Competencias do título |
Código

Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |

Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |

Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |

Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |

Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |

Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |

Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |

Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |

Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |

Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |

Coñecer a crítica textual e a edición de textos. |

Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |

Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |

Adquirir capacidade de autoformación. |

Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |

Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |

Apreciar a diversidade. |

Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |

Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |

Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |

Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |

Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A literatura galega |
1.1 Definición, caracterización, periodización. Cuestións metodolóxicas. |
2. Literatura medieval galego-portuguesa. |
2.1 Lírica profana. Cantiga de amor. Cantiga de amigo. Cantiga de escarnho e maldizer.
2.2 Lírica relixiosa. Cantigas de Santa María
2.3 A prosa medieval. |
3. A literatura nos séculos XVI-XVIII. |
3.1 O concepto "Séculos Escuros". Unha ilustración galega? |
4. O século XIX. O Rexurdimento. |
4.1 Prerrexurdimento, rexurdimento, rexionalismo.
4.2 A poesía. Rosalía de Castro: Cantares Gallegos.
4.3 A poesía. Eduardo Pondal. Manuel Curros Enríquez.
4.4 A prosa e o teatro. Período Intersecular. |
5. O século XX. |
5.1 As Irmandades da Fala. A renovación do sistema.
5.1.1 Grupo Nós. Vicente Risco. Ramón Otero Pedrayo. Afonso Daniel R. Castelao.
5.1.2 As Vangardas. Manuel Antonio.
5.2 A guerra civil. A literatura do exilio
5.2.1 Luís Seoane.
5.3 A recuperación da actividade literaria na posguerra.
5.3.1 A narrativa. Eduardo Blanco-Amor.
5.3.2 A poesía. Movementos e autores. Álvaro Cunqueiro.
5.4. De 1975 á actualidade. Diversificación xenérica.
5.4.1 A narrativa. Xosé Luís Méndez Ferrín.
5.4.2. A poesía.
5.4.3. O teatro. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
4 |
0 |
4 |
Análise de fontes documentais |
11 |
11 |
22 |
Lecturas |
1 |
40 |
41 |
Prácticas a través de TIC |
3 |
3 |
6 |
Sesión maxistral |
30 |
30 |
60 |
Presentación oral |
1 |
10 |
11 |
Seminario |
12 |
24 |
36 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
2 |
8 |
10 |
Traballos tutelados |
1 |
15 |
16 |
Recensión bilbiográfica |
0 |
5 |
5 |
Proba mixta |
4 |
8 |
12 |

Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Exposición xeral do funcionamento da materia e realización de actividades prácticas para familiarizar o alumnado co funcionamento de bases de datos e repositorios dixitais, cos recursos bibliográficos, e coa metodoloxía das actividades avaliábeis. |
Análise de fontes documentais |
Léctura, análise e comentario de códices, textos e paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...). |
Lecturas |
Realización das lecturas obrigadas que se indican no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que indique o profesorado. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas en que se utilizarán de maneira case exclusiva os recursos en rede incluídos no apartado 8 da guía. |
Sesión maxistral |
Sesións de traballo en que o profesorado expón os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado. |
Presentación oral |
Exposición na aula, necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. |
Seminario |
Traballo en grupos reducidos coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de conclusións nas que se envolven todos os participantes do seminario. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado. |
Traballos tutelados |
Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a orientación e co seguimento do profesorado da materia. As características e condicións de realización do traballo explicaranse no inicio do curso e acordaranse co alumnado. |
Recensión bilbiográfica |
Realización dunha recensión bibliográfica segundo as indicacións proporcionadas polo profesorado. |
Proba mixta |
Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test, etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías

Lecturas |
Análise de fontes documentais |
Seminario |
Traballos tutelados |

Descrición |
Durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos. |

Avaliación |
Metodoloxías

Descrición

Cualificación

Eventos científicos e/ou divulgativos |
Valorarase a participación nestes eventos a través da posta en común das conclusións dos mesmos nas aulas. |
5 |
Sesión maxistral |
A efectos da avaliación, o seguimento das sesións maxistrais comprobarase a través da proba mixta. |
0 |
Lecturas |
A efectos da avaliación, o control das lecturas será realizado na aula, a través da proba mixta, e da recensión. |
0 |
Proba mixta |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas, etc.
Esta proba poderá realizarse en dúas fases, a primeira no mes de febreiro, a segunda no mes de maio. As datas acordaranse na aula. |
40 |
Análise de fontes documentais |
Lectura, análise e comentario de códices, textos e/ou paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...) que, seguindo o modelo das aulas prácticas, o/a estudante realizará ao longo do curso. Requerirase polo menos a presentación de unha actividade destas características. |
10 |
Prácticas a través de TIC |
A realización destas prácticas, a efectos de avaliación, non terá unha valoración independente, pois son necesarias para poder levar a cabo axeitadamente outras actividades avaliábeis. |
0 |
Presentación oral |
A presentación oral do traballo titorizado por cada alumno/a computará separadamente da realización do propio traballo.
Neste apartado valorarase unicamente a exposición oral. |
10 |
Seminario |
Valorarase a asistencia e a participación efectiva nas sesións desenvolvidas en forma de seminario. Eventualmente poderá solicitarse a entrega dalgún tipo de actividade escrita. |
10 |
Recensión bilbiográfica |
Recensión dunha das obras de lectura obrigada, diferenciada para cada estudante, que se acordará previamente entre o alumnado e o profesorado. |
10 |
Traballos tutelados |
Valorarase o traballo realizado segundo as indicacións e o acompañamento do profesorado. A súa exposición oral terá unha valoración independente. |
15 |

Observacións avaliación |

O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola entrega da actividade por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante.

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado.

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Será considerado NON PRESENTADO/A o alumno ou alumna que non se presente á proba escrita ou que non realice e presente o traballo titorizado.

NOTA EXPLICATIVA

Os apartados que se recollen cunha porcentaxe de 0 na cualificación son avaliados a través doutras actividades, tal e como se explica en cada caso. A valoración de 0 é atribuída por defecto pola aplicación e en ningún caso significa que non se teñan en conta para a avaliación da materia.

Fontes de información |
Bibliografía básica

Obras de lectura obrigada: Selección de textos medievais. Rosalía de Castro, Cantares gallegos. Afonso Daniel R. Castelao, Cousas. Ramón Otero Pedrayo, "O fidalgo", en Contos do camiño e da rúa. Vicente Risco, Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros. Rafael Dieste, A fiestra valdeira. Luís Seoane, A soldadeira. Eduardo Blanco-Amor, A Esmorga. Álvaro Cunqueiro, Herba aquí ou acolá. Xosé Luís Méndez Ferrín, Amor de Artur e outros contos con Tagen Ata ao lonxe. Selección de textos da Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000) preparada por Arturo Casas. Cada estudante deberá ler unha das obras de lectura da listaxe que se reproduce a seguir e outra da súa propia elección, previo acordo co profesorado da materia: María Xosé Queizán, A orella no buraco. Xohana Torres, A outra banda do Iberr. Rosa Aneiros, Resistencia. Luísa Villalta, En concreto. Pilar Pallarés, Leopardo son. Teresa Moure, Politicamente incorreta. María Reimóndez, A alternativa está aquí. Cando for preciso, o profesorado indicará cales son as edicións recomendadas para a lectura. |
Bibliografía complementaria

O profesorado da materia proporcionará unha listaxe de recursos bibliográficos específicos para os temas tratados nesta materia a través da plataforma virtual moodle. Como obras de consulta de carácter xeral, indícanse agora as seguintes: Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981. Tarrío, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1997. Tarrío, Anxo (coord.), Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV), Hércules de edicións, A Coruña. Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, A Nosa Terra, Vigo, 1999. Vilavedra, Dolores (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1995-2000. Vilavedra, Dolores, Historia da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1999. VV. AA., Historia da Literatura Galega, A Nosa Terra, Vigo, 1996, 5 vols.
E os recursos en liña: http://bvg.udc.es/index.jsp (Biblioteca virtual galega da Universidade da Coruña) http://cantigas.fcsh.unl.pt (Portal da Cantigas Medievais Galego-Portuguesas, Projeto Littera da Universidade de Lisboa) http://www.csbg.org/bibliotecadixital/asp/index.asp (Biblioteca dixital do Centro Superior Bibliográfico de Galiza) http://www.cervantesvirtual.com/areas/letras?galegas?0/ (Sección Letras Galegas da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes) http://consellodacultura.org/mediateca/index.php (Mediateca do Consello da Cultura Galega) http://prensahistorica.mcu.es/es/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/pres entacion (Biblioteca virtual de prensa histórica) http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/estaticos/contenido.cmd?pagina=e staticos/presentacion (Galiciana, biblioteca dixital de Galicia) http://www.realacademiagalega.org (Real Academia Galega: hemeroteca e biblioteca virtual) http://www.culturagalega.org/lg3 (portal da lingua do Consello da Cultura Galega) http://www.cirp.es (Centro Ramón Piñeiro: dicionario de termos literarios, base de datos da lírica profana galego?portuguesa, informes de literatura) http://ruc.udc.es/dspace/ (Repositorio institucional da Universidade da Coruña) http://www.erevistas.csic.es/directorio.php?idClas=6 (Plataforma open access de revistas científicas electrónicas españolas e latinoamericanas) http://cvc.cervantes.es/literatura/default.htm (Centro Virtual Cervantes do Instituto Cervantes) http://www.poesiagalega.org/ (Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura) http://www.aelg.org (Asociación de escritores en lingua galega, cun centro de recursos virtuais) http://www.rosaliadecastro.org (Web da Fundación Rosalía) http://www.currosenriquez.es/ (Web da Fundación Curros Enríquez) |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |

Materias que se recomenda cursar simultaneamente |

Materias que continúan o temario |

Observacións |

O/a estudante que precise falar co profesorado fóra do horario de atención establecido oficialmente, poderá concertar unha cita a través do correo electrónico, nos enderezos que figuran nesta guía.

Para as comunicacións relativas á materia, o profesorado utilizará como canais preferentes, ademais da comunicación oral nas aulas, a plataforma moodle e o enderezo de correo electrónico institucional do alumnado.