Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Macroeconomía II Código 611111302
Titulación
Licenciado en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
1º e 2º Ciclo 2º cuadrimestre
Terceiro Troncal 7.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://http://www.netvibes.com/fernandobruna
Descrición xeral Curso de macroeconomía de nivel intermedio. Farase especial fincapé na teoría económica da innovación e o crecemento económico, no paro, nos mercados internacionais e nalgúns dos aspectos máis relevantes da crise económica actual.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os fundamentos teóricos dos principais temas macroeconómicos. A2
A3
A4
A9
B1
C6
C8
Dotarse de ferramentas para entender a situación económica actual e para manexar os datos máis relevantes. A5
A8
A10
B1
B4
B5
C3
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I - INTRODUCIÓN Tema 1 Modelos, variables e prazos en Macroeconomía

Tema 2 Medición en Macroeconomía

Tema 3 Modelo de produción e distribución da Renda Nacional


Bloque II - O LONGO E MEDIO PRAZO Tema 4 Modelo neoclásico de crecemento económico

Tema 5 Economía das ideas e outros factores de crecemento

Tema 6 Diñeiro e inflación

Tema 7 A restrición orzamentaria do sector público

Tema 8 O mercado de traballo e o paro
Bloque III - O CURTO PRAZO Tema 9 Os mercados de bens e financeiros. Modelo IS-PM

Tema 10 Paro, inflación e o modelo OA-DA

Tema 11 Flutuacións. A crise económica actual
Bloque IV - A ECONOMÍA INTERNACIONALIZADA Tema 12 Tipos de cambio

Tema 13 O modelo de economía aberta

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 60 90 150
Solución de problemas 5 7.5 12.5
Traballos tutelados 1.5 15 16.5
Presentación oral 3 4.5 7.5
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase maxistral complementada con material didáctico colgado na plataforma
Moodle: diapositivas que resumen os contidos explicados en clase e
lecturas de apoio.
Solución de problemas Resolución dos problemas colgados en Moodle, semellantes aos que poden pedirse no exame.
Traballos tutelados Traballo de carácter voluntario. Ver en Moodle o documento "Contido e metodoloxía dos traballos de carácter voluntario".
Presentación oral Os traballos voluntarios entregaranse por escrito e tamén se presentarán en clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ver documento en Moodle "Contido e metodoloxía dos traballos voluntarios"

Obxectivos:
I. Manexar unha fonte de datos estatísticos e excel.
II. Reflexionar sobre un fenómeno: formular unha pregunta.
III. Estudar un capítulo dun dos libros recomendados en Macroeconomía II, o que será útil tamén para o exame.
IV. Sintetizar posibles respostas á pregunta consultando 2-3 artigos (para un traballo individual).

Fases:
1) Preproxecto e 1º xuntanza co profesor.
2) Proxecto.
3) Guión e 2ª xuntanza co profesor.
4) Investigación final, redacción e entrega.
5) Exposición.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Puntuación máxima se o traballo é de alta calidade 1
Presentación oral Exposición do traballo 0.5
 
Observacións avaliación
O exame constará de dúas partes.

A primeira será tipo test, con penalización por resposta errónea. Nalgunhas preguntas pode haber un espazo para que faga explícitos os cálculos ou detalles sobre a resposta.

A segunda parte terá catro preguntas A ESCOLLER TRES delas. Serán preguntas teóricas de relacionar ideas ou problemas. O ESPAZO DE RESPOSTA ESTARÁ LIMITADO, pense no que se lle pregunta exactamente. Ver o documento colgado en Moodle "Normas para a realización dun exame".

Recoméndase acudir a titorías para resolver calquera dúbida.


- TELÉFONO:

981 167 000 - Ext. 4402


- DESPACHO:

Entrechán, corredor detrás dos ascensores, fronte ao decanato. (Área pertencente á administración da antiga Escola de Empresariais).


- HORARIOS DE TITORÍA:
Luns: de 10.00 a 11.30 h.
Martes: de 10.00 a 11.30 h.
Mércores: de 10.00 a 10.30 e de 11.30 a 14.00 h.


Fontes de información
Bibliografía básica Blanchard, Olivier (varias edicións). Macroeconomía. Prentice Hall
Jones, Charles I. (2009). Macroeconomía. Antoni Bosch
Makiw, N. Gregory (varias edicións ). Macroeconomía . Antonio Bosch

Estes son os tres manuais nos que se basea a asignatura. Pode utilizar calquera deles, pero teña en conta que cada tema pode basearse máis nun manual distinto e coller contidos de outro, como se indicará.

No documento colgado en Moodle "Contido e metodoloxía dos traballos voluntarios" pode atopar unha táboa de correspondencias entre os temas da asignatura e os capítulos destes tres libros.

Bibliografía complementaria Warsh, David (2008). El conocimiento y la riqueza de las naciones. Antonio Bosch
Easterly, William (2003). En busca del crecimiento. Antonio Bosch
Jones, Charles I. (2000). Introducción al crecimiento económico.. Prentice Hall

Cítanse aquí só tres libros que se utilizarán no bloque II, na teoría do crecemento económico.

Para cada tema colgarase en Moodle un índice analítico (resumindo o tema) e a bibliografía na que se basea.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Macroeconomía I/611111207

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase acudir a titorías para resolver dúbidas. Lembre que o exame vai ser de comprensión, de razoar e relacionar ideas. Esta materia estúdase con esquemas e resumes, facendo unha primeira atacada a todo o temario e volvendo despois atrás para estudar os detalles. O profesor comunícase cos estudantes subscritos á materia en Moodle a través dos seus e-mails da UdC. Para quen non teña costume de visitar a súa conta da universidade, recoméndase que vincule este mail ao da conta que normalmente utilice, vía protocolo POP3 ou semellante (consultar ao servizo de informática). As cualificacións da materia comunicaranse ao teléfono móbil a aqueles subscritos a este servizo nesta asignatura. Tamén se colgarán en Moodle e se enviará un mail de aviso.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías