Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Esta materia pretende introducir ó alumno no método científico, alcanzar a comprensión dos fenómenos e procesos relacionados con aspectos básicos da Física. Dispoñer dos fundamentos teóricos mínimos que permitan a comprensión dos aspectos da química relacionados coa mecánica de fluidos, cos fenómenos eléctricos e magnéticos. Saber reducir os problemas reais ós seus aspectos máis esenciais, e aplicalos ó campo da Química. |
A1 A3 A12 A14 A15 A19 A20 A22 A23 A24 A25
|
B1 B2 B3 B4 B5 B7
|
C1 C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Teoría de Campos
|
Campos escalares e vectoriais
Gradiente, diverxencia e rotacional
Circulación dun vector, fluxo a través dunha superficie
Campos de forzas centrais |
2. Fluidos |
Fluidos ideais
Fluidos reais
Fenómenos de superficie |
3. Gravidade |
Campo gravitatorio
Enerxía potencial gravitatoria |
4. Electricidade |
Campo e potencial eléctricos
Capacidade
Corrente eléctrica e circuitos de corrente continua |
5. Magnetismo |
Campo magnético
Inducción magnética
Circuitos de corrente alterna |
6. Oscilacións e ondas |
Oscilacións
Movemento ondulatorio
|
7. Luz |
Propiedades
Imaxes ópticas
Interferencia e difracción
|
Prácticas de Laboratorio: determinacións da tensión superficial, densidade coa balanza hidrostática e co picnómetro, resistencia con un puente de Wheatstone, da relación carga/masa do electrón, medidas de corrente, resistencia e diferencia de potencial en circuitos.
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
27 |
67.5 |
94.5 |
Solución de problemas |
9 |
13.5 |
22.5 |
Prácticas de laboratorio |
15 |
15 |
30 |
Proba mixta |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Durante a sesión maxistral o profesor explicará o tema que corresponda incluíndo formatos diferentes (teoría, problemas e exemplos xerais...) facendo fincapé no máis relevante para o alumno, e en aqueles aspectos de máis dificultade. O alumno poderá preguntar todas as cuestión que se llle plantexen durante o deservolvemento da sesión. |
Solución de problemas |
Clase teórico-práctica na que se plantexaran e resolverán problemas relacionados cos temas do programa que terán que resolver os estudantes baixo a supervisión da profesora, individualmente ou en grupos. Incluiranse nestas clases actividades que impliquen a participación das alumnas e alumnos, como poden ser saídas ó encerado, entrega de traballos ou exercicios...que contribuirán á avaliación continua. Desta maneira o profesor pode observar as dificultades de comprensión que cada alumno presenta na resolución de problemas. |
Prácticas de laboratorio |
O alumno realizará prácticas de laboratorio para a aplicación dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e de resolución de problemas. Con esta metodoloxía adquiren as habilidades propias dun laboratorio de Física, que inclúe o manexo de instrumentos de medida e o tratamento e análise de datos de propiedades e magnitudes físicas. Disporán do guión da práctica e do material necesario para a súa montaxe e realización, estando atendidos en todo momento polo profesor. |
Proba mixta |
É a proba para a avaliación dos coñecementos que permite á profesora a valoración do nivel de aprendizaxe do estudante. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Solución de problemas |
|
Descrición |
As horas de atención personalizada (titorías) poñen ó profesor a disposición do alumno de forma personalizada para todas as cuestións que poidan xurdir durante a aprendizaxe da materia. Ademáis o profesor convocará, periódicamente, ós alumnos a titorías coa intención de que reciban a necesaria orientación.
Os alumnos chegan a esta materia con niveis de coñecementos e habilidades moi dispares debido ás diferentes opcións cursadas no bacharelato. As carencias que os alumnos arrastren de cursos anteriores non serán temas para desenvolver nestas horas pero se lle guiará no que debería facer para acadar o nivel que lle permita superar a materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A asistencia non é obligatoria e non se avaliará, aínda que se recomenda para acadar os obxectivos da materia. |
0 |
Prácticas de laboratorio |
A realización das prácticas é OBLIGATORIA polo que non se pode aprobar a asignatura sen facelas. A nota máxima que é posible acadar con esta metodoloxía é 1,5 puntos e a nota mínima necesaria para superalas é de 0,7. Serán valoradas en base á participación e entrega de resultados de cada sesión e a unha proba obxectiva que se realizará durante a última sesión. Nesta actividade evaluaranse as competencias A19, A20, A22, A23, A24, B1, B3, B5, B7, C3, C6 |
15 |
Solución de problemas |
Valorarase ata un máximo de 0,5 puntos a asistencia. Avaliarase a participación na resolución dos problemas plantexados e poderanse recoller periódicamente exercicios ou cuestións propostos durante as sesións correspondentes. Nesta actividade evaluaranse as competencias A1, A3, A12, A15, B1, B2, B4, C1, C6 |
15 |
Proba mixta |
Exame que computa o 70 % da nota final.
Durante o cuadrimestre realizarase unha proba parcial que permitirá eliminar parte da materia no caso de obter unha nota igual ou superior a 5 (sobre 10). Nesta actividade evaluaranse as competencias A1, A3, A12, A14, A15, A25, B2, C1, C6 |
70 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia será preciso obter, tanto na proba como no
resto de actividades avaliables, unha nota non inferior ó 4 (sobre 10), e
acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota
mínima de 5 (sobre 10). De non alcanzarse a dita puntuación mínima en
algunha das actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse
maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4,5). A
avaliación dos alumnos na segunda oportunidade seguirá os mesmos
criterios que na primeira oportunidade. Os alumnos evaluados na segunda
oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de
éstas para o curso correspondente non se cubriu na primeira
oportunidade. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos
seminarios de resolución de problemas conservaranse para a segunda
oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á
obtida na proba de xuño. Os alumnos que por razones xustificadas non participen nas actividades de avaliación continua voluntarias, poderán facer un traballo equivalente acordado ca profesora. As prácticas de laboratorio realizaranse según o calendario oficial publicado ó principio do cuadrimestre. Para
obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter
participado en máis dun 25 % das actividades avaliables programadas. Polo
que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de
ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso
académico, e polo tanto voltaría a comezar cun novo curso, incluidas
todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programadas
para o dito curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fidalgo & Fernández (). Física General. Everest
Tippler & Mosca (). Física para la ciencia y la tecnología . Reverté
Sears, Zemansky, Young & Freedman (). Física Universitaria . Addison Wesley Longman |
|
Bibliografía complementaria
|
Lea & Burke (). Física, la naturaleza de las cosas. Paraninfo
Angel Franco García (2006). Prácticas de Física. http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica_/
Burbano de Ercilla, Burbano García & Gracia Muñoz (). Problemas de Física. Mira |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Matemáticas 1/610G01001 | Física 1/610G01003 |
|
Observacións |
É necesario ter coñecementos de física e matemáticas de bacharelato. Recoméndase asistir ó curso de nivelación que se imparte na Facultade de Ciencias no mes de setembro. |
|