Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A5 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
|
A1 A4 A5 A10 A11 A14 A15
|
B1 B2 B3 B4 B8 B10
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Tempi verbali. |
1.1 Il futuro.
1.2 Il passato prossimo.
1.3 Il participio passato.
1.4 Il gerundio.
1.5. L´imperfetto |
2. I pronomi. |
2.1 Studio e uso di alcuni pronomi atoni e tonici.
2.2 Forme accoppiate del pronome atono. |
3. Gli avverbi. |
3.1 Studio e uso degli avverbi di luogo.
3.2 Studio e uso degli avverbi di modo.
3.3 Studio e uso degli avverbi di tempo. |
4. Le preposizioni. |
4.1 Ripasso delle preposizioni articolate. |
5. 'C'è' y 'ci sono'. |
5.1 Ripasso di 'c'è' e 'ci sono' e differenze con le forme spagnole 'hay' e 'estar'. |
6. Esclamazioni. |
5.1 Uso delle forme esclamative tipiche del linguaggio orale italiano: 'dai!', 'su!', 'forza!', ecc. |
7. Gradi dell'aggettivo. |
7.1 Grado superlativo.
7.2 Grado comparativo. |
8. Lingua e cultura. |
8.1 La musica italiana.
8.2 La letteratura italiana.
8.3 Cenni di storia italiana. |
9. La lingua italiana nella vita di tutti i giorni. |
9.1 Cercare lavoro.
9.2 I vestiti.
9.3 I lavori di casa.
9.4 Viaggiare.
9.5 La salute. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
0.5 |
4 |
4.5 |
Prácticas a través de TIC |
1 |
0 |
1 |
Discusión dirixida |
3 |
9 |
12 |
Lecturas |
1 |
3 |
4 |
Sesión maxistral |
16 |
16 |
32 |
Proba mixta |
4 |
28 |
32 |
Proba oral |
0.5 |
3 |
3.5 |
Actividades iniciais |
10 |
5 |
15 |
Resumo |
0 |
7 |
7 |
|
Atención personalizada |
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
Exposición na aula dun tema proposto de antemán polo profesor. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas a través de TIC para o coñecemento e o uso dos recursos, da bibliografía e dos programas relacionados coa materia. |
Discusión dirixida |
Participación do alumnado nun tema de debate suscitado polo profesor, seguindo para iso as pautas marcadas previamente por este. |
Lecturas |
Realización de lecturas fose e dentro da aula. |
Sesión maxistral |
Clases de carácter teórico e práctico impartidas polo profesor sobre os contidos da materia. |
Proba mixta |
Proba con preguntas de diversa índole que permita avaliar os coñecementos e as competencias adquiridos polo alumno nas distintas destrezas. |
Proba oral |
Realización dunha proba oral que permita coñecer os avances do alumno no coñecemento e a competencia da lingua falada. |
Actividades iniciais |
Contan como actividades iniciais participación na aula (audicións, lecturas, comprensión oral...), exercicios en casa e nas aulas e a participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. |
Resumo |
Elaboración dun traballo de redacción e de síntese sobre o libro de lectura obrigada. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Resumo |
Prácticas a través de TIC |
Proba oral |
Actividades iniciais |
Discusión dirixida |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
A aprendizaxe colaborativa, a discusión dirixida, e as prácticas de laboratorio así como a exposición oral dirixida realizaranse dentro da aula. Deste xeito esta metodoloxía permite que o tempo de atención divídase entre todos os alumnos. A proba oral será individual. Así mesmo, levarán a cabo sesións de tutorías de carácter individual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Resumo |
Terase en conta o grao de elaboración e corrección lingüísticas. O traballo terá que ser entregado no prazo indicado para poder ser avaliado. |
15 |
Presentación oral |
Terase en conta tanto a elaboración como a presentación como o grao de corrección lingüística adquirido no nivel oral. |
15 |
Proba oral |
Avaliaranse os coñecementos así como as competencias relativas ao nivel falado da lingua. |
20 |
Proba mixta |
Proba escrita con preguntas de diverso carácter para avaliar os coñecementos e as competencias adquiridas. |
30 |
Actividades iniciais |
Considerase actividades iniciais o conxunto das seguintes actividades: exercizos en clase, participación nas aulas, lecturas, audicións e participación nas actividades programadas relacionadas coa materia. |
15 |
Sesión maxistral |
Terase en conta a asistencia a clase e a participación activa na aula. Non se adquirirá a puntuación se se produce unha falta de asistencia superior ao 10%. |
5 |
|
Observacións avaliación |
Cabe a posibilidade de que eventualmente se produza algún cambio nas probas.
Criterios de avaliación: na primeira oportunidade, o alumno ten que cumprir as seguintes condicións:
1. Aprobar o conxunto da Proba mixta e da Proba oral.
2. Facer polo menos a metade das actividades propostas na avaliación.
Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de prazo. Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non faga o conxunto das Probas mixta e oral, salvo se realizou o 50% ou mais das actividades propostas.
Na segunda oportunidade se o alumno aprobou o conxunto das probas mixta e oral só terá que completar as actividades restantes. Se o alumno non aprobou o conxunto das probas mixta e oral terá que repetilas na sesión de xullo. No caso de non ter feitas ou suspendidas as demais actividades tamén terá que repetilas.
Obterá unha cualificación de "non presentado" quen non realice a proba mixta e, ademais, entregase menos do 50% das actividades do curso.
Ao comezo do curso darase un calendario onde se especifique os días de entrega dos traballos e das diferentes actividades de avaliación.
Os alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carrera Díaz, M. (1994-97). Curso de lengua italiana. Barcelona: Ariel
londero, Eleanor (1992). diccionario Español-Italiano Italiano-Spagnolo. . Barcelona, Collins Grjalbo
guastalla, Carlo y Ciro Massimo Naddeo (2011). Domani 2. Corso di lingua e cultura italiana. Alma Edizioni: Firenze
Sanmarco Bande, M.T. (2002). Gramatica italiana 1. Citania
Sañé, Secundi (2009). Il dizionario spagnolo italiano. El diccionario italiano-español. Bologna: Vox
Arbia, M.T. (2006). Italiano: gramática esencial. Barcelona: Difusión
Zingarelli, Nicola (1994). Lo Zingarelli. Vocabolario della lingua italiana. . Bologna:Zingarelli |
|
Bibliografía complementaria
|
Zingarelli, Nicola (2009). Lo Zingarelli. Vocabolario della lingua italiana. . Bologna: Zingarelli
Diaco, Mimma (2005). Verbos conjugados: italianos. Barcelona: Difusión |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Idioma Moderno 3: Italiano/613G03056 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Idioma Moderno: Italiano/613G03050 |
|
|