Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Literatura Española do Século de Ouro 1 Código 613G01023
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.josefa.martinez@udc.es
Profesorado
Martinez Lopez, Maria Josefa
Correo electrónico
maria.josefa.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta manteria é ampliar o estudo de autores e obras dos séculos XVI e XVII, completando o panorama básico ao que alumno accedeu na materia Literatura Española de 2º de Grao. A materia ocupase da poesía e do teatro dos séculos XVI e XVII, con un enfoque hitórico-filoloxíco. Preténdese desenvolver a capacidade de lectura comprensiva e crítica e a capacidade de relacionar os aspectos históricos, culturais e estéticos. Asimesmo, preténdese que o estudande adquira o dominio técnico da analise de textos literarios dos séculos XVI e XVI, a capacidade de comunicación (síntese e análise) e a correcta expresión lingüística, oral e escrita, en castelán.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. A7
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
A3
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico B7
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4

Contidos
Temas Subtemas
1.Introducción aos séculos XVI y XVII
1. Contexto sociohistórico
2. Contexto literario
2. A poesía nos séculos XVI y XVII 1. Xéneros, metros e autores
2. Soneto
3. Canción
4. Égloga e epístola
5. Octava e silva
6. Outros
3. O teatro nos séculos XVI y XVII 1. Coordenadas da Comedia Nueva
2. Fórmula da Comedia Nueva
3. Xéneros
4. Comedia
5. Traxedia
6. Xéneros breves.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 60 60
Aprendizaxe colaborativa 15 5 20
Proba mixta 3 20 23
Sesión maxistral 21 0 21
Traballos tutelados 0 20 20
Actividades iniciais 3 0 3
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O estudante terá que realizar ao longo do cuadrimestre as lecturas relactivas ás fontes primarias e segundarias da materia. A lectura das obras deberá estar finalizada con antelación ao momento no que comece a súa explicación nas aulas de aprendizaxe colablrativo. As lecturas deberán facerse nas edicións recomendades na bibliografía. Proporcionarase ao estudante unha selección de textos de bibliografía segundaria para a contextualización dos temas.
Aprendizaxe colaborativa Ao non existir na nomencaltura da guía a correspondente á disciplina filolóxica de comentario de texto literario, adoptase esta denominación. Semanalmente haberá unha sesión interactiva na que se realizarán actividades relativas á aplicación metodolóxica do comentario de texto literario aplicado aos textos obxectos da materia. Para realizar esta actividade, o estudante deberá ter traballado previamente o texto proposto para a análise de xeito a poner en común os resultados do seu traballo.
Proba mixta Na data oficial marcada polo Centro, o estudante realizará unha proba na que desmostrará os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso.
Sesión maxistral Haberá unha sesión maxistral por semana de noventa minutos de duración. LA responsabilidade desta sesión recae sobre a profesora. Os obxectivos das sesións serán a exposición dos rasgos máis salientables para os periodos literarios abordados dos xenéros e autores estudados.
Traballos tutelados Partindo das obrase dos autores obxecto da materia, ofrecerase ao estudante unha selección de posibles traballos de diversos tipos. O traballo será individual e a profesora supervisará o desenvolvemento do mesmo en hora de titorías.
Actividades iniciais No primeiro día de aulas os estudantes realizarán individualmente un comentario de texto literario por escrito co fin de determinar o nível xeral e adecuar así a impartición da materia cara a obxectivos de mellora e progreso. Nesta mesma sesión, darase conta das ferramentas metodlóxicas introductorias á materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao longo do cuadrimestre fixaranse as sesións de titorías con cada un dos estudantes para supervisar os traballos en curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo tratará dun tema á proposta do estudante e previamente acordado en titoría coa profesora. Terá unha extensión de 10 de páxinas a 1.5 espazo internliñal. Os criterios de avaliación serán: correcta estruturación do discurso (demostración e razoamiento); corrección léxica, ortográfica e gramatical, así como a correcta presentación. 30
Proba mixta Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do estudante. Os criterios de avaliación serán: adecuación da resposta á pregunta formulada, estrutiuración do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
Para superar a materia, a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
50
Aprendizaxe colaborativa Nestas sesións o estudante deberá demostrar coa súa participación activa que ten traballado os materiais previamente sinalidos pola profesora. Deberán realizarse dous comentarios de textos literarios de poesía por escrito. Os comentarios realizaranse na sesión de Grupo mediano previamente sinalida pola profesora. Un comentario será de poesía do XVI e outro de poesía do XVII. Cada comentario representará un 10% deste exercicio. 20
 
Observacións avaliación

Non haberá control
de lecturas, xa que a súa realización é 
imprescindible para a adquisición dos contenidos teóricos e prácticos;
así como para as aplicación metodolóxicas da materia. 

Os traballos encomendados
ao estudante: dous comentarios literarios e un trabalollo de curso titorizado. Os
comentarios realizaranse en clase na data indicada con antelación pola
profesora. 

O traballo titorizado entregarase o día indicado pola profesora con antelación suficiente respecto do exame da proba mixta, fixado
pola Facultade. Calquera indicio de copia ou de plaxio da totalidade ou de
parte de traballos alleos, especialmente dos que figuran en internet, conlevará
a cualificación de cero. 

Aqueles alumnos que non superen a materia na convocatoria
de xaneiro, terán que reelaborar na segunda oportunidade de xullo as
actividades cuxos resultados teñan sido insatisfactorios. Manteranse as calificacións
das actividades non reelaboradas. As porcentajes das actividades seguirán a ser
as arriba indicadas. Os alumnos que non teñan realizado as actividades ou non
se teñan presentado á proba mixta en xaneiro, presentaranse na segunda
oportunidade de xullo consonte ao sistema de avaliación seguinte: proba mixta
(50%); 2 comentarios poesía (20%); 1 traballo (30%). Serán calificados en xaneiro
con Non Presentado (N.P.) só aqueles estudantes que non se presenten á proba
mixta e non realicen o traballo titorizado. 

O alumnos aos que se lles teña
concedida a dispensa académica terán que realizar as mesmas actividades que o
restante dos da aula (dous comentarios, un traballo titorizado e unha proba
mixta), xa que non se reserva ningunha porcentaxe da avaliación á asistencia e
participación na aula. ­­­­


Fontes de información
Bibliografía básica

Lecturas obrigatorias

Garcilaso de la Vega, Obras completas con comentario, E. Rivers ed., Madrid. Castalia, 2001/Obra poética y textos en prosa, ed. B. Morros, Barcelona, Crítica, 1995.

Góngora, Luis de, Fábula de Polifemo y Galatea, ed. de Jesús Ponce Cárdenas, Madrid, Cátedra, 2010 / Fábula de Polifemo y Galatea y selección de poemas incluida en el t. II de la ed. de Dámaso Alonso Góngora y el Polifemo, (Gredos) / Antología poética, ed. de A. Carreira (Castalia Didáctica), Poesía selecta, ed. A. Pérez Lasheras y J. M. Micó (Taurus).

Calderón de la Barca, Pedro, La vida es sueño, ed. J, Ruano de la Haza, Madrid, Castalia, 1994/ E. Rodríguez, Madrid, Espasa-Calpe, 2000.

Lope de Vega, La dama boba, ed. D. Marín, Madrid, Castalia, 2000; Las bizarrías de Belisa, ed. E. García, Madrid, Cátedra, 2004.

Bibliografía complementaria (). .

Historias da literatura española:

Alberich, J. et alii, Historia de la literatura española, Madrid, Cátedra, 1990.

Alborg, J.L., Historia de la literatura española, Madrid, Gredos, 1966-1999.

Canavaggio, J., Historia de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1994-1995.

Díez Borque, J.M., Historia de la literatura española, Madrid, Taurus, 1980.

García de la Concha, V., Historia de la literatura española, Madrid, Espasa-Calpe, 1995-1998.

Jones, R.O., Historia de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1977.

Pedraza Jiménez, F. y M. Rodríguez Cáceres, Las épocas de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1997.

Pedraza Jiménez, F. y M. Rodríguez Cáceres, Manual de literatura española, Tanfalla, Cénlit, 1980-2000.

Rodríguez Cacho, L., Manual de historia de literatura española, Madrid, Castalia, 2009.

Herramientas para el análisis literario:

Azaustre Galiana, A. y J. Casas Rigall, Manual de retórica española, Barcelona, Ariel, 1997.

García Barrientos, J.L., Como se comenta una obra de teatro, Madrid, Síntesis, 2001.

Jauralde Pou, P., E. Varela Merino y P. Moíño Sánchez, Manual de métrica española, Madrid, Castalia, 2005.

Luján Atienza, A., Como se comenta un poema, Madrid, Síntesis, 1999.

Navarro Durán, R., La mirada al texto. El comentario de textos literarios, Barcelona, Ariel, 1995.

Quilis, A., Métrica española, Barcelona, Ariel, 1994.

Pujante, D., Manual de retórica, Madrid, Castalia, 2003.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase ao estudante a asistencia ás aulas e a súa participación para poder preparar a materia de xeito progresivo. É fundamental comezar coa lectura das obras o antes posible para poder acadar o maior aproveitamento posible tanto nas sesións expositivas como nas interactivas. Lémbrase que para superar a materia é imprescindible o uso correcto do idioma tanto oral como escrito: ortografía, puntuación, corrección sintáctica e gramatical.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías