Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Química Bioinorgánica e Biomateriais Código 610500016
Titulación
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Química Fundamental
Coordinación
Fernandez Sanchez, Jesus Jose
Correo electrónico
jesus.fernandezs@udc.es
Profesorado
Fernandez Sanchez, Jesus Jose
Sanchez Andujar, Manuel
Correo electrónico
jesus.fernandezs@udc.es
m.andujar@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo detallado do papel dos distintos elementos e compostos químicos nos sistemas biolóxicos e das súas funcións individuais.
Estudo dos biomateriais, nas súas diversas variantes: biocerámicas, biomateriais poliméricos, metálicos e "composites", e das súas principais aplicacións.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer o comportamento dos elementos químicos implicados en sistemas biolóxicos para o desenvolvemento dos seres vivos. Racionalizar o funcionamento de sistemas biolóxicos e relacionalo coas propiedades de elementos e compostos inorgánicos. AM4
BM2
BM3
CM4
CM6
Determinar a influencia de sistemas inorgánicos sintéticos na saúde dos seres vivos. AM1
AM4
BM2
CM4
CM6
CM9
Coñecer os biomateriais máis importantes nas súas diversas variantes: biocerámicas, biomateriais poliméricos, biomateriais metálicos e biomateriais "composites", así como as súas principais aplicacións. AM2
AM3
AM4
BM1
BM2
BM5
CM2
CM4
CM6
Analizar a idea de biocompatibilidade e as distintas variables que inflúen na mesma. Comprender os problemas de biotoxicidade que levan asociados os diferentes elementos e os compostos inorgánicos e biomateriais, e os seu rol na medicina. AM4
BM3
BM6
CM2
CM4
CM6
CM9
Comprender os aspectos máis relevantes relativos ó concepto de biomineralización. AM4
BM1
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Bioinorgánica Aspectos xerais en química bioinorgánica.
Elementos dos grupos principais esenciais en sistemas biolóxicos.
Sistemas bioinorgánicos implicados en reaccións de: i) hidrólise, ii) transferencia de grupos, iii) oxidación - redución.
Transporte e almacenaxe de diosíxeno.
Fixación de nitróxeno.
Transporte e almacenaxe de ións metálicos.
Toxicidade de elementos e sistemas inorgánicos.
Química bioinorgánica: medicina e farmacolóxica.
Biomateriais Biocerámicas.
Biomateriais poliméricos.
Biomateriais metálicos.
Biomateriais "composites".
Principais aplicacións dos biomateriais.
Biocompatibilidade

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 11 14 25
Traballos tutelados 10 24 34
Proba mixta 3 12 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación por parte do profesorado dos contidos básicos da materia.
Traballos tutelados Traballos encamiñados a que o alumnado amplíe e consolide os contidos de cada tema (que o profesorado presente oralmente de modo esquemático nas sesións maxistrais). Estes traballos serven tamén para que o alumnado adquira destreza no coñecemento e o uso dos medios bibliográficos proporcionados. Engloban diferentes tipos de actividades (seminarios, resolución de problemas, resolución de casos prácticos, elaboración e presentación de traballos, titorías personalizadas) que serán seleccionadas en función das características do alumnado (número, formación previa).
Proba mixta Proba de conxunto que contribuirá a avaliar o nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada ó alumnado, entendida como un apoio no proceso de ensinanza-aprendizaxe, realizarase nas horas de titoría do profesorado.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Resolución e/ou presentación dos traballos tutelados.
Competencias relacionadas: A1,A2,A3,A4, B1,B2,B3,B5,B6, C2,C4,C6,C9
0
Proba mixta Exame ou proba obxectiva.
Competencias relacionadas: A1,A2,A3,A4, B1,B2,B3, B6, C2,C4,C9
0
 
Observacións avaliación

Na avaliación final, o
porcentaxe de cada parte avaliable ("Traballos tutelados" e
"Proba mixta") non será superior ó 60%, nen inferior ó 40%, sumando o 100% da nota ambas partes.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bioinorganic catalysis; J. Reedijk y E. Bouwman; New York, Marcel Dekker, 1999

Concepts and models in bioinorganic chemistry; H.B. Kraatz y N. Metzler-Nolte; Weinheim, Wiley-VCH, 2006

Bioinorganic chemistry: a short course; R.M. Roat-Malone; Hoboken, Wiley-Interscience, 2007

Bioinorganic chemistry: a survey, E. Ochiai; Burlington, Academic Press, 2008

Metals in medicine; J.C. Dabrowiak; Oxford, Wiley-Blackwell, 2009

Bioinorganic medicinal chemistry, E. Alessio; Weinheim, Wiley-VCH, 2011

Biological inorganic chemistry: a new introduction to molecular structure and function; R.R. Crichton; Amsterdam, Elsevier Academic, 2012.

Biomaterials science: An introduction to materials in medicine; B.D. Ratner, A.S. Hoffmann, F.J. Schoen, J.E. Lemons; Amsterdam, Elsevier Academic Press, 2004.

Biomateriales: aquí y ahora; M. Vallet-Regí, L. Munuera; Madrid, Dykinson, 2000.

Introducción a la ciencia e ingeniería de los materiales; W.D. Callister; Barcelona, Ed. Reverté, S.A., 1996.

Bibliografía complementaria

Bibliografía relativa a química bioinorgánica e biomateriais a disposición pública na Biblioteca da Facultade de Ciencias e doutros centros da UDC (http://www.udc.es/biblioteca/castellano/index.htm)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías