria. Circulación cerebral. O sistema linfático como mecanismo de drenaxe tisular: estrutura e funcionamento.

Tema 15.- Fluídos corporais. Líquidos circulantes: tipos e composición. Eritrocitos. Hemoglobina e o metabolismo do ferro. Leucocitos. Inmunidade. Plaquetas. Hemostasia e coagulación do sangue. Sistemas hemostáticos nos distintos animais.
Sistemas respiratorios: Temas 16 a 20. Tema 16.- Sistemas respiratorios: necesidade do intercambio de osíxeno e dióxido de carbono. Dispoñibilidade de osíxeno: gases no aire e na auga. Intercambio de gases en medio acuático. Respiración branquial. Os peixes como modelo de respiración acuática. Papel da pel na respiración. Outras estruturas de acumulación de gases con diferente finalidade: a vexiga natatoria e a flotabilidade.

Tema 17.- Intercambio gasoso no medio aéreo. Respiración traqueal e pulmonar. Respiración pulmonar: estrutura funcional e mecánica respiratoria. Volumes e capacidades pulmonares. O pulmón das aves: un mecanismo unidireccional.

Tema 18.- Regulación da respiración. Regulación nerviosa. Quimiorreceptores e barorreceptores na regulación da respiración. Regulación e exercicio.

Tema 19.- Intercambio gasoso e transporte de gases. Intercambio-transferencia de gases. Os pigmentos respiratorios. Función da hemoglobina e mioglobina no transporte de osíxeno, e curvas de disociación ou curvas de equilibrio O2. Factores que inflúen na afinidade da hemoglobina polo osíxeno. Efecto Bohr. Transporte de CO2 e curvas de equilibrio, e entrada dende os tecidos e descarga. Efecto Haldane.

Tema 20.- Adaptacións respiratorias e circulatorias ó buceo e grandes alturas.
Equilibrio iónico-osmótico e excreción: Temas 21 a 25. Tema 21.- Osmorregulación e medio ambiente: o mantemento das concentracións de ións e auga como factor fundamental da homeostasis. Parámetros ambientais dos medios acuáticos e terrestres. Osmorregulación en animais acuáticos: estratexias para a regulación hídrico-salina nos medios isoosmóticos, hiperosmóticos e hipoosmóticos. Problemas hídricos e electrolíticos da vida terrestre.

Tema 22.- Función excretora e produtos de excreción: depuración dos líquidos corporais e mantemento dos seus volumes. Excreción de produtos nitroxenados. Tipos de sistema excretor. Os órganos excretores de invertebrados: modalidades de nefridio e túbulos de Malpighi. O ril dos vertebrados: a asa de Henle e a capacidade de formar ouriña hiperosmótica.

Tema 23.- O ril dos mamíferos (i). Anatomía funcional. Mecanismos básicos da formación de ouriña: filtración glomerular, secreción tubular e reabsorción. Diversidade celular dos segmentos tubulares en relación á súa función. Taxa de filtración glomerular, aclaramento renal e transporte máximo.

Tema 24.- O ril dos mamíferos (ii). Regulación polo ril dos ións Na+, K+ y Cl-. Outros ións. Regulación da función renal e concentración de ouriña. Papel dos mineralocorticoides. Regulación do volume corporal: a hormona antidiurética. Función renal e presión arterial: sistema renina-anxiotensina.

Tema 25.- O equilibrio ácido-base e a necesidade do seu mantemento. Regulación: tampóns químicos, procesos respiratorios e mecanismos renais. Outras estruturas implicadas na regulación do pH: branquias, glándulas rectais, etc.


Sistemas macrorreguladores. Sistema nervioso. Xeneralidades, organización e función: Temas 26 a 28. Tema 26.- Funcións e características xerais do sistema nervioso: o sistema nervioso como integrador de información. Niveis de integración. Sinopses anatómica e sistemas nerviosos. O sistema nervioso dos vertebrados.

Tema 27.- Citofisioloxía da neurona e das células da glía. Asociacións funcionais de neuronas.

Tema 28.- Comunicación interneuronal: sinapses eléctricas e químicas. Excitación e inhibición. Microfisioloxía da transmisión química: a unión neuromuscular como modelo. Neurotransmisores.
SN. Fisioloxía sensorial: Temas 29 a 35. Tema 29.- Fisioloxía sensorial. Receptores sensoriais: concepto e características. Tipos de receptores e propiedades xerais dos receptores. O potencial do receptor.

Tema 30.- Sensibilidade somática (i): sensibilidade ó tacto, presión, vibración e temperatura. Bases fisiolóxicas da sensibilidade dolorosa.

Tema 31.- Sensibilidade somática (ii). sensibilidade postural ou sensibilidade propioceptiva. Receptores musculares e articulares: huso muscular e órgano tendinoso de Golgi. Regulación da posición e o equilibrio. Estatocistos e receptores vestibulares.

Tema 32.- Fotorrecepción (i). Mecanismos de transdución da luz polos pigmentos visuais. Fotorrecepción e orientación á luz en invertebrados. Ocelos. O ollo composto dos artrópodos. O ollo en cámara dos cefalópodos.

Tema 33.- Fotorrecepción (ii). O ollo dos vertebrados. Anatomía e función receptora da retina. Mecanismo óptico da visión: análise da información visual e campos receptores. Visión da cor.

Tema 34.- Fonorrecepción. Fonorrecepción en invertebrados. Receptores da liña lateral. Anatomía e función do sistema auditivo de vertebrados. O órgano de Corti, mecanismo da excitación auditiva e procesamento da información. Ecolocalización.

Tema 35.- Quimiorrecepción. O sentido químico común. Fisioloxía do gusto e do olfacto. Quimiorrecepción en animais acuáticos. Quimiorreceptores internos.
SN. Efectores e coordinación motora: Temas 36 a 40. Tema 36.- Fisioloxía do movemento (i). Efectores. A fibra muscular como base do movemento: estrutura e función do músculo. Bases físico-químicas da contracción da fibra muscular esquelética. Contracción do sarcómero: teoría dos filamentos deslizantes. Acoplamento entre excitación e contracción. Mecánica e propiedades da contracción muscular. Fisioloxía do músculo liso. Músculo cardíaco.

Tema 37.- Fisioloxía do movemento (ii). A motilidade. Niveis de coordinación motora. Integración da actividade motora na medula espiñal: o arco reflexo. Tipos de reflexos.

Tema 38.- Fisioloxía do movemento (iii). Vías sensitivas do Sistema Nervioso Central: columnas dorsais. Sistema espinotalámico. Control cortical da actividade motora: tracto ou sistema piramidal. Sistema extrapiramidal. Ganglios basais e tronco encefálico. O Cerebelo.

Tema 39.- Anatomofisioloxía do Sistema Nervioso Autónomo ou S.N.Vexetativo. División so S.N. Autónomo: SNA de acción simpática e SNA de acción parasimpática. Características funcionais e actividade motora visceral. Arco reflexo autónomo. Neurotransmisores e receptores. O control dos procesos de integración: regulación do SNA polo S.N. Central.

Tema 40.- Outros efectores: bioelectricidade e bioluminiscencia. Órganos eléctricos e electrorrecepción: significado funcional. Mecanismos de produción de luz: órganos e estruturas luminiscentes. Bacterias simbióticas e luminescencia intra e extracelular. Significado funcional da bioluminiscencia.
Sistemas macrorreguladores. Sistema endocrino: Temas 41 a 50. Tema 41.- O sistema endocrino e o seu papel na regulación da homeostasis. Regulación química: características xerais. Mecanismos de acción hormonal. Integración neuroendocrina. Concepto de neurosecreción. O sistema hipotálamo-hipofisario. Neurosecrecións hipotalámicas: factores de liberación.

Tema 42.- Organización xeral da hipófises. Adenohipófise: síntese, secreción e función das hormonas adenohipofisarias. Control hipotalámico da adenohipófise. Control hipofisario do sistema endocrino.

Tema 43.- Neurohipófise: síntese, secreción e función das hormonas neurohipofisarias. ADH e oxitocina. O lóbulo intermedio e a fisioloxía do cambio de cor: a MSH ou hormona estimulante dos melanóforos. Glándula pineal: síntese, secreción e función da melatonina. Células pigmentarias efectoras: fisioloxía dos cambios de cor e factores reguladores. Tipos de cromatóforos.

Tema 44.- Tiroides. Hormonas do tiroides e biosíntese tiroidea. Acción metabólica das hormonas tiroideas: implicación na resposta termoxénica. Outros efectos metabólicos das hormonas tiroideas. As hormonas tiroideas e a metamorfose dos anfibios.

Tema 45.- Calcitonina e hormona paratiroidea: metabolismo do calcio e da formación ósea. O timo.

Tema 46.- Glándulas suprarrenais. Corteza suprarrenal: glucocorticoides, mineralocorticoides, andróxenos e estróxenos suprarrenais. Medula suprarrenal: síntese, secreción e función das catecolaminas.

Tema 47.- Páncreas endocrino: insulina, glucagón e somatostatina. Regulación da glucemia. Control dos niveis de insulina. Control dos niveis de glucagón. Importancia da regulación da glucemia.

Tema 48.- Sistemas endocrinos de invertebrados. Modelo xeral do funcionamento endocrino de invertebrados. Mecanismos endocrinos e procesos baixo control hormonal: control endocrino do desenrolo e muda ou ecdise dos insectos.

Tema 49.- Fisioloxía da reprodución e do desenrolo (i). Hormonas sexuais. Diferenciación sexual prenatal do aparato xenital. Sistema reprodutor feminino (mamíferos) e ciclos reprodutores femininos: ciclo ovárico e ciclo uterino. Hormonas ováricas. Sistema reprodutor masculino e andróxenos testiculares. Hormonas sexuais e comportamento. Fecundación.

Tema 50.- Fisioloxía da reprodución e do desenrolo (ii). Xestación e hormonas durante a xestación. Parto e lactancia. Fisioloxía da reprodución noutros vertebrados: anfibios e réptiles. Reprodución unisexual e bisexual. Partenoxénese. Determinación ambiental do sexo.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva 4 308 312
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Realización dunha proba final á que poderán acceder aqueles alumnos que non superaran a materia en cursos previos. Esta proba estará centrada basicamente na materia impartida nas sesións maxistrais do programa.
Así mesmo, tendo en conta a importancia das prácticas nunha materia experimental, a proba final incluiría algunha pregunta sobre as prácticas levadas a cabo no seu momento polo alumnado no laboratorio, para aqueles alumnos que puideran non ter realizado as prácticas. Neste caso sería necesario abordar esta pregunta correctamente (cualif. >ou=5.0) para superar a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
-Estruturar e coordinar os traballos a realizar polos grupos de alumnos e seguimento e desenvolvemento dos mesmos.
-Haberá unhas tres sesións por cada grupo de traballo de alumnos.

Ademais, como parte da atención personalizada, haberá titorías personalizadas sempre que o alumno o requira.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame da materia con preguntas curtas sobre o abordado nas sesións maxistrais, ao longo dos cursos previos, dos diferentes bloques temáticos da materia.

Así mesmo, tendo en conta a importancia das prácticas nunha materia experimental, a proba final incluiría algunha pregunta sobre as prácticas levadas a cabo no seu momento polo alumnado no laboratorio, para aqueles alumnos que puideran non ter realizado as prácticas. Neste caso sería necesario abordar esta pregunta correctamente (cualif. > ou = 5.0) para superar a materia.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Schmidt-Nielsen K. (1997). Animal physiology. Adaptation and environment (5ª ed.). Ed. Cambidge University Press
Randall, D., W. Burggren & K. French (2002). Ecker Animal Physiology. Mechanisms and Adaptations (5ª ed.). W.H. Freeman and Company
Hill, R.W., G.A. Wyse & M. Anderson (2006). Fisiología Animal. Ed. Panamericana
Silverthorn, D.U. (2008). Fisiología Humana. Un enfoque integrado (4ª ed.). Ed. Cambridge University Press
Moyes, C.H. & P.M. Schulte (2007). Principios de Fisiología Animal. Ed. Pearson Educación
Stanfield, C.L. (2011). Principios de Fisiología Humana (4ª ed.). Ed. Pearson Educación
Guyton, A.C. & J.E. Hall (2011). Tratado de Fisiología Médica (12ª ed.). Ed. Interamericana McGraw-Hill
Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria:

BERTA, A., J.L. SUMICH & K.M. KOVACS, 2006. Marine Mammals: Evolutionary Biology (2nd ed.). Burlington: Academic Press.

CHOWN, S.L. & S.W. NICOLSON, 2004. Insect physiological ecology. Mechanisms and patterns. Oxford University Press.

EVANS, D.E. & J.B. CLAIBORNE, 2006. The physiology of fishes. CRC Press.

MITTAI, A.K., F.B. EDDY & J.S. DATTAMUNSHI (eds.), 1999. Water/air transition in Biology. Ed. Science Publishers, Inc.

NATION, J.L., 2008. Insect Physiology and Biochemistry (2ª ed.). CRC Press.

WILLMER, P., G. STONE & I. JOHNSTON, 2000. Environmental Physiology of Animals. Ed. Blackwell Science Ltd.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías