Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Literatura Galega Código 613G03012
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Correo electrónico
t.lopez@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Lopez Fernandez, Maria Teresa
Sanmartin López-Iglesias, Roberto
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
t.lopez@udc.es
roberto.samartin@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Estudo da literatura galega a través dos seus textos máis representativos.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria.
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa.
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada.
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos.
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
Coñecer a crítica textual e a edición de textos.
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
Adquirir capacidade de autoformación.
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
Apreciar a diversidade.
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura galega 1.1 Definición, caracterización, periodización. Cuestións metodolóxicas.
2. Literatura medieval galego-portuguesa. 2.1 Lírica profana. Cantiga de amor. Cantiga de amigo. Cantiga de escarnho e maldizer.
2.2 Lírica relixiosa. Cantigas de Santa María
2.3 A prosa medieval.
3. A literatura nos séculos XVI-XVIII. 3.1 O concepto "Séculos Escuros". Unha ilustración galega?
4. O século XIX. O Rexurdimento. 4.1 Prerrexurdimento, rexurdimento, rexionalismo.
4.2 A poesía. Rosalía de Castro: Cantares Gallegos.
4.3 A poesía. Eduardo Pondal. Manuel Curros Enríquez.
4.4 A prosa e o teatro. Período Intersecular.
5. O século XX. 5.1 As Irmandades da Fala. A renovación do sistema.
5.1.1 Grupo Nós. Vicente Risco. Ramón Otero Pedrayo. Afonso Daniel R. Castelao.
5.1.2 As Vangardas. Manuel Antonio.
5.2 A guerra civil. A literatura do exilio
5.2.1 Luís Seoane.
5.3 A recuperación da actividade literaria na posguerra.
5.3.1 A narrativa. Eduardo Blanco-Amor.
5.3.2 A poesía. Movementos e autores. Álvaro Cunqueiro.
5.4. De 1975 á actualidade. Diversificación xenérica.
5.4.1 A narrativa. Xosé Luís Méndez Ferrín.
5.4.2. A poesía.
5.4.3. O teatro.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 4 0 4
Análise de fontes documentais 11 11 22
Lecturas 1 40 41
Prácticas a través de TIC 3 3 6
Sesión maxistral 30 30 60
Presentación oral 1 10 11
Seminario 12 24 36
Eventos científicos e/ou divulgativos 2 8 10
Traballos tutelados 1 15 16
Recensión bilbiográfica 0 5 5
Proba mixta 4 8 12

Atención personalizada 2 0 2

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Exposición xeral do funcionamento da materia e realización de actividades prácticas para familiarizar o alumnado co funcionamento de bases de datos e repositorios dixitais, cos recursos bibliográficos, e coa metodoloxía das actividades avaliábeis.
Análise de fontes documentais Léctura, análise e comentario de códices, textos e paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...).
Lecturas Realización das lecturas obrigadas que se indican no apartado 8 da guía, e dos textos críticos que indique o profesorado.
Prácticas a través de TIC Prácticas en que se utilizarán de maneira case exclusiva os recursos en rede incluídos no apartado 8 da guía.
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado expón os puntos principais dos contidos da materia, como punto de partida para o traballo posterior do alumnado.
Presentación oral Exposición na aula, necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio.
Seminario Traballo en grupos reducidos coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de conclusións nas que se envolven todos os participantes do seminario.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia e participación a eventos relacionados coa materia que se realicen na propia Facultade ou noutros lugares accesíbeis para o alumnado.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo baixo a orientación e co seguimento do profesorado da materia. As características e condicións de realización do traballo explicaranse no inicio do curso e acordaranse co alumnado.
Recensión bilbiográfica Realización dunha recensión bibliográfica segundo as indicacións proporcionadas polo profesorado.
Proba mixta Proba escrita de avaliación que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Análise de fontes documentais
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
Durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos Valorarase a participación nestes eventos a través da posta en común das conclusións dos mesmos nas aulas. 5
Sesión maxistral A efectos da avaliación, o seguimento das sesións maxistrais comprobarase a través da proba mixta. 0
Lecturas A efectos da avaliación, o control das lecturas será realizado na aula, a través da proba mixta, e da recensión. 0
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas, etc.
Esta proba poderá realizarse en dúas fases, a primeira no mes de febreiro, a segunda no mes de maio. As datas acordaranse na aula.
40
Análise de fontes documentais Lectura, análise e comentario de códices, textos e/ou paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...) que, seguindo o modelo das aulas prácticas, o/a estudante realizará ao longo do curso. Requerirase polo menos a presentación de unha actividade destas características. 10
Prácticas a través de TIC A realización destas prácticas, a efectos de avaliación, non terá unha valoración independente, pois son necesarias para poder levar a cabo axeitadamente outras actividades avaliábeis. 0
Presentación oral A presentación oral do traballo titorizado por cada alumno/a computará separadamente da realización do propio traballo.
Neste apartado valorarase unicamente a exposición oral.
10
Seminario Valorarase a asistencia e a participación efectiva nas sesións desenvolvidas en forma de seminario. Eventualmente poderá solicitarse a entrega dalgún tipo de actividade escrita. 10
Recensión bilbiográfica Recensión dunha das obras de lectura obrigada, diferenciada para cada estudante, que se acordará previamente entre o alumnado e o profesorado. 10
Traballos tutelados Valorarase o traballo realizado segundo as indicacións e o acompañamento do profesorado. A súa exposición oral terá unha valoración independente. 15

Observacións avaliación

O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola entrega da actividade por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante.

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado.

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Será considerado NON PRESENTADO/A o alumno ou alumna que non se presente á proba escrita ou que non realice e presente o traballo titorizado.

NOTA EXPLICATIVA

Os apartados que se recollen cunha porcentaxe de 0 na cualificación son avaliados a través doutras actividades, tal e como se explica en cada caso. A valoración de 0 é atribuída por defecto pola aplicación e en ningún caso significa que non se teñan en conta para a avaliación da materia.

Fontes de información
Bibliografía básica

Obras de lectura obrigada:

Selección de textos medievais.

Rosalía de Castro, Cantares gallegos.

Afonso Daniel R. Castelao, Cousas.

Ramón Otero Pedrayo, "O fidalgo", en Contos do camiño e da rúa.

Vicente Risco, Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros.

Rafael Dieste, A fiestra valdeira.

Luís Seoane, A soldadeira.

Eduardo Blanco-Amor, A Esmorga.

Álvaro Cunqueiro, Herba aquí ou acolá.

Xosé Luís Méndez Ferrín, Amor de Artur e outros contos con Tagen Ata ao lonxe.

Selección de textos da Antoloxía consultada da poesía galega (1976-2000) preparada por Arturo Casas.

Cada estudante deberá ler unha das obras de lectura da listaxe que se reproduce a seguir e outra da súa propia elección, previo acordo co profesorado da materia:

María Xosé Queizán, A orella no buraco.

Xohana Torres, A outra banda do Iberr.

Rosa Aneiros, Resistencia.

Luísa Villalta, En concreto.

Pilar Pallarés, Leopardo son.

Teresa Moure, Politicamente incorreta.

María Reimóndez, A alternativa está aquí.

Cando for preciso, o profesorado indicará cales son as edicións recomendadas para a lectura.

Bibliografía complementaria

O profesorado da materia proporcionará unha listaxe de recursos bibliográficos específicos para os temas tratados nesta materia a través da plataforma virtual moodle. Como obras de consulta de carácter xeral, indícanse agora as seguintes:

Carballo Calero, Ricardo, Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981.
Tarrío, Anxo, Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica, Xerais, Vigo, 1997.
Tarrío, Anxo (coord.), Galicia. Literatura (vols. XXXII-XXXIV), Hércules de edicións, A Coruña.
Tato Fontaíña, Laura, Historia do teatro galego. Das orixes a 1936, A Nosa Terra, Vigo, 1999.
Vilavedra, Dolores (coord.), Diccionario da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1995-2000.
Vilavedra, Dolores, Historia da Literatura Galega, Galaxia, Vigo, 1999.
VV. AA., Historia da Literatura Galega, A Nosa Terra, Vigo, 1996, 5 vols.

E os recursos en liña:

http://bvg.udc.es/index.jsp (Biblioteca virtual galega da Universidade da Coruña)

http://cantigas.fcsh.unl.pt (Portal da Cantigas Medievais Galego-Portuguesas, Projeto Littera da Universidade de Lisboa)

http://www.csbg.org/bibliotecadixital/asp/index.asp (Biblioteca dixital do Centro

Superior Bibliográfico de Galiza)

http://www.cervantesvirtual.com/areas/letras?galegas?0/ (Sección Letras Galegas

da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes)

http://consellodacultura.org/mediateca/index.php (Mediateca do Consello da

Cultura Galega)

http://prensahistorica.mcu.es/es/estaticos/contenido.cmd?pagina=estaticos/pres

entacion (Biblioteca virtual de prensa histórica)

http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/gl/estaticos/contenido.cmd?pagina=e

staticos/presentacion (Galiciana, biblioteca dixital de Galicia)

http://www.realacademiagalega.org (Real Academia Galega: hemeroteca e

biblioteca virtual)

http://www.culturagalega.org/lg3 (portal da lingua do Consello da Cultura Galega)

http://www.cirp.es (Centro Ramón Piñeiro: dicionario de termos literarios, base

de datos da lírica profana galego?portuguesa, informes de literatura)

http://ruc.udc.es/dspace/ (Repositorio institucional da Universidade da Coruña)

http://www.erevistas.csic.es/directorio.php?idClas=6 (Plataforma open access de

revistas científicas electrónicas españolas e latinoamericanas)

http://cvc.cervantes.es/literatura/default.htm (Centro Virtual Cervantes do

Instituto Cervantes)

http://www.poesiagalega.org/ (Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura)

http://www.aelg.org (Asociación de escritores en lingua galega, cun centro de

recursos virtuais)

http://www.rosaliadecastro.org (Web da Fundación Rosalía)

http://www.currosenriquez.es/ (Web da Fundación Curros Enríquez)

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

O/a estudante que precise falar co profesorado fóra do horario de atención establecido oficialmente, poderá concertar unha cita a través do correo electrónico, nos enderezos que figuran nesta guía.

Para as comunicacións relativas á materia, o profesorado utilizará como canais preferentes, ademais da comunicación oral nas aulas, a plataforma moodle e o enderezo de correo electrónico institucional do alumnado.

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías