Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Introdución a Espectroscopia Código 610311304
Titulación
Licenciado en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Química Física e Enxeñaría Química 1
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describilos.
A5 Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química.
A6 Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade.
A8 Coñecer os principios da Mecánica Cuántica e a súa aplicación á estrutura de átomos e moléculas.
A9 Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas de investigación estrutural.
A12 Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas.
A14 Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química.
A15 Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos.
A20 Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio.
A21 Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
A24 Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
1. Comprensión dos fundamentos do método mecanoestadístico como nexo de unión entre as propiedades estruturais e as macroscópicas. A3
A5
A12
A14
A15
A21
A24
2. Establecer as características das partículas que obedecen ás estatísticas de Maxwell-Boltzmann, Bose-Einstein e Fermi-Dirac. A5
A12
A14
A15
A21
A24
3. Entender o papel central da función de partición e a súa factorización. A3
A5
A12
A14
A20
A21
4. Obter propiedades termodinámicas en casos sinxelos. A3
A5
A12
A14
A15
A20
5. Dar fundamento á utilización das técnicas espectroscópicas como método para o coñecemento da estrutura da materia. A6
A8
A9
A14
A20
A24
6. Comprender para sistemas sinxelos como poden ser átomos e moléculas diatómicas a información que fornecen as transicións entre os distintos níveis enerxéticos (rotacionales, vibracionales, etc.) A6
A8
A9
A14
A20
A24
7. Coñecer os aspectos prácticos das técnicas espectroscópicas. A9
A12
A14
A20
B2
B3
C1
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
Termodinámica Estatística - Fundamentos do método mecanoestatístico
- Bases da termodinámica estatística
- Resolución de exercicios e cuestións
- Estudo termodinámico-estatístico dos gases ideais
- Resolución de exercicios e cuestións
-Interpretación estatística das propiedades termodinámicas dos sólidos
- Resolución de exercicios e cuestións
Espectroscopía molecular - Conceptos xerais
- Simetría e teoría de grupos
- Resolución de exercicios e cuestións
- Espectroscopía de rotación
- Resolución de exercicios e cuestións
- Espectroscopía de vibración
- Resolución de exercicios e cuestións
- Espectroscopía electrónica
- Resolución de exercicios e cuestións
- Espectroscopía RMN e RSE
- Resolución de exercicios e cuestións

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 3 109.5 112.5
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba individual deseñada para medir o nivel de coñecementos do alumno nunha situación na que deba enfrontarse a problemas relacionados cos contidos da materia sen axudas externas e nun tempo limitado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Descrición
Horario de titorías: luns, martes e xoves de 10 a 11.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Exame final de tipo test e resolución de problemas prácticos.
(no exáme o 40% corresponderá ao test e o 60% aos problemas)
100
 
Observacións avaliación

 


Fontes de información
Bibliografía básica

* Alberto Requena Rodríguez, José Zúñiga Román, Espectroscopia, Pearson Educación, S.A. (2004)

* J. Michael Hollas, Modern Spectroscopy, J. Wiley & Sons (2004)

* Levine, I. N., Fisicoquímica, 5ª edición, McGraw-Hill (2004)

* Atkins, P.W., Physical Chemistry. 6th ed. Oxford Univ. Press. (1999)

* Bertrán Rusca, J.; Núñez Delgado, J. , Química Física. Ariel (2003).

Bibliografía complementaria

* N.J. Turro, Modern Molecular Photochemistry, University Science Books, Sausalito (CA, USA), 1991.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enlace Químico e Estrutura da Materia/610311104
Química Física/610311202

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Determinación Estrutural/610311403
Simetría, Aplicac. da Teoría de Grupos en Química/610311512

Observacións
Recoméndase repasar os conceptos teóricos introducidos nas clases de teoría mediante a resolución de cuestións e exercicios propostos que figuran ao final de cada tema nos libros recomendados. É aconsellable estudar nos libros de texto recomendados e non por apuntes propios ou dos compañeiros, que poden conter multitude de erros ou imprecusións.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías