Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Etoloxía Código 610G02038
Titulación
Grao en Bioloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía Animal, Bioloxía Vexetal e Ecoloxía
Coordinación
Servia García, María José
Correo electrónico
maria.servia@udc.es
Profesorado
Servia García, María José
Correo electrónico
maria.servia@udc.es
Web http://ciencias.udc.es/bave/index.php/Profesorado/maria-j-servia.html
Descrición xeral A materia ten como obxectivo formar ao alumno de forma que poida comprender os conceptos fundamentais do Comportamento animal, así como a súa evolución a través da acción da selección natural. A materia estructurarase ó redor das catro areas definidas por Tinbergen: causación, ontoxenia, función e evolución.
Abórdase específicamente a selección de hábitat, as migracións e territorialidade, a explotación de recursos e o comportamento alimentario, a selección sexual, reproducción e sistemas de apareamento e coidado parental, a comunicación animal e o comportamento social. Asemade, preténdese introducir ao alumno nos métodos de investigación en Etoloxía.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A19 Analizar e interpretar o comportamento dous seres vivos.
A20 Muestrear, caracterizar e manexar poboacións e comunidades.
A26 Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados.
A27 Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar en colaboración.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nunha contorna de traballo.
B13 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e comprender a conducta animal como resultado da adaptación evolutiva nun contexto ecolóxico. A19
Coñecer as técnicas básicas para muestrear e caracterizar o comportamento dos animais. A20
Deseñar experimentos, obter información e interpretar os resultados. A26
Adquirir capacidade de análise crítica, síntese e presentación de información. B3
B7
Traballar de forma colaborativa. B5
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. B13
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Dirixir, redactar e executar proxectos en Bioloxía A27
Aprender a aprender. B1
Traballar de forma autónoma con iniciativa. B4
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. C2

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1. Bases conceptuais da Etoloxía 1.1 Introducción ao estudo do Comportamento Animal.
1.2 Causación e ontoxenia do comportamento.
1.3 Evolución e valor adaptativo do comportamento
1.4 Selección de grupo. Selección de parentesco
Bloque 2. Toma de decisións en animais 2.1 Modelos de optimización na ecoloxía do comportamento
2.2 Estratexias de predación e comportamento antipredatorio
2.3 Selección do hábitat. Dispersión, filopatría e territorialidade
2.4 Orientación e migracións
Bloque 3. Sexo e comportamento 3.1 Reproducción sexual. Custos e beneficios do sexo
3.2 Ecoloxía dos sistemas de apareamento
3.3 Selección sexual
3.4 Coidado parental
Bloque 4. Sociabilidade e comunicación 4.1 Comunicación animal. Deseño, ecoloxía e evolución dos sinais
4.2 Aspectos da organización social
4.3 Comportamentos altruístas e cooperativos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 0.4 0 0.4
Sesión maxistral 24 55.2 79.2
Traballos tutelados 0.35 1.75 2.1
Seminario 10 20 30
Prácticas a través de TIC 15 19.05 34.05
Proba de resposta breve 2 0 2
Proba de resposta múltiple 0.75 0 0.75
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do temario e actividades que se desenvolverán durante o curso. Pequeno resumo da guía docente.
Sesión maxistral As sesións maxistrais (24) impartiranse mediante sesións orais co apoio de medios audiovisuais. Os alumnos terán á súa disposición o material empregado nas clases a través da plataforma Moodle.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán traballos en grupo (2-3 persoas) de carácter obrigatorio baixo a supervisión da profesora, que serán expostos (5-10 minutos) ao longo do curso durante as sesións maxistrais. A súa elaboración será supervisada pola profesora, en persoa ou por correo electrónico.
Seminario Nas horas de teoría de grupo reducido desenvolveranse seminarios de apoio á materia explicada nas sesións maxistrais e obradoiros de formación para o desenvolvemento das actividades do curso. Os alumnos serán avialiados en función do grao de participación activa e/ou por medio de pequenos exames.
Prácticas a través de TIC Nas prácticas empregaránse medios audiovisuais e TIC para iniciar aos alumnos no uso do método observacional en Etoloxía. Si o tamaño do grupo o permite prevese a realización de prácticas en centros externos á UDC (ex. no Aquarium Finisterrae). As actividades terán lugar en galego e inglés.
Proba de resposta breve Haberá un exame final que consistirá nun cuestionario de 10 presuntas de resposta breve
Proba de resposta múltiple A mediados de curso haberá unha proba tipo test sobre parte da materia, que poderá ser impartida en inglés.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Proba de resposta breve
Proba de resposta múltiple
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
As titorías, a petición do alumno, poden ser empregadas para resolver dúbidas e comentar o programa da materia, tanto o abordado nas sesións maxistrais como nos seminarios e prácticas de laboratorio. Ademais, a profesora fará un seguimento dos traballos elaborados polos alumnos, que pode facerse de forma presencial ou a través de correo electrónico, de maneira que o traballo final acade unha calidade aceptable. Contémplase tamén a posible necesidade de atención personalizada nas probas de avaliación.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC OBRIGATORIAS. Os alumnos elaborarán unha memoria de prácticas con formato de publicación científica, que deberá reflectir os coñecementos adquiridos durante as mesmas. Aqueles alumnos que, por causas xustificadas, non poidan asistir ás prácticas programadas, deberán igualmente realizar un traballo práctico baixo a supervisión da profesora.
Competencias: A20, A26, B4, B5, C1, C3, C6
15
Traballos tutelados OBRIGATORIOS. Os traballos serán avaliados en función da súa orixinalidade, o seu grao de relación coa materia, a calidade do material empregado e a calidade da exposición.
Competencias: A19, B1, B5, C1, C2, C6
10
Proba de resposta breve OBRIGATORIO. No exame final, que constará de 10 preguntas breves, as respostas deberán ser claras e concisas. As respostas que reproduzan únicamente o contido das dispositivas de clase poderán ser penalizadas. Para superar a materia os alumnos deberán obter unha CALIFICACIÓN MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 nesta proba.
Competencias: A19, B1, B3, C6
60
Proba de resposta múltiple OBRIGATORIO. Tipo test. Os erros non suporán unha penalización.
Competencias: A19, B1, B3, C6
10
Seminario Nos seminarios os alumnos serán avaliados en función da participación activa e a calidade das aportacións, así como a través de pequenos exames que se poderán realizar durante os mesmos. OS ALUMNOS AUSENTES TERÁN UNHA CALIFICACIÓN DE 0 PUNTOS.
Competencias: A19, A27, B5, B7, B13, C2, C7
5
 
Observacións avaliación

A meirande parte da teoría da materia avaliarase mediante un exame final. A nota máxima será de 6 puntos, debendo os alumnos ter unha nota mínima de 2.4 sobre 6 (4 sobre 10) para poder superar a materia.


A avaliación de parte da materia (que poderá ser impartida en inglés), dos seminarios, da memoria de prácticas e das actividades que se propoñan durante o curso poderá supoñer un aumento na nota final de ata catro puntos. Ademais dos coñecementos adquiridos, tamén se valorarán a participación activa nas diferentes actividades e a capacidade de traballo en grupo.


Aqueles alumnos que non participen ten todas as actividades non poderán obter a máxima nota (10 puntos) en ningunha das oportunidades de avaliación. A calificación dos seminarios, prácticas e do traballo tutelado manterase nas dúas oportunidades de avaliación.


Requírese unha nota final de 5 puntos para aprobar a materia.


Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán presentarse ao exame final (proba de resposta breve).


 


Fontes de información
Bibliografía básica

ALCOCK, J. (2005). Animal Behavior (8_ ed.). Sinauer Associates, Inc.

ALCOCK, J. (2009). Animal Behavior (9_ ed.). Sinauer Associates, Inc.

CARRANZA, J. (ED.) (1994). Etología. Introducción A La Ciencia Del Comportamiento . Cáceres, Universidad De Extremadura, Servicio De Publicaciones.

DANCHIN, E., GIRALDEAU, L. & CÉZILLY, F. (2008). Behavioural Ecology. Oxford University Press.

DUGATKIN, L.A. (2009). Principles of Animal Behavior. W.W. Norton, New York.

FREEMAN, S. & J.C. HERRON (2002). Análisis Evolutivo . Madrid, Pearson Educación.

KREBS, J.R. & N.B. DAVIES (1993). An Introduction To Behavioural Ecology . Oxford, Blackwell Scientific Publications

Bibliografía complementaria

 

DRICKAMER, L.C., VESSEY, S.H. & MEIKLE, D. (1996). Animal behavior (4_ed.). Wm. C. Brown Publishers.

GOODENOUGH, J., B. MCGUIRE, & WALLACE, R.A. (2001). Perspectives in animal behavior.  John Wiley & Sons.

GRIER, J.W. & BURK, T. (1992). Biology of animal behavior (2_ed.). Mosby-Year Book

MAIER, R. (2001). Comportamiento animal. Un enfoque evolutivo y ecológico. McGraw-Hill.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Análise de datos en Bioloxía/610G02044

Materias que continúan o temario
Estatística/610G02005
Xenética/610G02019
Xenética de poboacións e evolución/610G02021
Zooloxía: Zooloxía I/610G02031
Zooloxía: Zooloxía II/610G02032

Observacións

Aínda que o profesor poñerá a disposición dos alumnos as presentacións empregadas nas clases, éstas non son máis que guías de estudo, insuficientes para superar a materia. A asistencia a clase e o emprego dos textos recomendados falicitarán a comprensión do temario e a superación dos exames.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías