Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada. |
AI1 AI6
|
|
|
Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia, asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística...). |
AI7
|
|
|
Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística especializada. |
AI8
|
|
|
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.) |
AI9
|
|
|
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
|
|
BI2
|
|
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |
|
BI7
|
|
Capacidade dos estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |
|
BI8
|
|
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. |
|
BI10
|
|
Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
|
CM1
|
Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
CM3
|
Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
CM4
|
Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
CM6
|
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
|
CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A comunicación e os seus tipos |
1.1. Comunicación e linguaxe: a comunicación humana
1.2. Comunicación oral e escrita
1.3. Comunicación oral primaria e secundaria |
2. A comunicación face a face |
2.1. Comunicación verbal e non verbal
2.2. Caracterización xeral dos textos orais
2.3. A oralidade informal. Análise da conversación |
3. A comunicación oral en contextos formais |
3.1. Aspectos pragmáticos: texto e contexto
3.2. Tipoloxía de textos orais formais
3.3. O uso da lingua na oralidade formal |
4. As intervencións e presentacións orais públicas |
4.1. Preparación e técnicas de execución
4.2. Adecuación ao contexto comunicativo
4.3. O papel dos recursos tecnolóxicos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
10 |
0 |
10 |
Traballos tutelados |
2 |
16 |
18 |
Lecturas |
1 |
15 |
16 |
Obradoiro |
7 |
7 |
14 |
Presentación oral |
1 |
5 |
6 |
Discusión dirixida |
7 |
0 |
7 |
|
Atención personalizada |
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e elixido entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. |
Presentación oral |
Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Discusión dirixida |
O alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre un tema relacionado coa materia, baixo a coordinación dun moderador ou moderadora. Entre os temas de discusión incluiranse diversos aspectos das lecturas obrigatorias, segundo a distribución feito polo profesor. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
Os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais serán avaliados de forma oral nos obradoiros desenvolvidos na aula. |
10 |
Discusión dirixida |
Valorarase nomeadamente a participación activa nas discusións e a calidade das intervencións, tamén no relativo ás lecturas obrigatorias. |
10 |
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos orais, estudo de fontes documentais etc.). |
15 |
Lecturas |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. |
15 |
Traballos tutelados |
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. |
20 |
Presentación oral |
Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Segunda oportunidade (xullo)As persoas que non superaren a materia após asistiren regularmente ás aulas e realizaren un 60% das actividades propostas, deberán repetir unicamente aquelas actividades non superadas. Nos casos restantes, serán avaliadas pola realización dos traballos tutelados propostos polo profesor (100% da cualificación).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Koch, Ingedore G. Villaça (1992). A inter-ação pela linguagem . São Paulo: Contexto
Kerbrat-Orecchioni, Catherine (2006). Análise da conversação. Princípios e métodos. São Paulo: Parábola
Merayo, Arturo (2012). Curso práctico de técnicas de comunicación oral. Madrid: Tecnos
Hernández Guerrero, José Antonio & García Tejera, María del Carmen (2004). El arte de hablar. Manuel de Retórica Práctica y de Oratoria Moderna. Barcelona: Ariel
Morales, Carlos Javier (2007). Guía para hablar en público . Madrid: Alianza
Câmara, J. Matosso (1986). Manual de Expressão Oral & Escrita. Petrópolis: Vozes
Regueira Fernández, Xosé Luís (2012). Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI. A Coruña: Real Academia Galega
Ong, Walter (2002). Orality and literacy. New York: Routledge
Studer, Jürg (2000). Oratoria. El arte de hablar, disertar, convencer. Madrid: El Drac
Fernández Rei, Elisa & Regueira, Xosé Luís (eds.) (2008). Perspectivas sobre a oralidade. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega |
|
Bibliografía complementaria
|
Ballenato Prieto, Guillermo (2013). Comunicación eficaz. Teoría y práctica de la comunicación humana. Madrid: Pirámide
Verderker, Rudolph F. (2000). Comunicación oral efectiva. México: International Thompson
Mosquera Castro, Estefanía (2013). Didáctica da lingua e novos soportes comunicativos. A linguaxe SMS. A Coruña: Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Collard, Gilbert (2012). El arte de hablar en público. Bilbao: Mensajero
Regueira Fernández, X. L. (2013). Estándar oral e modelos de lingua. A letra miúda 2 (http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php?art=art2_n2.html)
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2006). Gramática da lingua galega IV. Gramática do texto. Vigo: A Nosa Terra
López Viñas, Xoán et al. (2010). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Coruña: Baía
Davis, Flora (2011). La comunicación no verbal. Madrid: Alianza
Freixeiro, Xosé Ramón & Ríos, Marisol & Filloy, Lucía (eds.) (2008). Lingua e Comunicación. IV Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Universidade da Coruña
Estrela, Edite et al. (2004). Saber Escrever Saber Falar . Lisboa: Dom Quixote
Domínguez Dapena, Cristina (2004). Técnicas de expresión oral. O uso expresivo da voz. Vigo: Galaxia |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|