Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Literatura Galega Contemporánea Código 613G01033
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Estudo, a través dos textos, da produción literaria galega do século XX á actualidade.
No actual curso académico, a selección de textos ten como fío condutor o medievalismo na literatura galega do século XX: a (re)creación de tradicións literarias (singularmente, a materia de Bretaña), a creación de mitos nacionais a partir de personaxes históricas, a deconstrución deses mesmos mitos, a representación da Idade Media e a súa historización a través dos textos literarios.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Adquirir capacidade de autoformación. B3
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. A3
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. A4
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. A7
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. A11
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. A14
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. B2
B6
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. B6
Apreciar a diversidade. B8
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura galega no século XX. 1.1. Definición e caracterización xeral.
2. O tempo das Irmandades da Fala. 2.1. O grupo Nós.
2.2. As vangardas.
3. Guerra Civil e posguerra. 3.1. A Guerra Civil e a posguerra en Galiza.
3.2. A literatura na emigración e no exilio.
4. Da posguerra ao réxime autonómico: continuidade e renovación.
5. Da década de oitenta á actualidade: as últimas tendencias.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Presentación oral 1 6.5 7.5
Sesión maxistral 10 10 20
Seminario 10 20 30
Lecturas 1 25 26
Análise de fontes documentais 8 12 20
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación inicial da materia e dos materiais sobre os que deberá traballar o alumnado e sobre os que se desenvolverá o seminario.
Presentación oral Presentación oral individual por parte de cada alumno e de cada alumna dun asunto relacionado cos contidos da materia e decidido entre a profesora e o/a estudante.
Sesión maxistral Presentación por parte da profesora das liñas xerais de cada un dos temas contemplados no programa da materia co enfoque previsto no descritor.
Seminario Traballo en grupo coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións nas que se envolven todos os compoñentes do seminario.
Lecturas Lectura obrigada dos textos literarios indicados no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que a profesora indique na aula.
Análise de fontes documentais Análise de textos críticos, historiográficos, xornalísticos que se desenvolverá na aula. Previamente, o/a estudante deberá ler e preparar os textos de forma individual.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Presentación oral
Descrición
A profesora orientará aos e ás estudantes na preparación dos seminarios, das presentacións orais e na metodoloxía de análise das fontes de información. Tamén en calquera cuestión das expostas nas sesións xerais nas que o/a estudante solicite orientación.
A atención persoal poderá ser presencial, no horario previsto a estes efectos, a través da plataforma moodle ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas As lecturas obrigatorias deben realizarse para poder participar de forma efectiva no seminario e levar a cabo a presentación oral. A porcentaxe de avaliación de cada unha destas metodoloxías inclúe a correspondente á realización das lecturas. 0
Seminario A profesora poderá solicitar a cada estudante a entrega por escrito das conclusións do seminario. 20
Sesión maxistral Realizarase unha única proba escrita sobre os temas tratados na aula. 35
Análise de fontes documentais A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. 10
Presentación oral O/a estudante exporá na aula, durante un mínimo de 20 minutos e un máximo de 1 hora, as súas conclusións sobre un asunto que escollerá de entre os tratados na materia. A exposición será necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. 35
 
Observacións avaliación

A avaliación terá en conta o exposto nos apartados anteriores: participación do alumnado na análise de fontes documentais (10 %), a entrega das conclusións por escrito do seminario (20%), a presentación oral (35%), a proba escrita (35%). Para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora.

Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora.

Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou a proba escrita; ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.

O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, que substituirán as actividades presenciais por outras equivalentes, tendo en conta a disponibilidade do/a estudante. A fin de programar axeitadamente estas actividades, o/a estudante nesta situación deberá porse en contacto coa profesora antes do inicio das aulas, enviando un correo electrónico a t.lopez@udc.es. 




Fontes de información
Bibliografía básica

Conforme o exposto no descritor da materia, serán obras de lectura obrigada as seguintes:

Cabanillas, Ramón e Vilar Ponte, Antón, O Mariscal en Cabanillas, Ramón, Obra en galego completa (ed. de Xesús Alonso Montero), Akal, Madrid, 1979.

Cortezón, Daniel, Prisciliano. Traxidrama en dous aitos, Galaxia, Vigo, 1970.

Cunqueiro, Álvaro, Merlín e familia, Galaxia, Vigo, 1955.

Méndez Ferrín, Xosé Luís, Percival e outras historias, Galaxia, Vigo, 1958.  

Queizán, María Xosé, Amantia, Xerais, Vigo, 1984.

Seoane, Luís, A soldadeira, Edicións do Castro, Sada, 1996.

A profesora facilitará, a través da plataforma moodle, unha pequena selección de textos poéticos que o/a estudante tamén deberá ler.

Como obras de referencia de carácter xeral, pódense consultar as seguintes:

Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981.
Lourenzo, Manuel e Pillado Mayor, Francisco, Dicionario do teatro galego, Sotelo Blanco, Barcelona, 1987.
Tarrío, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1997.
Tarrío, Anxo (coord.), Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV), Hércules de edicións, A Coruña.
Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, A Nosa Terra, Vigo, 1999.
Vilavedra, Dolores (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1995-2000.
Vilavedra, Dolores, Historia da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1999.
VV. AA., Historia da Literatura Galega, A Nosa Terra, Vigo, 1996.










Bibliografía complementaria

A profesora facilitará, a través da plataforma virtual moodle, a bibliografía e os recursos bibliográficos complementarios pertinentes para cada un dos temas e cada unha das obras obxecto de estudo nesta materia.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico t.lopez@udc.es.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías