Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) A Literatura Inglesa e a súa Crítica Código 613G03032
Titulación
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Gomez Blanco, Carlos Juan
Correo electrónico
carlos.gomezb@udc.es
Profesorado
Gomez Blanco, Carlos Juan
Correo electrónico
carlos.gomezb@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das escolas de crítica literaria máis relevantes aplicadas a literatura inglesa.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. A3
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. A1
A2
A3
A10
Investigar axeitadamente no entorno a crítica literaria e a súas teorías, tanto dun xeito sincrónico como diacrónico. A14
Coñecer ben as literaturas en lingua inglesa. A16
Saber utilizar as ferramentas tecnolóxicas de análise e investigación para a procura de información. B1
Ter sentido crítico e aptitude crítica ante a literatura. B7
Apreciar a diversidade reflectida na literatura. B8
Saber autoinformarse de maneira crítica. B3
Saber relacionar coñecementos de diferentes áreas. B5
Valorar a importancia de investigación na sociedade e o uso das tecnoloxías da información. B9
Comportarse con ética e responsabilidade. B10
Dominar a expresión oral e escrita do idioma inglés. C2
Utilización correcta das TICs nesta materia. C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Conceptos
1.1 Qué é a literatura? E a literatura inglesa? 1.2 Qué é a teoría literaria? Para qué sirve?1.3 Escritores e críticos: a quén lle pertenece o texto? 1.4 Validación: o cánon literario. 1.5 Axentes de mediación (publicidade, traductores, público, críticos, etc). 1.6 Centro e periferia: estandards e alternativas. 1.7 Breve reseña da historia da teoría literaria: desde Matthew Arnold, os Cambridge critics e os New Critics hasta o ecocriticismo.
2. Texto, autor e lector, e o proceso comunicativo 2.1 "Meaning" e "significance" (Hirsch)
2.2 Obxectivitidade e subxectividad. Intencionalidade autorial e recepción. ¿o autor está morto?
2.3 Aberto/ pechado (Eco).
2.4 Fontes relacionadas: I. A Richards, Hirsch, Roland Barthes, Umberto Eco, W. Iser, Wayne C. Booth, Estructuralismo, Stanley Fish.
3. A persona autorial 3.1 Autores implícitos e lectores: o proceso de comunicación. Identidade. Narradores e narratarios. Voz e punto de vista.
3.2 Voz poética e alter ego.
3.3 Dramaturgos e persoaxes
3.4 Drama e teatro
3. 5 Fontes: E. M. Forster e E. Muir. Wayne C. Booth e a Escola de Chicago; Actos de Fala (Grice e M. L. Pratt); Chatman e Genette (narratoloxía)
4. Forma e contido. A linguaxe literaria 4.1 Existe a linguaxe literaria?
4.2 A forma ten significado? A literatura é útil? Fiction/Non fiction.
4.3 Semiotica: Saussure e Peirce.
4.4 Metáfora, metonimia: realismo e modernismo
4.5 Foonocentrism: dende o Estructuralismo ata o Poststructuralismo. Texto coma communicación ou placer.
4.6 Fontes: Humanismo, Formalismo e Marxismo Fowler, Lodge, Deconstrucción, Barthes.
5. Texto, historia, cultura e a natureza 5.1 Historiografia e a novela histórica.
5.2 Universal / contextual.
5.3 Cultura e ideoloxía
5.4 Xénero: teorías e evolución. "Gay studies".
5.6 Poder e subversion: Foucault. Historicism e Cultural Materialism.
5.7 Identidade national/lingüística. postcolonialismo versus eurocentrism0.
5.8 Natureza: ecocriticismo.
5.9 Hayden White, Eagleton, Dollimore, Bakhtin, Said.
6. Práctica de análise literaria usando distintas perspectivas. 6.1 Lectura de Aphra Behn, The Rover
6.2 Lectura de Conrad, Heart of Dakness

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 12 11 23
Lecturas 0 35 35
Traballos tutelados 1 11 12
Presentación oral 4 10 14
Proba mixta 0 4 4
Análise de fontes documentais 10 7 17
Discusión dirixida 2.5 3 5.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións do profesor para a explicación de temas teóricos: escolas críticas e a sua aplicabilidade.
Lecturas Lecturas das fontes do programa, moitas delas fotocopias de fontas diversas, que o alumnado debe realizar pola súa conta e ter feitas para participar nas clases prácticas da materia. As fotocopias se facilitarán con anterioridade. En canto aos dous textos literarios (Behn e Conrad), existen copias na biblioteca.
Traballos tutelados un ensaio académico individual de entre 5 e 7 páxinas a dobre espacio (incluindo a lista de obras citadas). Os temas posibles se indicarán durante o curso.
Presentación oral Unha presentación oral individual ou entre dúas ou tres persoas: exporase A) unha lectura/interpretación dun texto literario desde unha perspectiva crítica concreta; ou B) un resumo e analise explicativo dunha fonte teórica breve. Ante todo, os/as estudantes tentarán abrir un debate para continualo con toda a clase, que deberá propor alternativas á interpretación presentada
Proba mixta Proba evaluadora con preguntas de diferentes tipos que será deseñada para avaliar o 50 por cento da materia. A proba mixta pode incluir aspectos como preguntas de tipo test, preguntas para desenvolver, análisis prácticos de textos, etc.
Análise de fontes documentais Actividade na que os alumnos traballan sobre fontes documentais relevantes para a asignatura, xa sexan fontes primarias ou secundarias.
Discusión dirixida Discusións sobre aspectos da materia e intercambio de opinións nos grupos prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
O alumno recibirá atención personalizada para a realización dos seus traballos e para a elaboración da presentación oral. Os alumnos poderán estar en contacto co profesor dun xeito continuado a través do enderezo electrónico e da plataforma UDC Moodle.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Comentarios de texto feitos na clase. Se recollerán tres ou catro durante o curso. 1.5 punto. 15
Traballos tutelados Realizacion dun traballo individual que teña que ver con algún aspecto da materia. Un plaxio confirmado supón a non cualificación desta proba. 2 puntos 20
Proba mixta Proba deseñada para avaliar esta materia nun 50 por cento da nota (5 puntos). Os alumnos/as deberán obter 4 sobre 10 puntos (2 de 5 en realidade) para poder facer media e aprobar. 50
Presentación oral Presentación elaborada por un, dous ou tres alumnos /as relacionada co programa da materia. 1.5 puntos. 15
 
Observacións avaliación
  • Nesta materia valorarase especialmente o coñecemento dos principios básicos de cada escola crítica literaria, e, asemade, a capacidade do alumno para analizar razoadamente, empregando eses coñecementos teóricos básicos, dous textos literarios ingleses.
  • A nota final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán obter tamén un mínimo de 2 sobre 5 puntos no exame, e de 2 sobre 5 na evaluación contunua.
  •  Os alumnos/as que non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non terán notas de evaluación continua. É necesario obter 2 puntos e terán que recuperalos na convocatoria de recuperación ou segunda oportunidade, ainda que teñan 5 de 5 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado.
  • A única lingua empregada en clase, os traballos e os exames será o inglés. As faltas de expresión graves (non de estilo) en lengua inglesa mermarán a nota en calquer actividade. Polo tanto recoméndase ós alumnos/as que se esmeren na redacción e a revisen. Tampouco se permitirán plaxios de fontes escritas ou dixitais nos exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en certa medida, ainda que é lóxico,e polo tanto perdoable, que os comentarios e interpretacións do profesor subexistan tras dita competencia.
  • Cando o alumno/a, por circunstancias varias (enfermedade xustificada, dispensa, etc) , non poda facer a presentación oral, sempre poderá entregar un segundo traballo por escrito antes de exame de primeira oportunidade para que a actividade compute entón. 2 puntos sobre 10.
  • Os alumnos/as que asistan e participen durante o curso na evaluación continua non poderán ser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % das actividades.
  • Os alumnos a tempo parcial con dispensa deberán falar co profesor durante as duas primeiras semanas para buscar alternativas á evaluación contínua na primeira oportunidade.
  • A avaliación na oportunidade de xullo dividirase do xeito seguinte: 50% exame final + 50% actividades que sustituirán o traballo feito durante a avaliación contínua e que se especificarán ao publicar as notas da primeira oportunidade.

  • Fontes de información
    Bibliografía básica

    Esta bibliografia é de fontes teóricas de consulta. Se facilitarán fotocopias varias durante o curso para traballar con elas.

    Ademáis, se deben leer duas fontes literarias para explorar as aproximacións críticas explicadas:

    Aphra Behn, The Rover.

    Joseph Conrad, Heart of Darkness.

    Bibliografía complementaria

     


     Guerin, Wilfred L., et al. (1992). A Handbook of Critical Approaches to Literature. 3rd ed. New York: Oxford University Press
     Barry, Peter (2002). Beginning Theory: An Introduction to Literary and Cultural Theory. Manchester: Manchester University Press, 1995 (2002).
     Cullers, Jonathan (2000). Breve introducción a la teoría literaria. Barcelona: Crítica

    Elam, Keir. The Semiotics of Theatre and Drama. London: Routledge.

     Tyson, Lois (2006). Critical Theory Today: A User-Friendly Guide. London: Routledge

     Ryan, Michael (2010). Cultural Studies: A Practical Introduction. UK: Wiley-Blackwell, 2010.
     Eagleton, Terry (1996). Literary Theory. Oxford: Blackwell
     Bertens, Hans (2008). Literary Theory: The Basics. . London: Routledge. Second edition.
     Lodge David, ed. (2000). Modern Criticism and Theory: A Reader . London: Longman
     Belsey, Catherine (2002). Post-Structuralism: A Very Short Introduction.. Oxford: OUP, 2002.
     Peck, John, and Martin Coyle, eds (1995). Practical Criticism. (How to Study Literature series). Basingstoke: Macmillan
     Selden, Raman, Peter Brooker and Peter Widdowson (1997). Practising Theory and Reading Literature. Hempstead: Prentice Hall Europe
     Pearce, Lynne (1994). Reading Dialogics . London: Edward Arnold
     Eagleton, Terry (1998). The Eagleton Reader . Oxford: Blackwell
     Glotfelty, Cheryll and Harold Fromm (1996). The Ecocriticism Reader: Landmarks in Literary Ecology.. Athens: The U of Georgia P.
     Leich, Vincent B. ed., et al (). The Norton Anthology of Theory and Criticism. New York: Norton 
     Kermode, Frank & John Hollander eds. (1973). The Oxford Anthology of English Literature. London: OUP.
     Said, Edward W (1983). The World, the Text, and the Critic. Cambridge (MA): Harvard UP
     Gates, Henry Louis, ed. (1986). “Race,” Writing and Difference. Chicago: The U of Chicago P



    Recomendacións
    Materias que se recomenda ter cursado previamente

    Materias que se recomenda cursar simultaneamente

    Materias que continúan o temario
    Introdución aos Estudos Literarios/613G03005
    Literatura Inglesa (XVI-XVII)/613G03021

    Observacións


    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías