Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer os principais autores e obras da Literatura española e valorar criticamente as súas producións. |
A7 A10 A18
|
|
|
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
|
B3 B4 B6
|
|
Capacidade de análise e síntese. |
A11
|
|
|
Coñecemento dos métodos e técnicas de análise literaria. |
A1 A2
|
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das TIC necesrias para o exercicio da súa profesión e a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
C3
|
Capacidade para interrelacionar os distintos aspectos da Filoloxía. |
A9
|
B5
|
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
C6
|
Capacidade para comunicar os coñecementos adquiridos. |
|
B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Idade Media |
1.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura medievais
1.2. Análise e comentarios de las Coplas a la muerte de su padre, de Jorge Manrique.
1.3. Análise e comentarios de La Celestina.
|
2. Século XVI |
2.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura no Renacemento.
2.2. Análise e comentarios de Garcilaso de la Vega, Juan de la Cruz e fray Luis de León. |
3. Século XVII
|
3.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura no Barroco
3.2. Análise e comentarios de El Quijote.
3.3. Análise e comentarios de lírica do XVII.
3.4. A comedia áurea en La noche de San Juan, de Lope de Vega.
|
4. Da Ilustración ao Naturalismo
|
4.1. Introdución.
4.2. Aproximación a algúns dos principais xéneros, textos e autores da Ilustración.
4.3 Aproximación a algúns dos principais xéneros, textos e autores do Romanticismo e do Realismo-Naturalismo. |
5. Do Modernismo á actualidade |
5. 1. Introdución.
5. 2. Aproximación a algúns dos principais xéneros, textos e autores dos séculos XX e XXI. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
30 |
0 |
30 |
Aprendizaxe colaborativa |
12 |
10 |
22 |
Obradoiro |
22 |
22 |
44 |
Lecturas |
0 |
80 |
80 |
Proba obxectiva |
4 |
40 |
44 |
|
Atención personalizada |
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Impartiranse nas sesións comúns e terán carácter teórico e expositivo. |
Aprendizaxe colaborativa |
O formato de grupo reducido ten como obxectivo favorecer a participación activa do alumnado, que, como se indica noutro lugar, computa igualmente para a cualificación final. |
Obradoiro |
Nas aulas en grupo reducido desenvolveranse comentarios guiados sobre textos das lecturas. Á final de cuadrimestre avaliaranse, mediante proba escrita e controis, a destreza adquirida nestes comentarios e as lecturas realizadas. |
Lecturas |
En todas as aulas traballarase sobre textos de lectura obrigatoria, indicados na presente guía docente ou en Moodle. Cómpre facer as lecturas antes da explicación do tema, para o seu correcto aproveitamento. |
Proba obxectiva |
Unha proba escrita (exame) na data oficial asignada no mes de xuño, con nova convocatoria de segunda oportunidade en xullo. Nestas probas, o alumnado deberá amosar o seu dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e seminarios. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
|
Descrición |
O/A profesor/a facilitará a bibliografía específica que considere máis acaída e as orientacións pertinentes en cada caso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
Terase en conta a asistencia e a participación de cada estudante nas aulas, con controis onde se poña de manifesto o seu interese e a súa evolución. |
10 |
Proba obxectiva |
Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. |
50 |
Obradoiro |
Cada cuadrimestre elaborarase nas aulas unha proba consistente no comentario literario dun texto seleccionado polos profesores, como control do aprendido neste campo. |
20 |
Lecturas |
Lecturas obrigatorias que serán a base para as sesións maxistrais e os obradoiros do curso. Cada cuadrimestre realizarase un control destas lecturas. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao
seguinte reparto porcentual: - O 50% da cualificación final obterase polas
probas escritas (exames) que cada estudante realizará ao finalizar o curso, nas convocatorias oficiais de xuño e de xullo. En
todo caso, para aprobar unha materia deberase
obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita que, como se ve,
en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 no exame
non se compensaría cunha suma de 7 por actividades e por asistencia e
participación.) Os exames realizaranse en data, hora e lugar establecidos polos
horarios oficiais do centro. - O 40% obterase pola realización de
actividades durante o curso. Un 20% corresponderá a dous comentarios de texto,
feitos por escrito, nas aulas, á fin de cada cuadrimestre. O outro 20% será
para dous controis de lectura feitos de modo semellante ao anterior, por
escrito, nas aulas, tamén á fin de cuadrimestre. - O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse
o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que
implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo. - A cualificación final en cada unha das dúas
oportunidades (xuño e xullo) será froito dunha avaliación semellante, mediante
un exame e probas obxectivas para as actividades desenvolvidas no curso, xunto
ao control de asistencia e de participación. - Con independencia do anterior, á final de ano ou en coincidencia coas convocatorias oficiais de exames, en xaneiro, haberá un exame opcional que permitirá liberar materia dos catro primeiros meses para a convocatoria oficial de xuño.
- A convocatoria oficial de exame, tanto en
xuño como en xullo, significa a necesidade ineludible da súa realización para
obter cualificación e, por tanto, no caso de xullo, será independente de
calquera exame anterior. No caso das actividades, polo contrario, a súa
avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda convocatoria,
a de xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as
probas pertinentes. - O alumnado a tempo parcial ou con dispensa
académica recoñecida, deberá comunicar por escrito ao profesorado a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse as actividades que se determinen. - As probas escritas e as actividades deben
cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (acentuación,
ortografía correcta, puntuación, concordancia sintáctica, inexistencia de
reiteracións, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal). As
deficiencias na ortografía e na redacción serán penalizadas na cualificación
con medio punto por falta. - No caso de estudantes de lingua estranxeira,
será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión
oral como escrita, equivalente en todo caso ao nivel B2. - O alumnado será avaliado e cualificado
sempre que acuda ao exame. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado
(N. P.) aquelas persoas non presentadas a ningunha proba oficial escrita.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Lecturas obrigatorias Idade Media 1. Selección de textos medievais, facilitada polo profesor en Moodle. Inclúe as Coplas a la muerte de su padre, de Jorge Manrique. 2. Fernando
de Rojas, La Celestina, ed. de F. J.
Lobera, G. Serés e outros, Madrid: Real Academia Española, 2011. ––Ed. de P. E.
Russell, Madrid: Castalia, 1991. ––Ed. de D. S. Severin, Madrid: Cátedra, 1992. Século XVI 3. Selección de textos líricos do XVI, facilitada polo profesor en Moodle. Século XVII 4. Miguel
de Cervantes, capítulos 23 a 27 da Primeira parte de Don Quijote de la Mancha, edición en liña do Instituto Cervantes (Centro Virtual Cervantes),
dirixida por Francisco Rico: < http://cvc.cervantes.es/literatura/clasicos/quijote/ > (consultado
a 23/06/2014). ––Edición en papel, en Barcelona:
Instituto Cervantes, Galaxia Gutenberg (Círculo de Lectores) e Centro para la
Edición de los Clásicos Españoles, 2004 (2 vols.). 5. Selección de textos do XVII, facilitada polo profesor en Moodle. 6. Lope de Vega, La noche de San Juan, ed. Anita K. Stoll, Kassel: Reichenberger (Ediciones críticas, 16), 1988. ––Versión electrónica do texto anterior, por Vern G. Williamsen: < http://www.edu.mec.gub.uy/biblioteca_digital/libros/L/Lope%20de%20Vega%20-%20Noche%20de%20San%20Juan.pdf > (consultado o 25/06/2014). ––Edición electrónica en Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2004: < http://bib.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=12209&portal=49 > (consultado o 25/06/2014). Século XVIII 7. Leandro Fernández de Moratín, El sí de las niñas, ed. de J. Pérez Magallón, Barcelona: Crítica, 1994. Século XIX 8. Ángel Saavedra, Duque de Rivas, Don Álvaro o la fuerza del sino, ed. de M. A. Lama, Barcelona: Crítica, 1994. 9. Selección de poemas de Espronceda e Bécquer, facilitada pola profesora. 10. Benito Pérez Galdos, Miau, ed. F. J. Díez Revenga, Madrid: Cátedra, 2000. Séculos XX e XXI 11. Selección de poemas, facilitada pola profesora. 12. Juan José Millás, Articuentos completos, Barcelona: Seix Barral, 2012 |
Bibliografía complementaria
|
|
Lecturas recomendadas
Manuais Alberich, J. et al., dir., Historia de la Literatura Española, Madrid: Cátedra, 1990. Alvar, C., J. C. Mainer y R. Navarro Durán, Breve historia de la literatura española, Madrid: Alianza Editorial, 1997. Mainer, J. C. dir., Historia de la literatura española, Barcelona: Crítica, 2010. 9 vols. Rico, F. dir., Historia y crítica de la literatura española, Barcelona: Crítica, 1983-. Rodríguez Cacho, L., Manual de historia de la literatura española, Madrid: Castalia, 2009. Estudos Aguilar Piñal, F., Introducción al siglo XVIII, Madrid: Júcar, 1991. Bataillon, Marcel, Erasmo
y España: estudios sobre la historia espiritual del siglo XVI, trad. de
Antonio Alatorre, Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1995. [2ª ed., 5ª reimp.] Curtius, Ernst, Literatura europea y Edad Media Latina, México: FCE, varias eds. García de la Concha, V., ed., El Surrealismo, Madrid: Taurus (El escritor y la crítica), 1982. Gies, David, ed., El romanticismo, Madrid: Taurus, 1989. Guillén, Claudio, El primer Siglo de Oro: estudios sobre géneros y métodos, Barcelona: Crítica,1988. Lewis, C.S., La imagen del mundo: introducción a la literatura medieval y renacentista, Barcelona: Península, 1997. Lissorgues, Y., M. Palenque Francisca Soria, “Del Realismo al Fin de Siglo. Sociedad y arte literario”, en V. García de la Concha, dir., y F. Romero Tobar, coord., Historia de la literatura española. Siglo XIX, Madrid: Espasa-Calpe, 1998, pp. 1-90. Litvak, L., ed., El Modernismo, Madrid: Taurus (El escritor y la crítica), 1975. López Bueno, B., coord., La Renovación Poética del Renacimiento al Barroco, Madrid: Síntesis, 2006. Mainer, J. C., La Edad de Plata (1902-1939), Madrid: Cátedra, 1983. Mainer, J. C., De posguerra (1951-1990), Barcelona: Crítica, 1994. Riley, Edward C., Cervantes’ Theory of the Novel, Oxford: Clarendon Press,
1962, traducido como Teoría de la novela en Cervantes, Madrid: Taurus,
1966. Romero Tobar, L., Panorama crítico del Romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994. Ruiz Pérez, P., Manual de literatura española de los siglos de oro, Madrid: Castalia, 2000. Strosetzki, Christoph, ed., Teatro español del Siglo de Oro: teoría y práctica, Frankfurt am Main: Vervuert, 1998. Yndurain, Domingo, Humanismo y Renacimiento en España, Madrid: Cátedra, 1994. *O/A profesor/a poderá seleccionar e incorporar textos doutras antoloxías e edicións. Asemade, facilitará bibliografía específica en cada tema. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Lingua Española 1/613G01001 | Introdución aos Estudos Literarios/613G01005 | Lingua e Cultura Clásica/613G01006 |
|
Observacións |
A asistencia regular ás aulas é indispensable. Calquera circunstancia que a
dificulte deberá ser comunicada e consultada co profesorado ao inicio do curso. Non
se admitirán traballos por correo electrónico. O único soporte para a entrega
será o papel. As lecturas obrigatorias faranse nas edicións críticas recomendadas arriba ou, no seu caso, nas consultadas co profesorado. A
guía docente é o documento público onde se visualiza a proposta académica da
UDC e o marco regulamentario oficial destes estudos. Como tal, é o documento de
referencia que obriga a docentes e a estudantes. |
|