Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Sostenibilidade e conservación da fauna Código 610G02034
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía
Coordinación
Fernández Rodríguez, Nuria
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
Profesorado
Fernández Rodríguez, Nuria
Correo electrónico
n.fernandez1@udc.es
Web http://recursosmarinos.net/
Descrición xeral A materia de sustentabilidade e conservación da fauna ten por obxectivo proporcionar aos alumnos os fundamentos teóricos nos que se basean a conservación e xestión sostible da biodiversidade animal, tanto no que se refire a cuestións da ciencia básica como a outras cuestións relacionadas ca toma de decisións, utilizando un enfoque aplicado á solución de problemas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Análise de problemas relacionados ca sostenibilidade e a conservación da biodiversidade A1
A6
A9
A20
A22
A23
A26
A29
A30
B1
B3
B4
B6
B7
B9
B10
B12
B13
C3
C4
C6
C8
Análise interdisciplinar dos problemas de xestión dos recursos vivos e os ecosistemas A1
A6
A9
A20
A22
A23
A24
A27
A28
A30
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C3
C6
C8
Elaboración de propostas de plans de xestión da biodiversidade, dos ecosistemas e dos recursos explotados A1
A9
A22
A23
A24
A27
A28
A29
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
C1
C3
C4
C6
C7
C8
Desenvolvemento de proxectos relacionados ca sostenibilidade e a conservación biolóxica A1
A6
A9
A20
A22
A23
A24
A26
A28
A30
A31
A32
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B12
B13
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. BIOLOXÍA DA CONSERVACIÓN Xestión de recursos naturais vivos. Conceptos.
2. A BIODIVERSIDADE E FUNCIÓN DOS ECOSISTEMAS.

Definición e niveis de biodiversidade. Diversidade taxonómica: Medición da diversidade; Patróns de diversidade biolóxica no espazo e no tempo. Biodiversidade e funcionamento dos ecosistemas
3. SERVIZOS DOS ECOSISTEMAS E A SÚA VALORACIÓN.

Economía ambiental/Economía ecolóxica. Bens e servizos proporcionados polos ecosistemas. Valoración económica dos servizos dos ecosistemas.
4. SISTEMAS DE XESTIÓN AMBIENTAL PARA A CONSERVACIÓN E O USO SOSTIBLE DA BIODIVERSIDADE


Sostenibilidade. Desenvolvemento sostible. Bases socioeconómicas e legais. Dereitos de propiedade. A traxedia dos comúns. Compoñentes e modelos de sistemas de xestión.
5. A PESCA MARIÑA COMO MODELO DE EXPLOTACIÓN DOS RECURSOS ANIMAIS. A importancia socioeconómica da pesca mariña. Tendencias nas pesquerías mundiais: evolución histórica e estado actual. Estatus dos stocks pesqueiros.
6. EFECTOS ECOLÓXICOS DA PESCA. Actividades humanas que afectan aos ecosistemas mariños. Efectos directos sobre as poboacións.Alteracións de hábitats. Efectos sobre as comunidades e ecosistemas
7. ACUICULTURA: ALTERNATIVA OU FACTOR DE SOBREEXPLOTACIÓN? Crecemento da poboación vs sistemas produtivos. A produción acuícola. A acuicultura mariña.Efectos ecolóxicos da acuicultura.Alternativas para unha acuicultura sostible.
8. MÉTODOS DE AVALIACIÓN DE POBOACIÓNS EXPLOTADAS. Obxectivos das avaliacións. Obtención de datos. Estimación de abundancia. Métodos directos de avaliación. Métodos indirectos.
9. ESTRATEXIAS DE XESTIÓN DE RECURSOS EXPLOTADOS. Compoñentes dos sistemas de xestión de pesquerías. Información cientifica para unha xestión preventiva. Medidas de regulación. Principais estratexias de xestión pesqueira. Experiencias sobre logros e problemas das medidas de regulación.
10. FACTORES EXTERNOS DE AMEAZA PARA A DIVERSIDADE ANIMAL. Cambios no hábitat . Presenza de organismos alóctonos. Contaminación ambiental. Sobreexplotación. Cambios globais.
11. FACTORES INTRÍNSECOS DE AMEAZA PARA A DIVERSIDADE ANIMAL. Problemas das poboacións pequenas. Poboación mínima viable. Variabilidade xenética e poboación efectiva. Cuellos de botella e efecto fundador.
12. MÉTODOS DE AVALIACIÓN DO ESTADO DE CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS. Monitorización de poboacións. Modelos predictivos
13. ESTRATEXIAS PARA A CONSERVACIÓN DE POBOACIÓNS E ESPECIES. Conservación in situ vs conservación ex situ
14. ESTRATEXIAS PARA A CONSERVACIÓN DE COMUNIDADES
Áreas protexidas.Establecemento de prioridades de protección. Aproximacións para a designación de áreas protexidas. Deseño. Xestión.
15. RESTAURACIÓN É CONSERVACIÓN. Escalas espaciais e temporais do proceso de degradación de hábitats naturais. Degradación do hábitat e perda de biodiversidade. Elementos para unha restauración efectiva. Riscos e limitacións nos procesos de restauración ambiental.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 23 51 74
Seminario 10 30 40
Proba obxectiva 4 9 13
Estudo de casos 15 5 20
Actividades iniciais 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de 15 temas cos principais contidos da materia. Cada un deles terá 50 minutos de duración.A asistencia non é obrigatoria pero sí é recomendable.
Seminario Haberá charlas/debate realizadas por algún conferenciante invitado. Tamén se farán análise e discusión sobre algún artigo científico ou documento audiovisual relacionado con temas da materia. Realizaranse asímesmo exercicios para o reforzo do contido teórico dalgún dos temas expostos nas clases maxistrais. Á asistencia non é obrigatoria pero sí moi recomendable.
Proba obxectiva Trátase dunha proba con 10 preguntas de respostas curtas, sobre conceptos básicos da materia e problemas teórico/prácticos para que sexan resoltos polo alumno.
Estudo de casos Substitúe as tradicionáis "prácticas de laboratorio". Prantexaránse distintos problemas de conservación e xestión sostible de recursos animais , que cada alumno resolverá individualmente ou por parellas. Haberá unha discusión final ou ben a entrega dos resultados das prácticas. A asistencia é obrigatoria.
Actividades iniciais A primeira hora do curso adicarase a explicar a materia, como vai ser a avalición, os seminarios programados, e a resolver calquera dúbida relacionada ca materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Estudo de casos
Descrición
En calquera momento durante a exposición das clases maxistráis, dos seminarios ou do estudo de casos, os alumnos poderán prantexar calquera dúbida que será explicada, debatida ou o que proceda.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario En todos os seminarios avaliarase a participación activa, e nalgúns casos poderá haber un examen curto ao final. Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non estean presentes nas sesións de discusión nin realicen os exames curtos, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade realizada ese día. A nota obtida dos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).

COMPETENCIAS:A6, A22, A26, A29
20
Proba obxectiva Trátase dunha proba con 10 preguntas curtas cada unha delas calificada sobre 10.

COMPETENCIAS: A1, A6, A9, A20,A22, A24, A28
60
Estudo de casos Os estudos de casos son de caracter obrigatorio. O alumno entregará ao final de cada estudo de caso, un resumen cas principáis conclusións obtidas tanto do traballo desenvolvido individualmente como da discusión final conxunta. A nota obtida nestes casos de estudo manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).

COMPETENCIAS: A6,A20,A22,A23,A26,A28,A30, A31, A32
20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas realizadas como"estudo de casos", así como os debates e os
exames curtos realizados nos seminarios.


Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para
as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados
como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan as probas
obxectivas nas datas oficiais sinaladas.

Serán consdierados como
“Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de
5,0 puntos ou non cheguen a 5,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva
(independentemente da nota obtida nos seminarios, nas prácticas e no
exame “de visu”).

Se, por razóns debidamente xustificadas, de
acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para
asistir a algunha sesión dos estudos de caso  e/ou de seminarios, deberá (no
caso dos estudos de casos) ou poderá (no caso dos seminarios) facer fronte a
probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba
obxectiva”. A nota acadada nesas probas específicas ou actividades
alternativas adicionaráse á xa obtida nos estudos de caso e seminarios nos que
participou.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Akçakaya HR, MA Burgman & LR Ginzburg (1999). Applied population ecology. Principles and computer exorcices using RAMAS Ecolab (2nd edition). Snauer Associates.
Pullin AS (2002). Conservation biology. Cambridge University Press.
Reynolds JR, GM Mace, KH Redford & JG Robinson (2001). Conservation of exploited species. Cambridge University Press
Primack RB (1993). Essentials of conservation biology.. Sinauer Associates
Tellería, JL (2012). Introducción a la Conservación de las Especies. Tundra Ediciones. Valencia.
Jennings S, MJ Kaiser & JD Reynolds (2001). Marine fisheries ecology.. Blackwell Science.
Gibbs JP, ML Hunter Jr. & EJ Sterling (1998). Problem-solving in conservation biology and wildlife management. Blackwell Science.

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Xenética/610G02019
Zooloxía: Zooloxía I/610G02031
Zooloxía: Zooloxía II/610G02032
Biodiversidade animal e medio ambiente/610G02033
Ecoloxía: Ecoloxía II (poboacions e comunidades)/610G02040
Ecoloxía humana/610G02041

Observacións

Debido a que a materia sintetiza coñecementos de materias moi diversas  nos  eidos da Bioloxía, especialmente de Ecoloxía e Biodiversidade Animal e Medio Ambiente, e que non existe ningún texto que reúna todos os contidos impartidos, recomendase que os alumnos asistan ás clases teóricas.


É esencial para os alumnos facer uso da Plataforma Virtual da UDC.


De maneira complementaria, para cada un dos apartados do temario, recomendase unha serie de referencias bibliográficas, todas elas presentes na biblioteca da Facultade, que os alumnos poderán consultar para ampliar coñecementos.


É conveniente contar cun coñecemento de inglés a un nivel de lectura medio.


É conveniente contar con coñecementos a nivel usuario de ferramentas informáticas básicas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías