Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Comunicación multimodal Código 613836051
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Profesorado
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da comunicación multimodal desde unha perspectiva pragmática, baseada na interpretación contextualizada dos diversos recursos en uso. Prestarase especial atención á análise da estrutura, a organización informativa e o uso dos distintos recursos na comunicación multimodal, en distintos ámbitos e para distintos propósitos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer o concepto de multimodalidade da comunicación e as súas implicacións. AI1
AI6
BI3
BI7
CM4
CM6
CM8
Coñecer e saber manexar os requisitos, conceptos e procedementos para a análise dos discursos multimodais. AI1
AI3
AI5
AI7
AI9
AI10
BI2
BI3
BI6
BI7
CM6
Integrar e utilizar as técnicas e ferramentas aportadas por distintas disciplinas e enfoques para analizar os discursos multimodais. Pór en valor a interdisciplinariedade. AI1
AI2
AI3
AI5
AI9
AI10
BI2
BI5
BI7
BI8
BI10
CM3
CM6
CM8
Utilizar ferramentas das tecnoloxías da información e o coñecemento para a análise multimodal dos discursos. BI3
BI5
BI8
CM3
CM8
Coñecer e descubrir novas implicacións e utilidades da análise multimodal do discurso, en distintas áreas e para diversos problemas. AI3
AI6
AI7
BI5
BI7
BI9
CM3
CM6
CM8
Reflexionar e adoptar unha postura crítica ante os produtos semióticos das sociedades, principalmente da contemporánea. AI8
BI2
BI3
BI5
BI6
CM4
CM6
CM8
Enriquecer criticamente os coñecementos xa posuídos sobre análise da linguaxe. AI1
AI2
AI3
AI8
BI1
BI2
BI6
BI7
CM4
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. A comunicación. Linguaxe, modo e recursos semióticos.
2. A comunicación multimodal: definición, características. Conceptos básicos.
3. A(s) análise(s) multimodal(es) da comunicación: enfoques e resultados.
4. Comunicación e tecnoloxía: observacións históricas e contemporáneas.
5. Algunhas conexións: os xéneros discursivos; as narrativas transmedia; as novas alfabetizacións; sociedade e educación...

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 16 16
Sesión maxistral 7 7 14
Obradoiro 6 8 14
Aprendizaxe colaborativa 1 6 7
Prácticas a través de TIC 1 3 4
Traballos tutelados 1 10 11
Proba obxectiva 1 6 7
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O/a estudante disporá dun dosier de lecturas obrigatorias de curso, ademais dunha listaxe de lecturas recomendadas. Os materiais correspondentes a cada tema deberán ser lidos puntualmente polo(a) estudante antes de ser tratados na aula, seguindo as indicacións do profesor.
Sesión maxistral O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia.
Obradoiro Unha grande parte das aulas presenciais responderán á estrutura de obradoiros, con estudos de caso, debates, solución de problemas, etc. Dada a carga horaria dispoñible, tenderán a ser de curta duración, mais serán de gran relevancia na avaliación do(a) estudante.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa terá un papel fundamental: ao longo do curso realizaranse distintas tarefas, estudaranse casos e resolveranse problemas en grupo. Prestarase moita atención á participación do estudante.
Prácticas a través de TIC Unha parte importante das actividades desenvolvidas requerirán a utilización de TIC.
Traballos tutelados O/a estudante realizará un traballo académico individual. O tema será acordado co profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento deste traballo.
Proba obxectiva O/a estudante poderá realizar unha proba obxectiva sobre os contidos da materia para a súa avaliación na segunda oportunidade de xullo. Esta proba terá carácter teórico e práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
O profesor fará un seguimento personalizado do(a) estudante, observando fundamentalmente a súa participación e actividade na aula e o seu desempeño.
Atenderá personalizadamente ao estudante nas titorías, sobre todo para a realización do traballo tutelado. Tanto o/a estudante como o profesor poderán impulsar por iniciativa propia unha titoría individualizada cando o consideren necesario.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
Sesión maxistral Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Traballos tutelados Traballo individual tutelado polo profesor no que o/a estudante aplicará o aprendido na materia. O tema será acordado co profesor. 40
Lecturas Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Prácticas a través de TIC Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
Proba obxectiva O/a estudante só poderá optar por esta posibilidade na segunda oportunidade, en substitución do traballo tutelado. A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. 5
Obradoiro Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
 
Observacións avaliación

As porcentaxes aportadas arriba non responden á distribución real, e deberon ser incluídas por esixencias da aplicación.

A cualificación final do estudante na primeira oportunidade responderá á seguinte distribución:

1. Un 40% responderá ao traballo tutelado individual que debe realizar.

2. Un 45% responderá ás actividades e tarefas avaliables encomendadas ao longo do curso (individuais e grupais) e que foran recollidas e puntuadas polo profesor.

3. Un 15% responderá á participación do estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, tanto nas aulas presenciais como no traballo fóra delas.

4. Recibirá a cualificación de Non Presentado quen non entregara o traballo tutelado nin o 50% ou máis das tarefas avaliables encomendadas.

Quen non superara a materia, disporá dunha segunda oportunidade no mes de xullo. O/a estudante ten dúas opcións:

Opción A. Realizar os traballos e actividades non entregados ou non superados na primeira oportunidade: pode ter que realizar as mesmas ou unhas substitutivas que lle indicará o profesor. A distribución porcentual para obter a cualificación final será igual á da primeira oportunidade.

Opción B. Realizar as actividades non entregadas ou non superadas na primeira oportunidade (45%), e unha proba obxectiva (na data oficial establecida) que substitúe ao traballo tutelado (40%).

Nas dúas opcións, se o/a estudante ten suspensa a parte de participación (15%), esta non computará e cada unha das outras dúas pasará a contar un 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica

Jewitt, Carey (ed.) (2009). The Routledge Handbook of Multimodal Analysis. London & New York: Routledge.

Kress, Gunther (2005 [2003]). El alfabetismo en la era de los nuevos medios de comunicación. Málaga: Enseñanza Abierta de Andalucía.

Kress, Gunther (2010a). "A social semiotic multimodal approach to human communication: implications for speech, writing and applied linguistics". En Rosario Caballero Rodríguez & Mª Jesús Pinar Sanz (eds.). Ways and Modes of Human Communication (= Colección Estudios; 129), Cuenca, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha & Asociación Española de Lingüística Aplicada, 77-92.

Kress, Gunther R. (2010b). Multimodality: a social semiotic approach to contemporary communication. London & New York: Routledge.

Kress, Gunther & Theo van Leeuwen (2001 [1996]). Reading Images: The Grammar of Visual Design. London & New York: Routledge. [Nova edición anunciada para 2015].

O'Halloran, Kay L. & Bradley A. Smith (eds.) (2011). Multimodal studies: exploring issues and domains. New York & London: Routledge.

Royce, Terry D. & Wendy L. Bowcher (eds.) (2007). New Directions in the Analysis of Multimodal Discourse. Mahwah, NJ & London: Lawrence Erlbaum Associates.

Carrera, F. (2013). Comunicar 2.0. El arte de comunicar bien en el siglo XXI. Barcelona: Profit.

Cassany, Daniel (2012). En_línea: leer y escribir en la red (= Argumentos; 441). Barcelona: Anagrama.

Hagen, Rose-Marie & Rainer Hagen (2010). Los secretos de las obras de arte: del tapiz de Bayeux a los murales de Diego Rivera, 2 vols. Köln: Taschen GmbH.

Kress, Gunther (2005). “Gains and Losses: new forms of texts, knowledge and learning”, Computers and Composition, 22, 5-22.

Kress, Gunther & T. van Leeuwen (2001). Multimodal Discourse. The Modes and Media of Contemporary Communication. London: Arnold.

Kress, Gunther & J. Bezemer (2009). Writing in a Multimodal World of Representation.The Sage Handbook of Writing Development. London: Sage.

Levine, Philip & Ron Scollon (eds.) (2004). Discourse and Technology: Multimodal Discourse Analysis (= Georgetown University Round Table on Languages and Linguistics). Washington, D.C.: Georgetown University Press.

Manghui, Dominique (2011). “La perspectiva multimodal sobre la comunicación. Desafíos y aportes para la enseñanza en el aula”, Revista Electrónica Diálogos Educativos, 22. URL: http://www.umce.cl/dialogoseducativos/n22/manghi.

O'Halloran, Kay L. (ed.) (2004). Multimodal Discourse Analysis: Systemic-Functional Perspectives (= Open Linguistics Series). London & New York: Continuum.

Scolari, Carlos Alberto (2013). Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan. Bilbao: Deusto Ediciones.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para que o estudante aproveite mellor esta materia, é importante que:
1. asista ás aulas regularmente;
2. faga as lecturas de curso encomendadas antes de que sexan tratadas nas aulas;
3. participe activa e criticamente nas aulas expoñendo as súas ideas e dúbidas, ademais de escoitando e valorando as dos/as outros/as estudantes;
4. traballe colaborativamente cos/as seus/súas compañeiros/as;
5. entregue puntualmente as tarefas encomendadas; e
6. acuda ao profesor para aquelas dúbidas que precisen unha atención máis individualizada.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías