Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer os principais autores e obras da literatura medieval española, percibindo as súas características e os elementos que permiten integralos nun mesmo período
|
A3 A5 A10 A11 A16 A17 A18
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3
|
Ser quen de analizar e comentar textos significativos do período |
A1 A2 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B10
|
C1 C3 C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución. |
Cuestións previas. Características xerais da Idade Media e da literatura medieval española |
2. Da lírica tradicional á poesía de cancioneiro
|
Jarchas e lírica tradicional. Características
A poesía cancioneril: panorama xeral.
Marqués de Santillana: estudo da súa obra
Jorge Manrique: estudo da súa obra |
3. A épica medieval española. |
A épica española e as súas características. Ciclos épicos
Estudo do "Cantar de Mio Cid" |
4. O Romanceiro |
Os romances vellos: o problema da súa orixe. Clasificación, temas, características.
|
5. Do mester de clerecía ao Libro de Buen Amor |
O mester de clerecía: problemas, textos e autores.
Gonzalo de Berceo: estudo dos seus "Milagros"
Juan Ruiz e o "Libro de Buen amor": principais problemas.
|
6. Formas dramáticas e semidramáticas no Medievo. |
Teatro e espectáculo na Idade Media. Panorama xeral.
O "Auto de los Reyes Magos". Outras producións |
7. A prosa na Idade Media |
Panorama xeral: de Alfonso X ao século XV. Principais tipos prosísticos e evolución.
Don Juan Manuel: estudo do "Libro del Conde Lucanor"
A prosa de fición sentimental: aproximación a Diego de San Pedro e a "Cárcel de amor" |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
15 |
7 |
22 |
Proba mixta |
3.5 |
12 |
15.5 |
Obradoiro |
21 |
10 |
31 |
Traballos tutelados |
0 |
20 |
20 |
Lecturas |
5 |
52 |
57 |
Actividades iniciais |
0.5 |
0 |
0.5 |
|
Atención personalizada |
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas clases expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de ofrecer panoramas xerais sobre as etapas da Idade Media e sobre os distintos ámbitos literarios. A exposición do profesor apoiarase sempre na lectura e análise dos textos literarios, e a intervención pertinente dos alumnos que o consideren. |
Proba mixta |
Proba na que se busca que respondan por escrito, de xeito completo e coherente, a preguntas de certa amplitude; valorarase especialmente a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e espírito crítico. Combinará a teoría e a praxe, de maneira que o estudante aplique as nociós teóricas adquiridas a análise de cuestións referidas aos textos de lectura. |
Obradoiro |
Coa finalidade de aprofundar no estudio das obras, que han ser previamente lidas polos estudantes, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.). |
Traballos tutelados |
Traballo tutelado polo profesor da asignatura para promover a aprendizaxe autónoma (versará sobre algún aspecto relacionado co programa). Desenvolverase de acordo cas pautas establecidas e axustarase as características formales marcadas.
|
Lecturas |
As lecturas das obras literarias son o eixo sobre o que pivota esta materia, non so dos textos fundamentais que se estudan, senon tamén de artículos críticos e bibliografía complementaria. |
Actividades iniciais |
Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Actividades iniciais |
Lecturas |
Traballos tutelados |
Obradoiro |
|
Descrición |
O alumno poderá sempre, se for preciso, requerir a atención personalizada do profesor, tanto nas sesións adicadas a obradoiro como nas horas de titoría semanais que a profesora ten asignadas. Os traballos tutelados requeriran, polo menos, de dúas titorías coa profesora antes da súa entrega. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
Avaliarase a orixinalidade, correcta estructuración de contidos, corrección expositiva, calidade e profundidade da análise así como a súa correcta presentación e logro dos obxectivos propostos. Valorarase a capacidade de relación co visto na aula; axustaranse as normas de presentación que se establezan. |
30 |
Proba mixta |
En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantexarán varias preguntas centradas na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lectura e nas que o estudante ha aplicar os coñecementos teóricos adquiridos ao tempo que demostra que leu os textos.
|
50 |
Obradoiro |
Na aula realizaranse diferentes actividades nos obradoiros e algunha delas será obxecto de avaliación |
20 |
|
Observacións avaliación |
Só se aceptarán traballos e actividades que se entreguen nas datas
establecidas, en soporte de papel e seguindo as normas para a entrega de
traballos escritos que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar
a materia sen ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 na proba
mixta. Na segunda oportunidade (xullo), o alumno realizará a proba mixta,
que contará o 50% da nota, e o traballo tutelado, ao que se asigna
en xullo o 50% restante da avaliación e que entregará na mesma data fixada oficialmente para o día do exame. MOI IMPORTANTE: O alumno será avaliado
e calificado sempre que acuda ao exame; recibirá a cualificación de
"NON PRESENTADO" cando non acuda. O alumno con dispensa de asitencia a
clase recoñecida poderá ter asistencia personalizada para
a realización das diversas actividades durante o curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
MONTANER FRUTOS, Alberto (ed.) (2011). Cantar de Mio Cid. Madrid, Real Academia Española
PARRILLA, Carmen (1995). Diego de San Pedro, "Cárcel de amor". Barcelona, Crítica
BELTRAN, Vicenç (2013). Jorge Manrique, "Poesía". Madrid, RAE
PÉREZ PRIEGO, Miguel Ángel (1999). Marqués de Santillana, "Poesía lírica". Madrid, Castalia
Di SETEFANO, Giuseppe (ed.) (2010). Romancero. Madrid, Castalia |
Son estas as obras completas de lectura obligatoria, as que se engadirá a selección de textos que facilite a profesora [lírica
tradicional, mester de clerecía, "Libro de Buen Amor", prosa histórica,
prosa didáctica, teatro, etc.] e artigos críticos. |
Bibliografía complementaria
|
CANAVAGGIO, Jean (1994). Historia de la literatura española. Madrid: Gredos
DÍEZ BORQUE, José María (dir.) (1980). Historia de la literatura española. Madrid: Taurus
DEYERMOND, Alan (1995). Historia de la literatura española I. La Edad Media. Barcelona: Ariel
MEREGALLI, Franco (coord.) (1990). Historia de la literatura española. 1. Desde los orígenes al siglo XVII. Madrid: Cátedra
LACARRA, Mª Jesús y Juan Manuel CACHO BLECUA (2012). Historia de la literatura española. I. Entre oralidad y escritura: la Edad Media. Crítica: Barcelona
MENÉNDEZ PELÁEZ, Jesús (1993). Historia de la litertura española. Edad Media. León: Everest
GÓMEZ REDONDO, Fernando (2012). Historia de la prosa de los Reyes Católicos: el umbral del Renacimiento. Madrid: Cátedra
GÓMEZ REDONDO, Fernado (1998-2002). Historia de la prosa medieval castellana. Madrid: Cátedra
RICO, Francisco (coord) (1981). Historia y crítica de la literatura española. Barcelona: Crítica
RICO, Francisco (coord) (1991). Historia y crítica de la literatura española. Edad Media. Primer suplemento. Barcelona: Crítica
LÓPEZ ESTRADA, Francisco (1987). Introducción a la literatura medieval española. Madrid: Gredos
RODRÍGUEZ CACHO, Lina (2009). Manual de Historia de la literatura española. 1. Siglos XIII al XVII. Madrid: Castalia
PEDRAZA JIMÉNEZ, Felipe B. y Milagros RODRÍGUEZ CÁCERES (1981). manual de literatura española. Edad Media. Pamplona: Cénlit |
Ofrécese só a referencia de distintas historias da literatura; para cada tema se entregará un guión e unha bibliografía |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|