Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer as partes máis importantes desta disciplina: nomenclatura, estructura e reactividade dos principais grupos funcionais orgánicos, cinética e termoquímica das reacciones químicas, o equilibrio químico, o equilibrio ácido-base e a electroquímica e a sua importancia nun medio biológico. |
A26
|
B1 B3 B4
|
C1 C3
|
Dispoñer de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de xeito correcto e seguro os productos e o material más habitual nun laboratorio químico. |
A26 A30 A31
|
B1 B3 B4
|
C1 C3
|
Ser quen de resolver e expoñer problemas relativos á química de grupos funcionais, a termoquímica, a cinética das reaccións químicas, o equilibrio químico, o equilibrio ácido-base e a electroquímica, así como interpretar os resultados obtidos. |
A26
|
B1 B2 B3 B4
|
C1 C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Química Orgánica |
• Introdución á Química Orgánica
• Alcanos
• Alquenos e alquinos
• Hidrocarburos aromáticos
• Haluros de alquilo
• Alcois, fenois e éteres
• Aldehídos e cetonas
• Ácidos carboxílicos e os seus derivados
• Aminas e amidas
• Estereoisomería |
2. Termoquímica |
• Conceptos e términos básicos en termoquímica
• Primeiro principio da termodinámica
• Calores de reacción. Entalpía
• Ecuacións termoquímicas
• Calorimetría
• Entalpía estándar de reacción: lei de Hess
• Procesos espontáneos e entropía
• Segundo principio da termodinámica
• Criterio de espontaneidade. Enerxía libre de Gibbs |
3. Cinética e Catálise |
• Definición de cinética e obxectivos
• Factores que inflúen na velocidade das reaccións químicas
• Velocidade de reacción e ecuación de velocidade
• Influencia da temperatura sobre a velocidade de reacción. Ecuación de Arrhenius
• Relación entre as constantes cinéticas e a constante de equilibrio
• Modelos teóricos en cinética química
• Mecanismos de reacción: reaccións elementais e por etapas.
• Catálise |
4. Equilibrio químico |
• Equilibrio químico
• Constante de equilibrio
• Relación entre cinética e equilibrio
• Factores que afectan ao equilibrio. Principio de Le Chatelier
• Relación entre a constante de equilibrio e a enerxía libre de Gibbs
• Estado estándar en bioquímica
• Acoplamento de reaccións en sistemas biolóxicos |
5. Equilibrios ácido-base |
• Concepto de ácido e base. Teoría de Brønsted-Lowry
• Propiedades ácido-base da auga. Concepto de pH
• Forza de ácidos e bases. Constantes de ionización
• Disolucións de sales: hidrólise
• Efecto do ión común
• Disolucións reguladoras
• Valoracións ácido-base. Indicadores
• Control de pH en sistemas biolóxicos |
6. Electroquímica |
• Procesos electroquímicos
• Reaccións redox
• Enerxía química e electroquímica. Células electroquímicas
• Potencial estándar de electrodo
• Termodinámica das reaccións redox
• Influencia da concentración sobre os potenciais de celda
• Medida do pH
• Potencial de membrana
• Sistemas redox con protones implicados
• Indicadores redox |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
13 |
26 |
39 |
Seminario |
10 |
30 |
40 |
Prácticas de laboratorio |
15 |
12 |
27 |
Traballos tutelados |
8 |
28 |
36 |
Proba obxectiva |
3 |
3 |
6 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Haberá unha sesión inicial de presentación da materia, na que se exporán ao alumnado os contidos que se pretenden abordar, a metodoloxía docente en grupo grande e en grupos reducidos, e os criterios de avaliación. |
Sesión maxistral |
Os contidos teóricos abordaranse nas sesións maxistrais mediante explicacións impartidas polo profesorado. O alumnado atopará en Moodle as presentacións, cos contidos básicos, e materiais adicionais de cada tema. |
Seminario |
Nos seminarios abordarase a análise e a resolución dalgúns dos exercicios propostos nos boletins de cada tema. Co obxecto de aproveitar ao máximo estas sesións, é moi importante que os alumnos traballen os exercicios con anterioridade á súa resolución na aula. O alumnado terá a súa disposición os boletíns e as táboas de datos necesarias en Moodle. |
Prácticas de laboratorio |
No laboratorio os alumnos realizarán 7 prácticas relacionadas cos contidos fundamentais da materia. Estas prácticas de laboratorio terán unha duración de 2 h cada unha. Os guións de cada unha das prácticas incluirán un traballo previo (lecturas recomendadas e/ou cuestións) que os alumnos deberán entregar por escrito, ao profesor encargado, ao comezo da correspondente sesión de laboratorio. Ao finalizar a sesión deberán entregar unha memoria individual da práctica na que se recolla o traballo realizado no laboratorio, as observacións feitas e os resultados obtidos, e por último, respostar a unhas cuestións coa fin de fixar os contidos abordados. |
Traballos tutelados |
O obxectivo fundamental destas sesións é o seguimento da compresión da materia por parte do alumnado. Para iso prográmanse 4 sesións de titorías en grupos reducidos, de 2 horas cada unha. Os alumnos deberán preparar previamente cada titoría, estudando os contidos correspondentes e traballando un cuestionario que entregarán ao comezo de cada sesión. Nas titorías resolveranse en grupo as dúbidas que poideran xurdir no traballo previo e realizaranse uns exercicios que serán resoltos na mesma sesión. Estes exercicios tamén serán recollidos polo profesor, e formarán parte da avaliación da materia. |
Proba obxectiva |
Farase un exame escrito co propósito de avaliar o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ademais do traballo de seguimento realizado nas sesións de titoría grupal, haberá unha titoría individual no horario establecido polos profesores. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A cualificación das prácticas representa un 20% da cualificación global. Valorarase tanto a memoria entregada coma a actitude e o traballo desenvolto no laboratorio. Para poder superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 4 nesta parte.
Competencias avaliadas: A26, A30, A31, B1, B2, B3, B4, C1, C3. |
20 |
Traballos tutelados |
A cualificación dos traballos tutelados representa un 20% da cualificación global. Valoraranse tanto o cuestionario co traballo previo, coma o traballo levado a cabo na tutoría e as cuestións propostas ao final da misma.
Competencias avaliadas: A26, B1, B2, B3, B4, C1, C3. |
20 |
Proba obxectiva |
A proba obxectiva constará de varios exercicios prácticos ou teoríco-prácticos similares aos realizados nos seminarios e nas titorías. Non se poderá superar a materia cunha cualificación inferior a 4 na proba obxectiva, aínda que a cualificación global sexa igual ou superior a 5.
Competencias avaliadas:A26, B1, B2, B3, C1. |
60 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia será necesario obter unha cualificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades (xaneiro e xullo). Non poderán superar a materia aqueles alumnos que teñan menos dun 4 (sobre 10) na proba obxectiva ou nas prácticas de laboratorio.
A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria para poder superar a asignatura. Os alumnos que obtiveran unha cualificación superior a 4 nas prácticas realizadas no curso 2013-14, non terán obriga de realizar novamente as prácticas e se lles gardará a cualificación obtida. Estes alumnos poden, se o desexan, realizalas prácticas e ser evaluados novamente. Tódolos demáis alumnos que non tiveran realizado as prácticas ou o fixeran en cursos anteriores ó 2013-14 terán que realizalas obrigatoriamente.
Na primeira e na seguna oportunidade, os alumnos que realizaran as prácticas e obtiveran menos dun 5, poderán realizar, ademáis da proba obxectiva, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica sustituirá á cualificación obtida nas prácticas á hora de facela cualificación global.
Os alumnos que non participaran nos traballos tutelados obterán unha cualificación de 0 neste apartado nas dúas oportunidades de xaneiro e xullo. Na segunda oportunidade de xullo, para facer a cualificación global, manteráse a cualificación obtida durante o curso neste apartado.
Outorgarase a cualificación de "non presentado" aos alumnos que participen en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Petrucci, R.H.; Herring, F.G.; Madura, J.D.; Bissonnette, C. (2011). Química general: Principios y aplicaciones modernas (10ª Ed). Madrid: Prentice Hall |
En xeral, calquera manual de Química Xeral actualizado é axeitado para o estudo da asignatura. Existen edicións anteriores do Petrucci (8ª Ed. QX240) e outros libros recomendados a disposición dos alumnos na biblioteca. |
Bibliografía complementaria
|
Paterno Parsi, A.; Parsi, A.; Pintauer, T.; Gelmini, L.; Hilts, R. W. (2011). Complete Solutions Manual: General Chemistry, Principles and Modern Applications. Scarbough: Pearson Canada
Atkins, P.; Jones, L. (2012). Principios de Química. Los caminos del descubrimiento (5ª Ed). Madrid: Ed. Médica Panamericana
López Cancio, J. A. (2010). Problemas de Química. Madrid: Prentice Hall
Reboiras, M. D. (2007). Problemas resueltos de: Química, la ciencia básica. Madrid: Thomson
Chang, R.L. (2013). Química (11ª Ed). México: McGraw-Hill
Reboiras, M. D. (2007). Química, La ciencia básica. Madrid: Thomson
Masterton, W.L.; Hurley, C.N. (2003). Química. Principios y reacciones (4ª Ed). Madrid: Thomson
Paterno Parsi, A.; Parsi, A.; Pintauer, T.; Gelmini, L.; Hilts, R. W. (2011). Selected Solutions Manual: General Chemistry, Principles and Modern Applications. Toronto: Pearson |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Bioquímica: Bioquímica I/610G02011 | Bioquímica: Bioquímica II/610G02012 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Coa fin de poder abordar con éxito a materia, é imprescindible que o estudiante posúa unha serie de coñecementos previos de química e matemáticas, de acordo co nivel esixido en secundaria e bacharelato, como son: Nomenclatura e formulación química, axuste de reaccións químicas, cálculos estequiométricos elementais, identificación do carácter ácido-base de compostos comúns, obtención de estados de oxidación dos elementos nas especies químicas, manexo de logaritmos, exponenciais, derivadas e integrais simples. |
|