Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Competencia lectora: comprender unha variedade de textos auténticos procedentes da prensa, obras de ficción, documentos, materiais de promoción ou de publicidade. |
|
|
|
Escritura: saber redactar un artigo, un ensaio, textos informativos, propostas, queixas, informes e recensións. |
|
|
|
Comprensión auditiva: comprender distintos tipos de discurso auténtico; monólogos, avisos, programas de radio e televisión, relatorios, anécdotas, interaccións entre varios falantes á vez, entrevistas, debates |
|
|
|
Competencias orais: saber desenvolverse oralmente con falantes nativos e non nativos; proporcionar información, expresar e xustificar opinións, realizar comentarios axeitados, expresar acordo e desacordo, comparar, describir e especular. En resumo, os alumnos deben ser capaces de levar a cabo a comunicación eficaz, e de responder plenamente aos estímulos orais. |
|
|
|
Lingua e uso: posuír un vocabulario xeral amplo; coñecer frases e colocacións comúns, matices, verbos con partícula, modos de enlazar oracións; realizar transformacións gramaticais con soltura |
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
-ESCRIBIR:
Como escribir tanto un ensaio argumentativo coma un ensaio de investigación en estilo MLA
|
Que é o estilo de escritura MLA? Estilo e rexistro; linguaxe formal e informal; connotación e denotación; post-estruturalismo e oposición binaria; puntuación; parágrafo; conectores; o ensaio (e.g. o argumentativo e o de investigación); título; introdución; (hipó)tesis vs. tema; corpo; conclusión; fontes de información (web e imprimidas); lista de obras citadas; as citas no corpo do texto; plaxio; notas ao pé e ao final
|
-LER: Como facer exercicios de comprensión lectora |
Que é o pensamento crítico? Diferentes niveis de comprensión dun texto; gramática; vocabulario; estrutura; figuras retóricas; historia e trama; temas; caracterización; inferencia; dedución; análise; alcance e repercusión; significado e interpretación; conclusións; etc.
|
-FALAR: Como falar en público; como facer unha presentación oral; como participar nun debate; como comportarse nunha entrevista de traballo
|
Tipos de discursos; consejoss para loitar contra o medo escénico; uso de pausas, entoación e ritmo na oralidade; linguaxe corporal; cohesión e coherencia; convencer e persuadir; etc.
Os debates de clase estarán relacionados con temas relevantes como: arte e literatura, sexismo, videoxogos, obsesión coa aparencia física, capitalismo, homosexualidade, etc. Se queda tempo, aceptarei suxestións dos/ás estudantes sobre outros temas.
|
-GRAMÁTICA: Repaso e consolidación de estruturas gramaticais importantes. |
Oracións condicionais; voz pasiva; pasado con significado de presente e/ou futuro; verbos modais; verbos con partículas; casos especiais de concordancia substantivo-verbo; etc.
|
-ESCOITAR: Gravacións audiovisuais en torno á gramática e as entrevistas de traballo
|
Os exercicios auditivos estarán relacionados coa gramática vista en clase. Os/ás estudantes tamén traballaredes con entrevistas de traballo e practicaredes para a proba auditiva e o exame oral.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
25 |
25 |
50 |
Seminario |
12 |
5 |
17 |
Traballos tutelados |
4 |
8 |
12 |
Presentación oral |
0.5 |
12 |
12.5 |
Obradoiro |
25 |
25 |
50 |
Proba mixta |
2.5 |
4 |
6.5 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Esta sesión completarase con discusiones dirixidas. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema ou dunha lectura. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado expón traballos.
|
Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas prácticas. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Estou a disposición dos estudantes no meu despacho nas horas de titoría, como tamén a través do teléfono e o correo electrónico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
(GRUPOS MEDIANOS coa coordinadora): En parte destes grupos, faremos exercicios de comprensión lectora de RELATOS breves que estarán colgados en MOODLE. Os/ás estudantes deben LER estes textos breves por adiantado, como tamén preparar os EXERCICIOS deMoodle que serán corrixidos en clase. |
10 |
Proba mixta |
As partes do exame organizaranse como segue:
-LECTURA (con coordinadora): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos relatos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o último día de clase. DATA DO EXAME: 28 de maio
-ESCRITURA (con coordinadora): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora; o devandito ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática coma coa escritura tipo MLA. Así pois, o ensaio debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión. DATA DO EXAME: 28 de maio
-PROBA AUDITIVA (con lector): Test de elección múltiple sobre unha gravación dunha entrevista de traballo. DATA DO EXAME:
aprox. a principios de maio (anunciaranse os detalles no seu momento)
-EXAME ORAL (con lector): Entrevista de traballo. DATA DO EXAME: aprox. a principios de xuño (detalles por anunciar) |
50 |
Sesión maxistral |
(GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas, debates de estudantes e práctica de estudantes sobre fala, escritura e gramática. Antes dos debates, os/ás estudantes terán que ler NOTICIAS (ou ver VÍDEOS) que colgarei en Moodle. Os/ás estudantes DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos; despois, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN as súas opinións nun ensaio argumentativo. Para ser coherente coas vosas presentacións orais en grupo (ver abaixo), introducirei un DATO DIVERTIDO in cada clase. |
10 |
Presentación oral |
Os/as estudantes deberían facer un PROXECTO entre 5 e 10 persoas; o proxecto consistirá en inventar un PRODUTO ou MÉTODO para incentivar o sentido do HUMOR e/ou o ENTUSIASMO das persoas. Mentres se fala, os/as estudantes terán prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que gravar e subir o VÍDEO do proxecto e mandalo o GUIÓN (en formatos Word e PDF) á coordinadora por correo electrónico nunha data por fixar; o resto das directrices explicaranse en clase. |
10 |
Traballos tutelados |
Teredes que facer dúas tarefas:
(1) un CV (para o lector) e
(2) unha lista de Obras Citadas en estilo MLA (para a coordinadora).
En clase darémosvos as pautas para escribir tanto o CV como a lista de Obras Citadas. En canto á última, debe ter un TEMA elixido polo/a estudante e proporcionar un listado estilo MLA de:
-un libro, un capítulo de libro, un artigo de JSTOR, unha páxina web e unha fonte electrónica extra (e.g. entrevista en YouTube) SOBRE O TEMA ELIXIDO |
10 |
Obradoiro |
(GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector): En parte dos grupos medianos e en todos os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a como realizar CV e entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer deberes baseados en material que estará en MOODLE. |
10 |
|
Observacións avaliación |
- Para poder superar a materia, hai que sacar polo menos un 4 (sobre 10) en dúas partes descritas no cadro de avaliación--que son TRABALLOS TUTELADOS e EXAMES--e polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL. -Os/as estudantes repetidores/as que queiran realizar as tarefas non obrigatorias (e.g. participación en clase) e non poidan asistir a clase por incompatibilidade horaria deberán poñerse en contacto comigo ao comezo do cuadrimestre. Entón, asignareilles outras actividades con que suplir as devanditas tarefas non obrigatorias. - As datas de entrega dos traballos tutelados e do resto das actividades anunciarase a comezos do semestre en clase e na plataforma Moodle.
- Os traballos deben entregarse en tempo e forma. Só aceptaranse entregas con atraso única e exclusivamente se hai unha causa debidamente xustificada (p. ex. cun xustificante médico). - Os traballos que mostren signos de plaxio serán cualificados cun 0. - Valorarase o traballo voluntario extra dos/as alumnos/as, que pode ser de tres formas: (1) escribir un ou dous ENSAIOS ARGUMENTATIVOS de modo individual para a coordinadora (240/250 palabras), (2) escribir un único ENSAIO DE INVESTIGACIÓN de modo individual para a coordinadora (450/500 palabras), (3) participar en solitario ou en grupo nun ESPECTÁCULO que se celebrará no mes de maio coa coordinadora e/ou o lector (entre 1 e 10 minutos por persoa e/ou grupo)-los detalles serán anunciados máis adiante. O devandito traballo voluntario extra poderá valer ata un 10% que será engadido sobre a nota final. - En caso de folga de profesores/ás en días de clase, se fose necesario, os/as docentes dotarán aos/ás estudantes de material didáctico a través de Moodle. En caso de folga de alumnos/as, os/as docentes poderían pedilos aos/ás estudantes a entrega de exercicios con que substituír o traballo dese/vos día/s. - Xa sexa na primeira ou a segunda oportunidade, os/as estudantes que non vingan ao exame serán cualificados/ás como Non presentados/ás. - Para a oportunidade de XULLO, ademais das partes do exame (50%) e os traballos tutelados (10%), os/as estudantes poderán facer as tarefas non obrigatorias da seguinte forma: (sesión maxistral: 10%) resumos do material ofrecido nas clases teóricas e redacción de ensaios fixados pola profesora; (seminario: 10%) exercicios de lectura similares aos realizados en clase; unha presentación oral individual (10%); e exercicios equivalentes aos efectuados no taller (10%). Chegado o momento, anunciarei os detalles en Moodle. - Aqueles/ás alumnos/ás que se matriculasen oficialmente a tempo parcial e teñan concedida a DISPENSA académica, como establece a normativa desta Universidade, serán avaliados/as en xuño o xullo seguindo os mesmos criterios estipulados na oportunidade de xullo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA Collins COBUILD Advanced
Dictionary of English. London: Collins ELT,
2012. Print. Collins COBUILD
Students’ Dictionary plus Grammar (Book & CD). London: Collins ELT, 2005. Print. Cunningham,
Gillie, Jan Bell, and Theresa Clementson. Face2face
Advanced. Student’s Book and DVD Rom. Cambridge: CUP, 2013. Print Downes, Colm. Cambridge English for Job
Hunting. Cambridge: CUP, 2008. Print. Hewings, Martin. Advanced Grammar in
Use: a Self-study Reference and Practice Book for Advanced Learners of English;
with Answers and CD-ROM. Cambridge: CUP, 2013. Print. ---. Cambridge Grammar for CAE and
Proficiency with Answers and Audio CDs. Cambridge: CUP, 2009.Print. Hopkins, Diana, and Pauline Cullens. Cambridge
Grammar for IELTS with Answers: a Self-study Grammar Reference and Practice.
Cambridge: CUP, 2007. Print. OED. Oxford English
Dictionary. OUP. Web. 1 July 2014. Swan,
Michael. Practical English Usage. Oxford:
OUP, 1996. Print. The
Purdue OWL Family of Sites. The
Writing Lab and OWL at Purdue and Purdue U, 2008. Web. 1 July 2014. Vince, Michael. Advanced Language
Practice: English Grammar and Vocabulary. Oxford: Macmillan, 2009. Print. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|