Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Historia do Español Código 613G01025
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Perez Pascual, Jose Ignacio
Correo electrónico
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
Profesorado
Perez Pascual, Jose Ignacio
Correo electrónico
jose.ignacio.perez.pascual@udc.es
Web
Descrición xeral Descripción e estudo histórico da lingua española. Evolución interna e externa

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a formación e desenvolvemento da lingua española e dos seus diferentes períodos, con especial atención ás características principais de cada un deles

Contidos
Temas Subtemas
1. Os estudos diacrónicos. Orixe, evolución e metodoloxía do historicismo lingüístico
2. Orixes históricas da lingua española. O castelán entre as linguas románicas
3. Períodos na historia da lingua española 3.1. O español medieval
3.2. O español clásico. Os Séculos de Ouro
3.3. O español moderno. Séculos XVIII y XIX
3.4. O español contemporáneo

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 35 35
Eventos científicos e/ou divulgativos 0 6 6
Sesión maxistral 20 20 40
Portafolios do alumno 4 42 46
Aprendizaxe colaborativa 18 0 18
Proba mixta 2 0 2
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumno realizará, fora da aula, unha serie de lecturas de textos básicos que o profesor lle indicará.
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumno asistirá a unha serie de sesións científicas que o profesor lle indicará.
Sesión maxistral O profesor presentará os aspectos xerais do programa e desenvolverá aqueles apartados que considere de especial dificultade; impartiranse nas sesións xerais de carácter expositivo.
Portafolios do alumno O alumno deberá realizar ao longo do curso toda unha serie de actividades encomendadas polo profesor, que terá que recoller nunha carpeta ou arquivador que presentará o día da proba mixta.
Aprendizaxe colaborativa Nas sesións interactivas e de grupos reducidos procurarase traballar sobre a materia do curso con esta metodoloxía.
Proba mixta Exame final de carácter teórico e práctico no que o alumno deberá demostrar os coñecementos e competencias adquiridas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Eventos científicos e/ou divulgativos
Lecturas
Proba mixta
Descrición
A totalidade das actividades deseñadas son susceptibles de requerir atención personalizada por parte do profesor, especialmente naqueles apartados que deben realizarse fora da aula; con este fin, o alumno debe acudir ás sesións de tutoría no horario establecido.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno O alumno entregará todas as actividades ralizadas ao longo do curso. Valorarase, ademáis da calidade do traballo, o rigor na presentación, a probidade científica e a presentación. 40
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e participación activa nas aulas, así como a realización dalgún traballo menor. 10
Proba mixta Realizarase unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se avaliarán os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para expoñelos. 50
 
Observacións avaliación
Debe terse en conta que a porcentaxe de 10% correspondente á sesión maxistral engloba, en realidade, a valoración da asistencia e participación activa do alumno tanto nas actividades presenciais na aula como nos eventos científicos que se programen. Os diversos traballos e actividades deben ofrecer un axeitado nivel de corrección lingüística, tanto no plano da ortografía como no da redacción (utilización dun rexistro formal, claridade expositiva, emprego correcto da puntuación...).
Calificaráse con "Non presentado" aos alumnos que non realicen a proba ou que non teñan presentado o 50% das actividades que deben realizar dentro ou fora do aula. Na proba mixta debe acadarse unha nota mínima de 4 para superar a materia. Arbitraránse medidas para atender e avaliar aos alumnos con dispensa académica recoñecida.
Na convocatoria de xullo realizaráse unha proba mixta e o alumno haberá de completar aqueles outros apartados (traballo, portafolio, etc.) nos que non tivese acadado previamente o nivel requerido.

Fontes de información
Bibliografía básica

ARIZA, M., Manual de fonología histórica del español, Madrid, Síntesis, 1989. 

CANO AGUILAR, R., coord., Historia de la Lengua Española, Barcelona, Ariel, 2004. 
FRADEJAS RUEDA, J. M., Fonología histórica del español, Madrid, Visor, 1997. 
LAPESA, R., Historia de la lengua española, Madrid, Gredos, 1998. 
LLOYD, P. M., Del latín al español, Madrid, Gredos, 1993. 
MENÉNDEZ PIDAL, R., Gramática histórica española, Madrid, Espasa-Calpe, 1941.
MENÉNDEZ PIDAL, R., Historia de la lengua española, Madrid, Fundación Ramón Menéndez Pidal-Real Academia Española, 2005. 
PENNY, R., Gramática Histórica del español, Barcelona, Ariel, 1993.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cuestións de Historia da Lingua Española/613G01043

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Española 1/613G01001
Lingua Española 2/613G01013
Fonética e Fonoloxía do Español/613G01020

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías