Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Literatura Inglesa 1 Código 613G01010
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Estévez Saá, José Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.estevez.saa@udc.es
Profesorado
Arias Fernández, Mario
Cabarcos Traseira, Maria Jesus
Estévez Saá, José Manuel
Correo electrónico
mario.arias@udc.es
maria.jesus.cabarcos@udc.es
jose.manuel.estevez.saa@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ofrece unha visión panorámica e contextualizada da literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII. Estúdanse obras literarias de diversos xéneros e estilos en lingua inglesa e analízanse diferentes aspectos das obras estudiadas aplicando fundamentos básicos da crítica literaria.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir unha visión diacrónica da literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII. A7
B3
B7
B8
C2
Ler na versión orixinal inglesa obras literarias de diversos xéneros e estilos. A6
A7
B6
C2
Analizar diferentes aspectos das obras estudiadas aplicando fundamentos básicos da crítica literaria. A1
A2
A6
A7
A15
B7
C2
C4
Elaborar, individualmente ou en grupo, traballos escritos de diversa índole en lingua inglesa. A1
A6
A9
A15
B2
B4
B6
B7
C2
C4
Expoñer, oralmente e / ou por escrito, ideas, opinións e interpretacións críticas razoadas. A2
A6
B4
B6
C2
Manexar a lingua inglesa con corrección tanto de forma oral como escrita nas actividades do curso. A6
B4
C2
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Que é a literatura? Que é a literatura inglesa?

1.1. O canon da literatura inglesa
1.2. Periodización.
2. Introducción á historia da literatura inglesa anterior ao século XI.
2.1. Contexto sociocultural.
2.2. Literatura oral e manuscritos.
2.3. Poesía épica e elexíaca.
2.4. Prosa e traduccións.
Lecturas:
- Fragmentos de Beowulf
- Fragmentos de “The Dream of the Rood”.
3. Literatura inglesa medieval. 3.1. Contexto sociocultural.
3.2. Autoría.
3.3. Institucións culturais.
3.4. Conflicto lingüístico.
Lectura:
- Selección de lírica medieval.
4. Chaucer e os seus contemporáneos. 4.1. Gower e o poeta Gawain.
4.2. Geofrey Chaucer e asúa obra.
Lectura:
- Fragmentos do “Prólogo" de The Canterbury Tales, obra de Geoffrey Chaucer.
5. O teatro relixioso inglés. 5.1. Orixes do teatro inglés.
5.2. Misterios medievales y moralidades.
Lectura:
- Fragmentos de Everyman.
6. A lírica inglesa dos séculos XIV e XV. 6.1. Poesía lírica medieval.
6.2. Amor cortés.
6.3. Romances medievais.
7. Poesía do século XVI. 7.1. Introducción: Humanismo, mecenazgo e a corte.
7.2. O soneto e as secuencias de sonetos.
7.3. Wyatt e Surrey.
7.4. Sidney, Spenser e Shakespeare.
Lecturas:
- Selección de sonetos de Sidney, Spenser e Shakespeare.
8. O teatro isabelino. 8.1. O teatro isabelino: edificacións, convencións e tipo de obras.
8.2. Christopher Marlowe e William Shakespeare.
Lecturas:
- William Shakespeare, Hamlet.
9. A poesía metafísica. 9.1. Poetas metafísicos e "cavalier".
9.2. John Donne e Andrew Marvell.
Lecturas:
- Selección de poemas de John Donne e Andrew Marvell.
10. A prosa do século XVII. 10.1. Prosa relixiosa.
10.2. Autobiografía e diarios.
10.3. Libros de viaxe.
Lecturas:
- Fragmentos do Diario de Samuel Pepys.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 14 0 14
Lecturas 0 45 45
Sesión maxistral 21 0 21
Traballos tutelados 0 45 45
Seminario 7 14 21
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Nunha materia de literatura, o debate é unha ferramenta indispensable para a profundización e a asimilación dos contidos, para o contraste de ideas e interpretacións. Pode ter lugar ocasionalmente na clase en conxunto nas horas de D.E. (docencia expositiva) ou en grupos pequenos nas de T.G.R. (titorización de grupos reducidos) pero principalmente será a metodoloxía arredor da que se estructuren as horas asignadas a D.I. (docencia interactiva).
Lecturas Para unha materia de literatura é esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. En Literatura Inglesa I, o calendario de estudo de documentos e lectura de textos (maioritariamente) literarios darase a coñecer tanto na clase como na plataforma moodle. É igualmente responsabilidade de cada estudante estar ao tanto das posibles modificacións relativas tanto ao temario como ao desenvolvemento da materia.
Sesión maxistral Nas horas asignadas a D.E., o profesor exporá os contidos teóricos relativos á literatura inglesa dende as súas orixes ata finais do século XVII, así como os conceptos básicos cos que se van analizar. Todos estes contidos desenvolveranse despois nas clases de D.I. e T.G.R.
Traballos tutelados Individualmente e en grupos pequenos, o alumnado deberá levar a cabo traballos de tipo diverso (resumos, análises, etc.) que se farán, maioritariamente, en horario lectivo. Fóra da aula, cada estudante deberá realizar tarefas previas, como por exemplo, as lecturas, pero poderá tamén levar a cabo procesos de revisión e edición, etc.
Seminario Nas horas adicadas a T.G.R. profundizaremos na discusión e exposición oral e escrita, de xeito razoado, como corresponde a este entorno académico, das interpretacións xeradas polas lecturas e a aprendizaxe levada a cabo nas clases de D. I.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
Nos seminarios desenvolveranse actividades en grupos reducidos ou individuais. O profesorado supervisará o traballo de cada estudante durante estas actividades especialmente.

Recoméndase que cada estudante utilice as horas de titoría para profundizar en calquera cuestión relacionada coa materia e que alomenos acuda a unha titoría individual durante o curso para discutir o seu progreso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida A asistencia regular ás clases contará ata un 5%, mais o profesorado valorará o compromiso diario de cada estudante coa súa aprendizaxe ata un 20%. Para esto, terase en conta a contribución activa e o rendimento de cada estudante nos exercicios individuais e/ou en grupo, orais e/ou escritos, e a atención prestada ás explicacións por parte do profesorado e do resto do alumnado. 20
Sesión maxistral Ademáis de nos traballos e actividades feitos ao longo do curso e avaliados nas outras categorías, cada estudante terá que amosar o seu dominio dos contidos e destrezas definidos para esta materia nunha proba escrita a se realizar na data oficial do exame final. Deberase obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 (nunca menos de 1,75 sobre 5 en ningunha das dúas partes da proba) para que a nota resultante poida ser sumada á obtida no resto das actividades avaliables. 50
Traballos tutelados Englóbanse nesta categoría todas aquelas actividades individuais ou grupais realizadas na clase ou fóra dela e que se anuncien como puntuables: resumos, análises de texto, revisións, etc. Terán lugar, principalmente, nas clases de T.G.R., polo que todas serán cuidadosamente supervisadas polo profesorado. 30
 
Observacións avaliación
  • Obterase una calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.
  • A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 1) unha proba escrita (co
    mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na oportunidade de xuño) que avaliará o dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota; 2) as actividades que se especifiquen no seu momento, que se deberán entregar, como moi tarde, no momento do exame final, e que contarán o outro 50% da nota.
  • O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar, en cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante ás porcentaxes de "Discusión dirixida" e "traballos tutelados".
  • O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma
    para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos
    mesmos.


Fontes de información
Bibliografía básica

Lecturas obrigatorias:

- Fragmentos de Beowulf.

- Fragmentos de “The Dream of the Rood”.

- Selección de lírica medieval.

- Fragmentos do “Prólogo” a The Canterbury Tales de Geoffrey Chaucer.

- Fragmentos de Everyman.

- Sonetos de Sidney, Spenser e Shakespeare.

- William Shakespeare, Hamlet.

- Selección de poemas de John Donne e Andrew Marvell.

- Fragmentos do Diary de Samuel Pepys.

Ao comezo de curso porase ao dispor do alumnado unha copia das lecturas obrigatorias (en Reprografía, en Moodle, ou na clase), coa excepción da obra Hamlet de Shakespeare, que cada estudante deberá conseguir pola súa conta. Esta copia deberá ser na súa versión orixinal e completa, e calquera edición que cumpra estas características (ex., Oxford University Press, Penguin, Longman, Cambridge UP, entre outras). Pódese utilizar unha edición bilingüe para a lectura, mais todas as alusións feitas á obra en discusións orais / escritas deberanse referir á versión inglesa.

Bibliografía complementaria

Recursos impresos:

Abrams, M. H., et. al., gen. ed., The Norton Anthology of English Literature. 2 vols. 7th ed. New York: Norton, 2000.

Alexander, Michael. A History of English Literature. London: Macmillan, 2000.

Blamires, Harry. A Short History of English Literature. London: Routledge, 1984.

Beadle, Richard, ed. The Cambridge Companion to Medieval English Theatre. Cambridge: Cambridge University Press, 1994.

Burrow, J. A.  Middle English Literature. Oxford: Blackwell, 2004.

Carter, Ronald and John McRae, The Routledge History of Literature in English. Britain and Ireland. London & New York: Routledge, 1998.

Clanchy, M. T. From Memory to Written Record: England 1066-1307. Oxford: Blackwell, 1992.

Ford, Boris, ed. The Pelican Guide to English Literature. 8 vols. Harmondsworth: Penguin, 1988.

Godden, Malcolm, and Michael Lapidge, eds. The Cambridge Companion to Old English Literature. Cambridge: Cambridge University Press, 1991.

MacLean, Gerald, ed. Culture and Society in the Stuart Restoration: Literature, Drama, History.Cambridge: Cambridge University Press, 2008.

Ousby, Ian. The Cambridge Guide to Literature in English. Cambridge: Cambridge University Press, 1983.

Rogers, Pat, ed., The Oxford Illustrated History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994.

Sanders, Andrew. The Short Oxford History of English Literature. Oxford: Oxford University Press, 1994.

Recursos na rede:

- English Literature: http://www.lang.nagoya-u.ac.jp/~matsuoka/EngLit.html#Medieval

- Luminarium. Anthology of English Literature: http://www.luminarium.org/lumina.htm

- Medieval England: http://www8.georgetown.edu/departments/medieval/labyrinth/subjects/british_isles/england/england.html

- The Cambridge History of English and American Literature: http://www.bartleby.com/cambridge/

- The Norton Anthology of English Literature: www.wwnorton.com/nael/

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Literatura Inglesa 2/613G01017

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005
Lingua Inglesa 2/613G01008

Materias que continúan o temario
Lingua Inglesa 1/613G01003

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías