Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Manexo fluído das técnicas básicas dun laboratorio de Microbioloxía, así como as súas potenciais aplicacións no campo da industria e a investigación |
A1 A2 A5 A9 A11 A13 A14 A15 A20 A21 A25 A26 A27 A29 A30 A31
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11
|
C3 C6 C8
|
Comprensión e correcto emprego da terminoloxía científica |
|
B1 B7 B8 B10
|
C1
|
Capacidade de relación de conceptos e aplicación práctica destes. |
|
B1 B6 B8 B10 B12
|
C1 C3
|
Capacidade de síntese, de elaboración e de presentación de resultados. |
|
B1 B6 B7 B8
|
C1 C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
I. Métodos de detección e cuantificación de microorganismos |
1. Toma de mostras
2. Procesado de mostras
3. Métodos de enriquecemento, illamento e cultivo
4. Métodos de reconto |
II. Clasificación e identificación de procariotas |
1. Métodos fenotípicos
2. Métodos xenotípicos |
III. Medidas de biomasa e actividade metabólica microbiana |
1. Estimas da biomasa microbiana total
2. Determinacións específicas de biomasa
3. Medidas da actividade microbiana |
PRÁCTICAS |
1. Métodos de reconto e de estimación da biomasa e actividade microbianas
2. Técnicas de determinación da calidade microbiolóxica de alimentos
3. Técnicas rápidas de identificación de bacterias
4. Análise microbiolóxica de augas
5. Métodos genotípicos de análise de microorganismos |
SEMINARIOS |
1. Elaboración de informes de resultados
2. Realización de casos prácticos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
8 |
16 |
24 |
Prácticas de laboratorio |
45 |
45 |
90 |
Seminario |
4 |
20 |
24 |
Estudo de casos |
0 |
5 |
5 |
Proba mixta |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesorado na que se desenvolverá o programa teórico da materia. |
Prácticas de laboratorio |
Os alumnos realizarán obrigatoriamente as prácticas de laboratorio, que se farán en grupo. Introducirase o alumno na utilización de diferentes técnicas de análise e estudo de microorganismos. |
Seminario |
Traballos en grupo reducido nos que se presentarán, de maneira razoada, os resultados que previamente obtiveron nas prácticas de laboratorio. Ademais, exporanse análises microbiolóxicas para diferentes casos prácticos e exercerase a crítica científica. |
Estudo de casos |
Ao alumno formularáselle polo menos un suposto práctico, no que deberá indicar razoadamente as actuacións a seguir dende o punto de vista dun microbiólogo, para satisfacer a demanda esixida no suposto |
Proba mixta |
Proba escrita na que se poñerá en valor o grao de coñecemento e comprensión alcanzados polo alumno de todos os aspectos incluídos na materia. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Durante o desenvolvemento da materia atenderanse as necesidades e consultas dos alumnos relacionadas coa materia, proporcionándolles a orientación e apoio que sexan necesario, tanto de forma presencial ou non presencial. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
Realización e valoración das tarefas encomendadas ao longo dos seminarios. Será obrigatorio por parte dos alumnos presentar, de forma presencial na aula, os resultados que obtiveron na realización das prácticas de laboratorio. |
10 |
Sesión maxistral |
Avalíase a través da proba mixta. |
0 |
Prácticas de laboratorio |
Asistencia obrigatoria e avaliación do traballo do alumno durante o desenvolvemento das prácticas.
Na proba mixta tamén se formularán preguntas relacionadas directamente cos aspectos prácticos. |
10 |
Proba mixta |
Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios. |
70 |
Estudo de casos |
O alumno deberá resolver un suposto caso práctico que se lle formulará durante os seminarios. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, o alumno deberá ter obtido un 5 sobre 10 na "proba mixta", realizar todas as tarefas que se consideran obrigatorias e obter nelas unha puntuación mínima dun 1 punto sobre un máximo 3.
No caso de non superar a materia en primeira opción, na segunda deberá superarse a parte non superada.
Para que un alumno sexa considerado NON PRESENTADO deberá ter os seguintes requisitos: non se presentar á proba mixta e non ter asistido á metade das sesións de prácticas. Se o número de Matrículas de Honra que se poidan conceder se esgota na primeira opción, non poderá concederse ningunha na segunda opción aínda cando se obteña a máxima nota.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
MADIGAN & MARTINKO (2009). Brock. Biología de microorganismos. 12ª ed.. Prentice Hall
WILEY, SHERWOOD & WOOLVERTON (2009). Microbiología de Prescott, Harley y Klein. 7ª ed.. McGraw Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
COLLINS, LYNE & GRANGE (1995). Collins and Lyne's Microbiological Methods. 7th ed.. Butterworth-Heinemann Ltd.
SINGER (2001). Experiments in Applied Microbiology. Academic Press
HUDSON & SHERWOOD (1997). Explorations in Microbiology. Prentice Hall
GAMAZO, LÓPEZ-GOÑI & DÍAZ (2005). Manual Práctico de Microbiología. 3ª ed.. Editorial Masson
APHA, AWWA, WPCF (1992). Métodos normalizados para el análisis de aguas potables y residuales. Ediciones Díaz de Santos, S.A.
PASCUAL ANDERSON & CALDERON PASCUAL (2000). Microbiología alimentaria. Metodología Analítica para alimentos y bebidas. Ediciones Díaz de Santos S.A. |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Microbioloxía e biotecnoloxía ambiental/610G02018 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Microbioloxía/610G02015 | Microbioloxía aplicada e control microbiolóxico/610G02016 |
|
|