Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Saber planificar e executar as distintas etapas do proceso analítico para o análise de trazas. Saber discernir e elexir as metodoloxías de traballo aplicables a cada problema.
|
A15 A16 A19 A20 A21 A22 A23 A26
|
B2 B3 B4 B5
|
C3 C4 C6 C8
|
Saber diferenciar os obxetivos e aplicabilidade das principais ferramentas quimiométricas. Coñecer os principios básicos das metodoloxías quimiométricas básicas de calibración, deseño e optimización de experimentos e análise multivariante de datos. Saber extraer información quimiométrica multivariable dun exemplo sinxelo relacionado cun estudo medioambiental. |
A15 A16 A20 A26
|
B2 B4 B5
|
C3 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Introducción ao análise de trazas |
Importancia da análise de trazas e campos de aplicación. O proceso analítico na análise de trazas: requerimentos especiais. Importancia e requisitos básicos da mostraxe. Estratexias de mostraxe. Conservación e tratamento da mostra: fontes de erro. Aseguramento da calidade na análise de trazas.
|
Tema 2. Análisis de trazas inorgánicas |
Introducción. Destrucción de matrices orgánicas. Descomposición e disolución de matrices inorgánicas. Procesos de separación e preconcentración en análise de trazas inorgánicas. Especiación de elementos traza. Aplicacións analíticas. |
Tema 3. Análisis de trazas orgánicas |
Introducción. Métodos de extracción de mostras sólidas. Métodos de extracción de mostras líquidas. Purificación, fraccionamento e concentración de extractos orgánicos. Aplicacións analíticas. |
Tema 4. Automatización no laboratorio analítico |
Obxectivos da automatización. Ventaxas e desventaxas da automatización. Clasificación dos sistemas analíticos automáticos. Robotización do laboratorio. Miniaturización. Análisis de procesos. |
Tema 5. Introducción á quimiometría |
Definición de quimiometría. A quimiometría no proceso analítico. Concepto de incertidume e cálculos básicos.
|
Tema 6. Inferencia estatística e calibración univariable |
Test estatísticos de inferencia nos laboratorios analíticos: tests de hipóteses e análise da varianza. Aplicacións ao laboratorio e a control de producción. Métodos de calibración. Calibración univariante por regresión lineal de mínimos cuadrados. Validación do modelo de calibración. Intervalos de confianza. |
Tema 7. Deseño e optimización de experimentos |
Deseño experimental: principios básicos. Tipos de deseños: deseños factoriais, deseños factoriais fraccionados e deseños Plackett-Burman. Optimización secuencial: método simplex. Deseños de superficie de resposta.
|
Tema 8. Análise multivariable de datos |
Introducción. Clasificación de métodos de recoñecimento de pautas. Métodos non supervisados: análise de agrupacións, análise de compoñentes principais. Métodos supervisados: método SIMCA, método do veciño máis próximo (KNN). |
Prácticas de laboratorio |
O estudante aplicará os conceptos teóricos desenvolvidos ao longo do curso. Preséntanse diferentes problemas reais (campo medioambiental, industrial, agroalimentario, clínico..) que los estudantes terán que resolver.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
20 |
30 |
50 |
Seminario |
6 |
12 |
18 |
Lecturas |
1 |
2.5 |
3.5 |
Sesión maxistral |
21 |
52.5 |
73.5 |
Proba mixta |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Abordaranse diferentes técnicas de pretratamiento da mostra e de separación do analito necesarias antes das determinacións instrumentais (ex. cromatografía). Como traballo inherente ao desenvolvemento experimental empregaranse diferentes ferramentas quimiométricas tanto no proceso de calibración, deseño de experimentos e evaluación de parámetros de calidade analíticos. Ao finalizar as prácticas o estudante entregará unha memoria do traballo realizado cun análise crítico e detallado. |
Seminario |
Remárcanse aspectos esenciais dos temas tratados, resolución de boletíns de exercicios numéricos e cuestións que o profesor entregará previamente aos estudantes. Realizaránse exercicios de intercomparación dos resultados obtidos por diferentes procedementos, esta revisión axuda a entender a complexidade e dificultade dun análisis de trazas.
Realizarase unha aplicación de técnicas multivariantes de recoñecemento de pautas adecuadas para a interpretación dos datos medioambientais. |
Lecturas |
Realizaranse lectura/s seleccionada/s polo profesor relacionadas co análise de trazas. Posteriormente o estudante deberá entregar un pequeno informe no que identifique e resuma a estratexia seguida para a resolución do problema analítico. |
Sesión maxistral |
Acerca dos contidos máis importante do programa. Para un total aproveitamento das mismas, recoméndase que o estudante lea previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar nos textos recomendados. Para a impartición das mesmas empregaranse medios audiovisuais e/o informáticos e fomentarase o diálogo para a correcta comprensión dos contenidos, a resolución de dudas e fomento do sentido crítico.
|
Proba mixta |
Proba escrita que se realiza na convocatoria oficial de enero/xullo na que se evalúa o grao de aprendizaxe e de adquisición de competencias por parte do estudante. Constará tanto de preguntas teóricas como cuestións aplicadas, resolución de problemas e contidos prácticos. A data de realización indicarase no calendario de exames do grado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbense como momentos de traballo pesencial co alumno, polo que implican unha participación obrigatoria deste, baixo a supervisión do profesor, o cal resolverá dúbidas, organizará busca bibliográfica, etc.
Terán unha sesión de aproximadamente media hora de duración de atención personalizada ligada ás tres metodoloxías descritas. Esta atención realizarase no despacho do profesor. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Lecturas |
Valorarase o informe detallado das mesmas, no que o estudante debe identificar e xustificar as estratexias seguidas nas mesmas para a resolución dos problemas analíticos.
Competencias: A14, A16, B2, B3, B4, B5, C3, C6, C8 |
5 |
Seminario |
Valorarase a participación dos estudantes neles, ademáis da resolución das cuestións, casos e/ou problemas plantexados polo profesor. Para algún en concreto realizarase unha breve exposición oral polo estudante.
Competencias: A14, A15, A16, A28, B2, B3, B4, B5, C3, C4, C6, C8 |
10 |
Prácticas de laboratorio |
Valorarase de xeito continuo, tanto polo traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención) como pola memoria entregada. Na proba obxectiva incluiranse algunhas preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio.
Competencias: A14, A15, A16, A19, A23, B2, B3, B4, B5, C3, C6, C8
|
15 |
Proba mixta |
Realizarase un exame que consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e problemas numéricos relacionados cos contenidos teóricos e prácticos.
Competencias: A14, A15, A16, A28, B2, B3, C6, |
70 |
|
Observacións avaliación |
O traballo do estudante será evaluado de forma continua e periódica a
través de asistencia regular ás actividades evaluables, a súa
participación nos traballos de seminario, pola resolución de
cuestións e problemas plantexados polo profesor (que terán que
entregar resoltos no plazo que se indique), polas prácticas de
laboratorio (cuxa realización é obrigatoria) e polos exámenes
escritos realizados. Ao finalizar as prácticas deberán entregar un
informe do procedimento, resultados obtidos e interpretación deles. Para superar a asignatura é preciso obter, tanto na proba
objextiva como no resto de actividades evaluables, unha nota mínima de 4
(sobre 10) e acadar, sumadas as cualificación de tódalas
actividades evaluables unha nota mínima de 5 (sobre 10). A asignatura
non será aprobada (incluso no caso de que a suma total supere 5) se a
puntuación dunha das actividades evaluables non acada o 4. Neste caso, a
puntuación final da asignatura será suspenso (4). O estudante terá a calificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25% das actividades académicas programadas, e non
se presente ao exame final. Na contorna de "evaluación continuada" a "segunda oportunidade de
xullo" enténdese como unha segunda oportunidade de realización da
proba mixta. Xa que logo, para as prácticas, seminarios, lecturas e
traballos tutelados, manteranse as cualificacións obtidas ao
longo do curso, mentres que a cualificación da proba obxectiva
da segunda oportunidade substituirá á obtida na primeira
oportunidade. Os alunos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo déstas para o correspondiente
curso non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade. No que atingue aos sucesivos cursos académicos, o proceso
de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso
académico e, xa que logo, voltaría a comezar cun novo curso,
incluídas tódalas actividades e procedimentos de avaliación que sexan
programadas para o devandito curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
KELLNER, R,; MERMET, J.M.; OTTO, M.; WIDMER, H.M. (1998). Analytical chemistry: a modern approach to analytical science. Winheim, Willey-VCH
OTTO, M. (2007). Chemometrics. Weingeim, Willey-VCH
MILLER, J.N.; MILLER, J.C. (2002). Estadística y quimiometría para química analítica, 4th edition. Madrid, Prentice-Hall
RAMIS, G.; GARCIA, M.C. (2001). Quimiometria. Madrid, Sintesis
CAMARA, C.; FERNANDEZ, P.; MARTIN-ESTEBAN, A.; PEREZ-CONDE, C.; VIDAL, M. (2002). Toma y tratamiento de muestra. Madrid, Sintesis |
|
Bibliografía complementaria
|
VALCARCEL, M.; CARDENAS, M.S. (2000). Automatización y miniaturización en química analítica. Barcelona, Springer-Verlag |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Traballo de fin de Grao/610G01043 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Medio ambiente e calidade/610G01037 |
|
Materias que continúan o temario |
Química Analítica 1/610G01011 | Química Analítica 2/610G01012 | Química Analítica Instrumental 1/610G01013 | Química Analítica Instrumental 2/610G01014 |
|
Observacións |
Recomendamos levar a materia ao día, facer unha boa preparación das prácticas e utilizalas para responder a preguntas, conceptos e completar a formación teórica necesaria. Tratar de construír a capacidade de traballar con "visión analítica" da primeira á última fase do proceso de análise. Ter coñecemento de métodos clásicos e instrumentais de análise (titulacións, gravimetrías, métodos de separación, técnicas eletroanalíticas, óptica e cromatográfica). Ter coñecemento de ferramentas de informática (follas de cálculo, procesamento de texto, navegación en "internet"). Coñecementos básicos de inglés. |
|