Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer e comprender a conducta animal como resultado da adaptación evolutiva nun contexto ecolóxico. |
A19
|
|
|
Coñecer as técnicas básicas para muestrear e caracterizar o comportamento dos animais. |
A20
|
|
|
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. |
A26
|
|
|
Adquirir capacidade de análise crítica, síntese e presentación de información. |
|
B3 B7
|
|
Traballar de forma colaborativa. |
|
B5
|
|
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
|
B13
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
C3
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
C6
|
Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía |
A27
|
|
|
Aprender a aprender. |
|
B1
|
|
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
|
B4
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
C1
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
|
C7
|
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
|
C2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque 1. Bases conceptuais da Etoloxía |
1.1 Introducción ao estudo do Comportamento Animal.
1.2 Causación e ontoxenia do comportamento.
1.3 Evolución e valor adaptativo do comportamento
1.4 Selección de grupo. Selección de parentesco |
Bloque 2. Toma de decisións en animais |
2.1 Modelos de optimización na ecoloxía do comportamento
2.2 Estratexias de predación e comportamento antipredatorio
2.3 Selección do hábitat. Dispersión, filopatría e territorialidade
2.4 Orientación e migracións
|
Bloque 3. Sexo e comportamento |
3.1 Reproducción sexual. Custos e beneficios do sexo
3.2 Ecoloxía dos sistemas de apareamento
3.3 Selección sexual
3.4 Coidado parental
|
Bloque 4. Sociabilidade e comunicación |
4.1 Comunicación animal. Deseño, ecoloxía e evolución dos sinais
4.2 Aspectos da organización social
4.3 Comportamentos altruístas e cooperativos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
0.4 |
0 |
0.4 |
Sesión maxistral |
24 |
55.2 |
79.2 |
Traballos tutelados |
0.35 |
1.75 |
2.1 |
Seminario |
10 |
20 |
30 |
Prácticas a través de TIC |
15 |
19.05 |
34.05 |
Proba de resposta breve |
2 |
0 |
2 |
Proba de resposta múltiple |
0.75 |
0 |
0.75 |
|
Atención personalizada |
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Presentación do temario e actividades que se desenvolverán durante o curso. Pequeno resumo da guía docente. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais (24) impartiranse mediante sesións orais co apoio de medios audiovisuais. Os alumnos terán á súa disposición o material empregado nas clases a través da plataforma Moodle. |
Traballos tutelados |
Os alumnos realizarán traballos en grupo (2-3 persoas) de carácter obrigatorio baixo a supervisión da profesora, que serán expostos (5-10 minutos) ao longo do curso durante as sesións maxistrais. A súa elaboración será supervisada pola profesora, en persoa ou por correo electrónico. |
Seminario |
Nas horas de teoría de grupo reducido desenvolveranse seminarios de apoio á materia explicada nas sesións maxistrais e obradoiros de formación para o desenvolvemento das actividades do curso. Os alumnos serán avialiados en función do grao de participación activa e/ou por medio de pequenos exames. |
Prácticas a través de TIC |
Nas prácticas empregaránse medios audiovisuais e TIC para iniciar aos alumnos no uso do método observacional en Etoloxía. Si o tamaño do grupo o permite prevese a realización de prácticas en centros externos á UDC (ex. no Aquarium Finisterrae). As actividades terán lugar en galego e inglés. |
Proba de resposta breve |
Haberá un exame final que consistirá nun cuestionario de 10 presuntas de resposta breve |
Proba de resposta múltiple |
A mediados de curso haberá unha proba tipo test sobre parte da materia, que poderá ser impartida en inglés. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
Proba de resposta breve |
Proba de resposta múltiple |
Sesión maxistral |
Seminario |
|
Descrición |
As titorías, a petición do alumno, poden ser empregadas para resolver dúbidas e comentar o programa da materia, tanto o abordado nas sesións maxistrais como nos seminarios e prácticas de laboratorio. Ademais, a profesora fará un seguimento dos traballos elaborados polos alumnos, que pode facerse de forma presencial ou a través de correo electrónico, de maneira que o traballo final acade unha calidade aceptable. Contémplase tamén a posible necesidade de atención personalizada nas probas de avaliación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
OBRIGATORIAS. Os alumnos elaborarán unha memoria de prácticas con formato de publicación científica, que deberá reflectir os coñecementos adquiridos durante as mesmas. Aqueles alumnos que, por causas xustificadas, non poidan asistir ás prácticas programadas, deberán igualmente realizar un traballo práctico baixo a supervisión da profesora.
Competencias: A20, A26, B4, B5, C1, C3, C6 |
15 |
Traballos tutelados |
OBRIGATORIOS. Os traballos serán avaliados en función da súa orixinalidade, o seu grao de relación coa materia, a calidade do material empregado e a calidade da exposición.
Competencias: A19, B1, B5, C1, C2, C6 |
10 |
Proba de resposta breve |
OBRIGATORIO. No exame final, que constará de 10 preguntas breves, as respostas deberán ser claras e concisas. As respostas que reproduzan únicamente o contido das dispositivas de clase poderán ser penalizadas. Para superar a materia os alumnos deberán obter unha CALIFICACIÓN MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 nesta proba.
Competencias: A19, B1, B3, C6 |
60 |
Proba de resposta múltiple |
OBRIGATORIO. Tipo test. Os erros non suporán unha penalización.
Competencias: A19, B1, B3, C6 |
10 |
Seminario |
Nos seminarios os alumnos serán avaliados en función da participación activa e a calidade das aportacións, así como a través de pequenos exames que se poderán realizar durante os mesmos. OS ALUMNOS AUSENTES TERÁN UNHA CALIFICACIÓN DE 0 PUNTOS.
Competencias: A19, A27, B5, B7, B13, C2, C7 |
5 |
|
Observacións avaliación |
A meirande parte da teoría da materia avaliarase mediante un exame final. A nota máxima será de 6 puntos, debendo os alumnos ter unha nota mínima de 2.4 sobre 6 (4 sobre 10) para poder superar a materia.
A avaliación de parte da materia (que poderá ser impartida en inglés), dos seminarios, da memoria de prácticas e das actividades que se propoñan durante o curso poderá supoñer un aumento na nota final de ata catro puntos. Ademais dos coñecementos adquiridos, tamén se valorarán a participación activa nas diferentes actividades e a capacidade de traballo en grupo.
Aqueles alumnos que non participen ten todas as actividades non poderán obter a máxima nota (10 puntos) en ningunha das oportunidades de avaliación. A calificación dos seminarios, prácticas e do traballo tutelado manterase nas dúas oportunidades de avaliación.
Requírese unha nota final de 5 puntos para aprobar a materia.
Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán presentarse ao exame final (proba de resposta breve).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
ALCOCK, J. (2005). Animal Behavior (8_ ed.). Sinauer Associates, Inc.
ALCOCK, J. (2009). Animal Behavior (9_ ed.). Sinauer Associates, Inc.
CARRANZA, J. (ED.) (1994). Etología. Introducción A La Ciencia Del Comportamiento . Cáceres, Universidad De Extremadura, Servicio De Publicaciones.
DANCHIN, E., GIRALDEAU, L. & CÉZILLY, F. (2008). Behavioural Ecology. Oxford University Press.
DUGATKIN, L.A. (2009). Principles of Animal Behavior. W.W. Norton, New York.
FREEMAN, S. & J.C. HERRON (2002). Análisis Evolutivo . Madrid, Pearson Educación.
KREBS, J.R. & N.B. DAVIES (1993). An Introduction To Behavioural Ecology . Oxford, Blackwell Scientific Publications |
Bibliografía complementaria
|
|
DRICKAMER, L.C., VESSEY, S.H. & MEIKLE, D. (1996). Animal behavior (4_ed.). Wm. C. Brown Publishers.
GOODENOUGH, J., B. MCGUIRE, & WALLACE, R.A. (2001). Perspectives in animal behavior. John Wiley & Sons.
GRIER, J.W. & BURK, T. (1992). Biology of animal behavior (2_ed.). Mosby-Year Book
MAIER, R. (2001). Comportamiento animal. Un enfoque evolutivo y ecológico. McGraw-Hill. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Análise de datos en Bioloxía/610G02044 |
|
Materias que continúan o temario |
Estatística/610G02005 | Xenética/610G02019 | Xenética de poboacións e evolución/610G02021 | Zooloxía: Zooloxía I/610G02031 | Zooloxía: Zooloxía II/610G02032 |
|
Observacións |
Aínda que o profesor poñerá a disposición dos alumnos as presentacións empregadas nas clases, éstas non son máis que guías de estudo, insuficientes para superar a materia. A asistencia a clase e o emprego dos textos recomendados falicitarán a comprensión do temario e a superación dos exames. |
|