Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Botánica sistemática: Fanerogamia Código 610G02025
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía
Coordinación
Sahuquillo Balbuena, Elvira
Correo electrónico
elvira.sahuquillob@udc.es
Profesorado
Fagúndez Díaz, Jaime
Pimentel Pereira, Manuel
Sahuquillo Balbuena, Elvira
Correo electrónico
jaime.fagundez@udc.es
m.pimentel@udc.es
elvira.sahuquillob@udc.es
Web
Descrición xeral Botánica sistemática: Fanerogamia. Ciencia que estuda as plantas vasculares con sementes. Baséase en analizar a morfoloxía e anatomía dos diferentes taxons, a súa bioloxía reprodutiva e as súas adaptacións ambientais; ademais persigue a organización deste coñecemento seguindo un enfoque filoxenético. Integra información procente doutras ciencias como citoloxía e histoloxía, xenética, bioquímica, ecoloxía, etc. e capacita ós estudantes para traballar en diferentes ámbitos profesionais como a docencia, investigación, asesoría ambiental, agricultura, etnobotánica, etc.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Recoñecer distintos niveis de organización nos sistemas vivos.
A2 Identificar organismos.
A4 Obter, manexar, conservar e observar especímenes.
A6 Catalogar, avaliar e xestionar recursos naturais.
A7 Reconstruír as relacións filogenéticas entre unidades operacionales e pór a proba hipóteses evolutivas.
A9 Identificar e utilizar bioindicadores.
A11 Identificar e analizar material de orixe biolóxica e as súas anomalías.
A19 Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A22 Describir, analizar, avaliar e planificar o medio físico.
A23 Avaliar o impacto ambiental. Diagnosticar e solucionar problemas ambientais.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
A29 Impartir coñecementos de Bioloxía.
A30 Manexar adecuadamente instrumentación científica.
A31 Desenvolverse con seguridade nun laboratorio.
A32 Desenvolverse con seguridade no traballo de campo.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B8 Sintetizar a información.
B9 Formarse unha opinión propia.
B10 Exercer a crítica científica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os procesos evolutivos que desembocaron na diversidade actual dos espermatófitos. A1
A2
A29
B1
B3
B8
B9
C1
C3
C7
C8
Comprender os ciclos reprodutivos dos espermatófitos, así como as relacións entre eles e cos ciclos dos seus posibles precursores. A1
A2
A6
A7
A19
A20
B1
B3
B8
C1
C3
C6
-Coñecer a organización taxonómica das fanerógamas, que reflicte as relacións evolutivas entre os distintos grupos. A1
A7
B1
B2
B3
B4
B8
C1
C3
-Desenvolver capacidades de observación, descrición e identificación de plantas con semente, particularmente en relación con aqueles grupos de maior importancia económica e ecolóxica. A2
A4
A6
A9
A11
A19
A23
A27
B1
B2
B3
B5
B10
C1
C3
-Aprender os métodos básicos de estudo das especies vexetais e as súas comunidades, tanto no campo como no laboratorio. A2
A4
A6
A9
A22
A27
A29
A30
A31
B1
B2
B3
B5
B7
B9
C1
C3
C8
-Incentivar nos estudantes a aprendizaxe autónoma arredor dos distintos grupos de plantas con semente, facendo énfase naqueles grupos ecoloxica e economicamente importantes no NW da Península Ibérica. A4
A9
A29
A32
B2
B3
B7
B8
C1
C6
C8
-Desenvolver o hábito e a capacidade para manexar de xeito adecuado e crítico a bibliografía e outras fontes de información. A23
A26
B3
B8
C3
C8

Contidos
Temas Subtemas
Teoría (Clases Maxistrales): Introdución Tema 1.- ESPERMATÓFITOS: Taxonomia e Filogenia. Caracteres xerais. Concepto de semente: A semente primitiva. Relación espermatófitos con fieitos heterospóreos.
Tema 2.- Orixe dos espermatófitos: proximnospermas. Evolución e diversidade en Espermatófitos. Caracteres diferenciais entre ximnospermas e anxiospermas.

Bloque II (Clases Magistrales): Ximnospermas Tema 3.-XIMNOSPERMAS. Morfoloxía e anatomía das ximnospermas. Estruturas reprodutoras: Flores e inflorescencias ximnospérmicas. Bioloxía da reprodución en ximnospermas: desenvolvimento dos gametófitos masculino e feminino. A fecundación e a formación da semente nas ximnospermas.
Tema 4.- Sistemática de ximnospermas. Caracterización dos diferentes grupos evolutivos: Div. Pteridospermophyta, Div. Cycadophyta, Div. Ginkgophyta, Div. Gnetophyta y Div. Coniferophyta.
Tema 5.- Div. Coniferophyta: evolución, diversidade e caracteres xenerais. Familias máis salientables de ximnospermas na Península Ibérica: F. Pinaceae, F. Cupressaceae y F. Taxaceae.
Bloque III (Clases maxistrais): Anxiospermas Tema 6.-ANXIOSPERMAS. Caracteres xerais I. O aparello vexetativo. Caracteres xerais II. O aparello reprodutivo. Bioloxía reprodutiva: flores e inflorescencias nas anxiospermas. Evolución da flor como estrutura. Desenvolvimento dos gametófitos masculino e feminino. A semente e o froito: estrutura e dispersión.
Tema 7.- Teorías arredor da orixe e diversificación das anxiospermas. Orixe e caracterización dos principais grupos evolutivos: diferentes sistemas de clasificación. Diferencias entre as anxiospermas basais (clado ANITA), magnólidas, monocotiledóneas e eu-dicotiledóneas.
Tema 8.- Os Bosques: diferentes conceptos de bosque. Evolución dos bosques. Importancia ambiental dos bosques no NW da Península Ibérica. Familias máis importantes na formación das comunidades de bosques da zona temperá do hemisferio norte. F. Fagaceae, F. Betulaceae, F. Salicaceae, F. Oleaceae, F. Rosaceae, F. Lauraceae, F. Caprifoliaceae, F. Aquifoliaceae e F. Ulmaceae
Tema 9.-As matogueiras: diferentes conceptos de comunidade de matogueira. Evolución das comunidades de matogueira. Importancia ambiental das matogueiras no NW da Península Ibérica. Familias máis importantes na formación das comunidades de matogueira da zona temperá do Hemisferio Norte. F. Fabaceae, F. Ericaceae, F. Cistaceae e F. Lamiaceae.
Tema 10.- As comunidades herbáceas: concepto e diversidade. Evolución das comunidades herbáceas. Familias máis importantes na formación das comunidades herbáceas da zona temperá do hemisferio norte: F. Poaceae, F. Cyperaceae, F. Juncaceae, F. Asteraceae, F. Araceae e F. Ranunculaceae.
Tema 11.- As comunidades vexetais de zonas húmidas e costeiras Familias importantes na conformación destas comunidades: F. Caryophyllaceae, F. Chenopodiaceae, F. Plumbaginaceae, F. Nymphaeaceae, F. Lentibulariaceae, F. Lemnaceae, F. Zosteraceae e F. Potamogetonaceae.
Tema 12.- A domesticación das plantas. Familias importantes desde un punto de vista económico: F. Brassicaceae, F. Solanaceae, F. Apiaceae, F. Myrtaceae, F. Rutaceae, F. Liliaceae s. lat., F. Iridaceae e F. Orchidaceae.
Bloque IV (Clases maxistrais): Bioxeografía Tema 13.- Bioxeografía. Reinos florísticos. Fitocoroloxía: Áreas de distribución das especies. Vexetación potencial e series de vexetación.
Tema 14.- Biodiversidade e conservación. Conservación ex situ e in situ. Especies endémicas, raras ou ameazadas na Península Ibérica. Especies introducidas. Estratexias globais para a conservación da biodiversidade.
Seminarios de 2 horas: Seminar 1: Ximnospermas: análise comparada dos seus ciclos de vida. Conceptos básicos na sistemática das Ximnospermas. Realizarase un cuestionario sobre as características e a diversidade das ximnospermas.
Seminar 2: Anxiospermas: estudo do seu ciclo de vida. Análise comparada dos ciclos de vida das anxiospermas, ximnospermas e fieitos heterospóreos. Realizarase un cuestionario sobre os ciclos de vida dos distintos grupos.
Seminario 3: Aplicación de conceptos evolutivos á sistemática das anxiospermas e elaboración de Filoxenias .
Seminario 4: Angiospermas. Análise comparada entre as familias máis importantes nas comunidades herbáceas, de matogueira e bosque do NW da Península Ibérica.
Práctica de campo Toma de contacto coa diversidade das plantas con semente en Galicia. Analizarase a diversidade vexetal de distintos medios de alto interese polo seu grao de endemicidade, rareza, etc.
Prácticas de laboratorio Práctica 1: Observación, análise e identificación de ximnospermas
Práctica 2: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica I.
Práctica 3: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica II.
Práctica 4: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica III.
Práctica 5: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica IV.
Práctica 6: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica V.
Práctica 7: Observación, análise e identificación de anxiospermas. Familias comúns do NW da Península Ibérica VI.
Casos prácticos 1.-Realizarase unha análise filoxenética (máxima parsimonia) nun grupo de fanerógamas e respostaranse unha ou varias cuestións de interese sistemática. Daranse intrucións detalladas no seminario III.
2.- Os alumnos elixiran varias especies do listado que teñen que reconocer para superar a parte práctica e realizarán unha presentación sobre as súas características biolóxicas. Ademais traballaran a flora presente unha comunidade tipo e buscaran unha área natural de similares características coa que compararán os datos. Elaboraranse espectros florísticos, biolóxicos, corolóxicos e de dispersión de diásporas para interpretar o funcionamiento da comunidade. Daranse instrucións detalladas no seminario I.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 52.5 73.5
Seminario 7 17.5 24.5
Prácticas de laboratorio 14 7 21
Saídas de campo 7 0 7
Estudo de casos 0 22 22
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os concepto básicos serán desenvolvidos polo profesor en sesións maxistrais de 50 minutos. As clases teñen sido programadas para que o alumnos adquiran os coñecementos de xeito gradual. A aprendizaxe estará asistida por presentacións de power point que estarán dispoñibles na plataforma moodle.
Seminario O obxectivo dos seminarios será reforzar o aprendido nas sesións maxistrais. Todos os conceptos básicos impartidos se repasarán nos seminarios mediante diferentes exercicios, especialmente cuestionarios e diagramas mudos representando os ciclos reprodutivos dos distintos grupos. A asistencia ós seminarios é obrigatoria.
Prácticas de laboratorio Os estudantes analizarán e manipularan diferentes representantes dalgunhas das familias explicadas nas sesiones maxistrais. Nas sesións de laboratorio, os estudantes empregarán floras e claves de identificación para identificar os espécimes seleccionados. Farase especial fincapé nos caracteres adaptativos da súa bioloxía floral ou en adaptacións concretas ó medio ambiente no que se desenvolven.
Saídas de campo Realizarase unha excursión dun día de duración guiada polos profesores. Na excursión se observarán representantes dalgunhas das familias estudadas nas sesións maxistrais, así como o ambiente no que estas medran. Visitaranse algunhas das zonas de Galicia con maior grao de endemicidade e analizaranse as causas que teñen producido esta endemicidade. A asistencia á excursión é voluntaria.
Estudo de casos Os estudantes aplicarán os coñecementos adquiridos nas clases de teoría e no laboratorio en dous casos prácticos diferentes (FILOXENÉTICO E FLORÍSTICO). Daranse instrucións detalladas para levar a cabo estes proxectos durante os seminarios. Asi mesmo, os profesores empregarán as titorías para controlar a marcha dos traballos. Os proxectos serán levados a cabo por grupos de 2-3-4 estudantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Sesión maxistral
Seminario
Saídas de campo
Prácticas de laboratorio
Descrición
Atenderase ó estudante de xeito personalizado para todas aquelas dúbidas que lle poidan xurdir ó preparar os contidos ou durante a realización das distintas actividades plantexadas xa sexa nos seminarios, nas prácticas ou durante as titorías. As titorías terán lugar os martes, mércores e xoves de 11,30-13,30h.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Valorarase a calidade, orixinalidade e presentación dos dous traballos realizados (filoxenético e florístico).

Avaliaranse as seguintes competencias:
-A6, A7, A9, A20, A22, A23, A26, A27
28
Sesión maxistral Os estudantes realizarán una proba escrita para valorar os coñecementos adquiridos. Esta proba incluirá preguntas test, preguntas curtas e preguntas tema.

Avaliaranse as seguintes competencias:
-A1, A29
55
Seminario Valorarase asistencia e participación

Avaliaranse as seguintes competencias:
A7, A19, A29, A27
1
Saídas de campo Valorarase asistencia e participación

Avaliaranse as seguintes competencias:
-A2, A19, A22, A32
1
Prácticas de laboratorio Os estudantes realizarán un cuestionario por cada unha das sesións de laboratorio que será avaliado. Unha vez rematadas as prácticas, realizarase un exame de visu no que cada estudante deberá recoñecer 10 especies dunha lista de 75 entre as que están algunhas das máis representativas do NW da Península Ibérica. A lista se lles entregará os alumnos ó principio do curso.

Avaliaranse as seguintes competencias:
-A2, A4, A11, A30, A31
15
 
Observacións avaliación

Todos os estudantes terán dúas
oportunidades para superar o curso. Na primeira oportunidade, os estudantes
precisarán ter participado en alomenos o 70% das actividades avaliables. Asi
mesmo, os estudantes precisarán obter alomenos un 4.0 no exame escrito, nas
prácticas (incluido o visu) e os casos para que as notas destas partes
se consideren para a nota final (e para que se poida aprobar a materia). A
nota media para superar a materia debe ser un 5.0. Para que figure non presentado na nota, os alumnos non poderán participar en máis do 30% das actividades.

 Na segunda oportunidade os estudantes deberán mellorar as notas
obtidas nas distintas partes para chegaren a unha nota media de 5 e superar a
materia. Aquelas actividades que teñan sido avaliadas con menos
de 4.0 deberán repetirse en todos os casos (agás os cuestionarios das prácticas). Nesta segunda oportunidade o exame de visu incluirá 15 plantas da
lista.


Fontes de información
Bibliografía básica

Contenidos teóricos:

CARRIÓN, JS (2003). Evolución vegetal. DM editores. Murcia.

DIAZ-GONZALEZ, T.E.; FERNÁNDEZ-CARVAJAL, M.C. & FERNÁNDEZ, J. A.(2004). Curso de Botánica. Ediciones Trea, Gijón.

FONT QUER, P. (1985). Diccionario de botánica. Labor, Barcelona.

IZCO, J.; BARRENO, E.; BRUGUÉS, M.; COSTA M.; DEVESA, J.; FERNÁNDEZ, F.; GALLARDO, T.; LLIMONA, X; SALVO, E; TALAVERA, S. & VALDÉS, B. (2004). Botánica. McGraw-Hill, Madrid.

JUDD WS, CAMPBELL Ch., KELLOG EA, STEVENS PF & DONOGHUE MJ (2008). Plant Systematics. A phylogenetic approach. Sinauer Associates, INc. Sunderland. USA

STRASBURGER, E., F. NOLL, H. SCHENCK & A.F.W. SCHIMPER. (2004) Tratado de Botánica (actualizado por P. SITTE et al.) Omega, Barcelona.

Prácticas:

AIZPURU,I.; ASEGINOLAZA, C.; URIBE-ECHEBERRÍA, P.M.; URRUTIA, P. & ZORRAKIN, I. (2000). Claves ilustradas de la Flora del País Vasco y territorios limítrofes. Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.

CASTROVIEJO, S. et al (2001) Claves de Flora Ibérica, vol. I . Real Jardín Botánico, Madrid.

GARCÍA, X.R. (2008) Guía das plantas de Galicia. Xerais.

GARCÍA ROLLÁN, M. 1996. Atlas clasificatorio de la Flora de España Penínsular y Balear. 2 Vols. Mundi Prensa, Madrid.

LEMEY, P; SALEMI, M & VANDAMME, AM. (2003). The phylogenetic handbook: a practical approach to phylogenetic analysis and hypothesis testing. Cambridge University Press. Cambridge.

Bibliografía complementaria

Teoría:

BRAUN-BLANQUET, J. (1979) Fitosociología: base para el estudio de las comunidades. Ed. Blume. Madrid.

COSTA TENORIO, M., C. MORLA JUARISTI & H. SAINZ OLLERO (1998). Los bosques ibéricos. Una interpretación geobotánica. Geo-Planeta S.A. Barcelona

CRONQUIST, A. (1991). Introducción a la Botánica. C.E.C.S.A., México

HEYWOOD, V.H. (1985). Las plantas con flores. Reverté. Barcelona.

RAVEN, P.H., EVERT, R.F. & EICHHORN, S.E. (1991-1992). Biología de las plantas I,II. Reverté. Barcelona.

RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (2005) Galicia Naturaleza. Botánica I. Hércules de Ediciones, S.A., A Coruña.

Prácticas:

BONNIER, G. & De LAYENS, G. (1993). Claves para la determinación de plantas vasculares. Omega, Barcelona.

MANOBENS, R. Mª (1988) Botánica, instruccions per als recol-lectors de plantes: l'herbari. Preparació i documentació. Generalitat de Catalunya.

MAYOR, M. & T.E. DÍAZ (2003) La flora Asturiana. Ayala, Oviedo.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xeobotánica: Xeografía botánica/610G02026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Xenética molecular/610G02020
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Fisioloxía vexetal aplicada/610G02029

Materias que continúan o temario
Histoloxía/610G02008
Organografía microscópica/610G02009
Xenética/610G02019
Iniciación á Botánica: Botánica xeral/610G02023
Botánica sistemática: Criptogamia/610G02024
Fisioloxía vexetal: Fisioloxía vexetal I/610G02027
Fisioloxía vexetal: Fisioloxía vexetal II/610G02028

Observacións

-Recoméndase traballar na materia de xeito regular ó longo do cuatrimestre, e facer uso da bibliografía recomendada.

-Dada a carga de traballo do terceiro curso do Grao en Bioloxía, recoméndase ós estudantes que rematen os proxectos o antes posible.

 -Os estudantes deberían acudir a titorías cos profesores para tratar as dúbidas xurdidas nas distintas actividades, especialmente no referido ós proxectos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías