Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Literatura Española Código 613G03011
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Garitaonaindia De Vera, Jose R
Lois Bastida, María Pilar Fátima
Martínez García, Paula
Yagüe Lopez, Pilar
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
j.garitaonaindia@udc.es
m.lois@udc.es
paula.mgarcia@udc.es
pilar.yague.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución á Historia da Literatura Española a través dos seus principais autores e obras.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A7 Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A11 Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
A18 Dominar a gramática da lingua inglesa.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B6 Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os principais autores e obras da Literatura española e valorar criticamente as súas producións. A7
A10
A18
Traballar de forma autónoma con iniciativa. B3
B4
B6
Capacidade de análise e síntese. A11
Coñecemento dos métodos e técnicas de análise literaria. A1
A2
Utilizar as ferramentas básicas das TIC necesrias para o exercicio da súa profesión e a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Capacidade para interrelacionar os distintos aspectos da Filoloxía. A9
B5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Capacidade para comunicar os coñecementos adquiridos. B4
C1

Contidos
Temas Subtemas
1. Idade Media 1.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura medievais
1.2. Análise e comentarios de las Coplas a la muerte de su padre, de Jorge Manrique.
1.3. Análise e comentarios de La Celestina.
2. Século XVI 2.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura no Renacemento.
2.2. Análise e comentarios de Garcilaso de la Vega, Juan de la Cruz e fray Luis de León.
3. Século XVII

3.1. Introdución: sociedade, cultura e literatura no Barroco
3.2. Análise e comentarios de El Quijote.
3.3. Análise e comentarios de lírica do XVII.
3.4. A comedia áurea en La noche de San Juan, de Lope de Vega.
4. Da Ilustración ao Naturalismo
4.1. Introdución.
4.2. Aproximación a algúns dos principais xéneros, textos e autores da Ilustración.
4.3 Aproximación a algúns dos principais xéneros, textos e autores do Romanticismo e do Realismo-Naturalismo.
5. Do Modernismo á actualidade 5. 1. Introdución.
5. 2. Aproximación a algúns dos principais xéneros, textos e autores dos séculos XX e XXI.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 30 0 30
Aprendizaxe colaborativa 12 10 22
Obradoiro 22 22 44
Lecturas 0 80 80
Proba obxectiva 4 40 44
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse nas sesións comúns e terán carácter teórico e expositivo.
Aprendizaxe colaborativa O formato de grupo reducido ten como obxectivo favorecer a participación activa do alumnado, que, como se indica noutro lugar, computa igualmente para a cualificación final.
Obradoiro Nas aulas en grupo reducido desenvolveranse comentarios guiados sobre textos das lecturas. Á final de cuadrimestre avaliaranse, mediante proba escrita e controis, a destreza adquirida nestes comentarios e as lecturas realizadas.
Lecturas En todas as aulas traballarase sobre textos de lectura obrigatoria, indicados na presente guía docente ou en Moodle. Cómpre facer as lecturas antes da explicación do tema, para o seu correcto aproveitamento.
Proba obxectiva Unha proba escrita (exame) na data oficial asignada no mes de xuño, con nova convocatoria de segunda oportunidade en xullo. Nestas probas, o alumnado deberá amosar o seu dominio dos contidos e destrezas traballados nas sesión maxistrais e tamén nos grupos reducidos e seminarios.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Descrición
O/A profesor/a facilitará a bibliografía específica que considere máis acaída e as orientacións pertinentes en cada caso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Terase en conta a asistencia e a participación de cada estudante nas aulas, con controis onde se poña de manifesto o seu interese e a súa evolución. 10
Proba obxectiva Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. 50
Obradoiro Cada cuadrimestre elaborarase nas aulas unha proba consistente no comentario literario dun texto seleccionado polos profesores, como control do aprendido neste campo. 20
Lecturas Lecturas obrigatorias que serán a base para as sesións maxistrais e os obradoiros do curso. Cada cuadrimestre realizarase un control destas lecturas. 20
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao
seguinte reparto porcentual:

  1. O 50% da cualificación final obterase polas
    probas escritas (exames) que cada estudante realizará ao finalizar o curso, nas convocatorias oficiais de xuño e de xullo. En
    todo caso, para aprobar unha materia deberase
    obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita que, como se ve,
    en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 no exame
    non se compensaría cunha suma de 7 por actividades e por asistencia e
    participación.) Os exames realizaranse en data, hora e lugar establecidos polos
    horarios oficiais do centro.
  2. O 40% obterase pola realización de
    actividades durante o curso. Un 20% corresponderá a dous comentarios de texto,
    feitos por escrito, nas aulas, á fin de cada cuadrimestre. O outro 20% será
    para dous controis de lectura feitos de modo semellante ao anterior, por
    escrito, nas aulas, tamén á fin de cuadrimestre.
  3. O 10% restante corresponde á asistencia,
    participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse
    o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que
    implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.
  4. A cualificación final en cada unha das dúas
    oportunidades (xuño e xullo) será froito dunha avaliación semellante, mediante
    un exame e probas obxectivas para as actividades desenvolvidas no curso, xunto
    ao control de asistencia e de participación.
  5. Con independencia do anterior, á final de ano ou en coincidencia coas convocatorias oficiais de exames, en xaneiro, haberá un exame opcional que permitirá liberar materia dos catro primeiros meses para a convocatoria oficial de xuño.
  6. A convocatoria oficial de exame, tanto en
    xuño como en xullo, significa a necesidade ineludible da súa realización para
    obter cualificación e, por tanto, no caso de xullo, será independente de
    calquera exame anterior. No caso das actividades, polo contrario, a súa
    avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda convocatoria,
    a de xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as
    probas pertinentes.
  7. O alumnado a tempo parcial ou con dispensa
    académica recoñecida, deberá comunicar por escrito ao profesorado a súa
    situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
    efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse as actividades que se determinen.
  8. As probas escritas e as actividades deben
    cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (acentuación,
    ortografía correcta, puntuación, concordancia sintáctica, inexistencia de
    reiteracións, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal). As
    deficiencias na ortografía e na redacción serán penalizadas na cualificación
    con medio punto por falta.
  9. No caso de estudantes de lingua estranxeira,
    será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión
    oral como escrita, equivalente en todo caso ao nivel B2.
  10. O alumnado será avaliado e cualificado
    sempre que acuda ao exame. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado
    (N. P.) aquelas persoas non presentadas a ningunha proba oficial escrita.

Fontes de información
Bibliografía básica

Lecturas obrigatorias

Idade Media

1. Selección de textos medievais, facilitada polo profesor en Moodle. Inclúe as Coplas a la muerte de su padre, de Jorge Manrique.

2. Fernando de Rojas, La Celestina, ed. de F. J. Lobera, G. Serés e outros, Madrid: Real Academia Española, 2011.

––Ed. de P. E. Russell, Madrid: Castalia, 1991.

––Ed. de D. S. Severin, Madrid: Cátedra, 1992.

Século XVI

3. Selección de textos líricos do XVI, facilitada polo profesor en Moodle.

Século XVII

4. Miguel de Cervantes, capítulos 23 a 27 da Primeira parte de Don Quijote de la Mancha, edición en liña do Instituto Cervantes (Centro Virtual Cervantes), dirixida por Francisco Rico: < http://cvc.cervantes.es/literatura/clasicos/quijote/ > (consultado a 23/06/2014).

––Edición en papel, en Barcelona: Instituto Cervantes, Galaxia Gutenberg (Círculo de Lectores) e Centro para la Edición de los Clásicos Españoles, 2004 (2 vols.).

5. Selección de textos do XVII, facilitada polo profesor en Moodle.

6. Lope de Vega, La noche de San Juan, ed. Anita K. Stoll, Kassel: Reichenberger (Ediciones críticas, 16), 1988.

––Versión electrónica do texto anterior, por Vern G. Williamsen: < http://www.edu.mec.gub.uy/biblioteca_digital/libros/L/Lope%20de%20Vega%20-%20Noche%20de%20San%20Juan.pdf > (consultado o 25/06/2014).

––Edición electrónica en Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, 2004: < http://bib.cervantesvirtual.com/FichaObra.html?Ref=12209&portal=49 > (consultado o 25/06/2014).

Século XVIII

7. Leandro Fernández de Moratín, El sí de las niñas, ed. de J. Pérez Magallón, Barcelona: Crítica, 1994.

Século XIX

8. Ángel Saavedra, Duque de Rivas, Don Álvaro o la fuerza del sino, ed. de M. A. Lama, Barcelona: Crítica, 1994.

9. Selección de poemas de Espronceda e Bécquer, facilitada pola profesora.

10. Benito Pérez Galdos, Miau, ed. F. J. Díez Revenga, Madrid: Cátedra, 2000.

Séculos XX e XXI

11. Selección de poemas, facilitada pola profesora.

12. Juan José Millás, Articuentos completos, Barcelona: Seix Barral, 2012

Bibliografía complementaria

Lecturas recomendadas

Manuais

Alberich, J. et al., dir., Historia de la Literatura Española, Madrid: Cátedra, 1990.

Alvar, C., J. C. Mainer y R. Navarro Durán, Breve historia de la literatura española, Madrid: Alianza Editorial, 1997.

Mainer, J. C. dir., Historia de la literatura española, Barcelona: Crítica, 2010. 9 vols.

Rico, F. dir., Historia y crítica de la literatura española, Barcelona: Crítica, 1983-.

Rodríguez Cacho, L., Manual de historia de la literatura española, Madrid: Castalia, 2009.

Estudos

Aguilar Piñal, F., Introducción al siglo XVIII, Madrid: Júcar, 1991.

Bataillon, Marcel, Erasmo y España: estudios sobre la historia espiritual del siglo XVI, trad. de Antonio Alatorre, Madrid: Fondo de Cultura Económica, 1995. [2ª ed., 5ª reimp.]

Curtius, Ernst, Literatura europea y Edad Media Latina, México: FCE, varias eds.

García de la Concha, V., ed., El Surrealismo, Madrid: Taurus (El escritor y la crítica), 1982.

Gies, David, ed., El romanticismo, Madrid: Taurus, 1989.

Guillén, Claudio, El primer Siglo de Oro: estudios sobre géneros y métodos, Barcelona: Crítica,1988.

Lewis, C.S., La imagen del mundo: introducción a la literatura medieval y renacentista, Barcelona: Península, 1997.

Lissorgues, Y., M. Palenque Francisca Soria, “Del Realismo al Fin de Siglo. Sociedad y arte literario”, en V. García de la Concha, dir., y F. Romero Tobar, coord., Historia de la literatura española. Siglo XIX, Madrid: Espasa-Calpe, 1998, pp. 1-90.

Litvak, L., ed., El Modernismo, Madrid: Taurus (El escritor y la crítica), 1975.

López Bueno, B., coord., La Renovación Poética del Renacimiento al Barroco, Madrid: Síntesis, 2006.

Mainer, J. C., La Edad de Plata (1902-1939), Madrid: Cátedra, 1983.

Mainer, J. C., De posguerra (1951-1990), Barcelona: Crítica, 1994.

Riley, Edward C., Cervantes’ Theory of the Novel, Oxford: Clarendon Press, 1962, traducido como Teoría de la novela en Cervantes, Madrid: Taurus, 1966.

Romero Tobar, L., Panorama crítico del Romanticismo español, Madrid: Castalia, 1994.

Ruiz Pérez, P., Manual de literatura española de los siglos de oro, Madrid: Castalia, 2000.

Strosetzki, Christoph, ed., Teatro español del Siglo de Oro: teoría y práctica, Frankfurt am Main: Vervuert, 1998.

Yndurain, Domingo, Humanismo y Renacimiento en España, Madrid: Cátedra, 1994.

*O/A profesor/a poderá seleccionar e incorporar textos doutras antoloxías e edicións. Asemade, facilitará bibliografía específica en cada tema.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Lingua Española 1/613G01001
Introdución aos Estudos Literarios/613G01005
Lingua e Cultura Clásica/613G01006

Observacións

A asistencia regular ás aulas é indispensable. Calquera circunstancia que a dificulte deberá ser comunicada e consultada co profesorado ao inicio do curso.

Non se admitirán traballos por correo electrónico. O único soporte para a entrega será o papel.

As lecturas obrigatorias faranse nas edicións críticas recomendadas arriba ou, no seu caso, nas consultadas co profesorado.

A guía docente é o documento público onde se visualiza a proposta académica da UDC e o marco regulamentario oficial destes estudos. Como tal, é o documento de referencia que obriga a docentes e a estudantes.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías