Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Demostrar coñecemento e comprensión dos conceptos, principios e teorías básicas relacionadas coas bases de datos. |
A18
|
B3
|
C7 C8
|
Modelar e deseñar bases de datos co obxectivo de permitir o almacenamento da información necesaria para dominios de aplicación concretos, tendo especial coidado coa integridade dos propios datos e as necesidades da organización á que está destinada a base de datos. |
A18
|
B1 B2 B3 B4
|
C3 C4 C6
|
Xestionar bases de datos mediante a execución de sentencias SQL. |
A18 A19
|
B1 B3 B4
|
C3 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bases de datos relacionais |
Definición de relación.
Dominios e atributos.
Chaves.
Regras de integridade.
Linguaxe SQL |
Deseño de Bases de Datos |
Problemas de deseño (Anomalías)
Fases de deseño
Deseño conceptual
Paso de ER a modelo Relacional
Normalización |
Sistemas de ficheiros |
Ficheiros
Índices.
|
Álxebra Relacional |
Expresións
Operadores |
Concurrencia e recuperación ante fallos |
Problemas debidos á concurencia e fallos
Transacción
Técnicas de recuperación ante fallos
Técnicas de control da concurrencia |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
13 |
19.5 |
32.5 |
Prácticas de laboratorio |
14 |
33 |
47 |
Proba mixta |
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
26 |
39 |
65 |
|
Atención personalizada |
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
Clases de problemas onde primeiro se expón un problema a solucionar. A continuación déixase algún tempo para que o/a alumno/a intente solucionalo e reflexione sobre distintos aspectos a tratar para resolvelo. Finalmente resólvese na pizarra, posiblemente mostrando erros típicos nas solucións aportadas polos alumnos/as. |
Prácticas de laboratorio |
Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas. Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver as competencias procedimentais. |
Proba mixta |
Exame da materia que combinará preguntas sobre a teoría con problemas a resolver. |
Sesión maxistral |
Clases teóricas de aula. Nelas exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
O profesor/a, despois de propor un problema, debatirá cos alumnos/as as posibles solucións e erros típicos até acadar unha solución satisfactoria.
Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención (semi)personalizada ao haber grupos de ao redor de 20 persoas traballando en pequenos grupos, directamente sobre unha aplicación concreta, en cada ordenador. O profesor atenderá dúbidas puntuais a cada estudante ou grupo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
Para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE, ten tres compoñentes:
-Proba de linguaxe SQL sobre o propio ordenador na aula de prácticas (Porcentaxe: 15% - Puntuación máxima 1.5 pt).
-Deseño e implementación dunha BD (Porcentaxe: 15% - Puntuación máxima 1.5 pt).
Para a SEGUNDA OPORTUNIDADE, só se pode recuperar ou subir nota a Proba de linguaxe SQL, realizando unha serie de exercicios escritos engadidos á proba mixta (Porcentaxe: 15% - Puntuación máxima 1.5 pt).
Porcentaxe da nota global da materia: 30%
Puntuación máxima: 3 puntos
|
30 |
Proba mixta |
Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE haberá que superar unha proba escrita convencional que suporá o 70% do global da nota.
Para aprobar a materia globalmente hai que conseguir na proba mixta unha NOTA MÍNIMA de 3 (sobre 7). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA)
Porcentaxe: 70%
Puntuación máxima: 7 puntos
Nota mínima para compensable: 3 (sobre 7)
|
70 |
|
Observacións avaliación |
- Na PRIMEIRA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba escrita.
- Se se supera a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante non poderá volver a presentarse na SEGUNDA OPORTUNIDADE a "subir nota".
- Se se suspende a asignatura na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante pode decidir volver a avaliarse da proba de linguaxe de SQL ou da proba mixta (ou de ambas) na SEGUNDA OPORTUNIDADE.
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dunha proba, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa proba.
- No caso de realizar a recuperación dunha proba, a nota final na proba será a que obteña nesta segunda oportunidade (sexa maior ou menor que a da primeira oportunidade).
- Na SEGUNDA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes (proba escrita e/ou proba de linguaxe SQL)
DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as
estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles
exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a
totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso
de actividades que requiran dun equipamento específico, ou planificadas
nunha data e hora concretas, se lles facilitará, dentro do posible, unha
alternativa viable se a solicitan.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2014). Fundamentos de Bases de Datos.. Madrid: McGraw Hill
Elmasri, R.; Navathe, S. (2007). Fundamentos de Sistemas de Bases de Datos . Madrid: Addison-Wesley
Rivero, E., Martinez, L., Reina, L., Benavides, J. y Olaizola, J. (2002). Introducción al SQL para Usuarios y Programadores. Madrid: Thomson |
|
Bibliografía complementaria
|
Avi Silberschatz Henry F. Korth S. Sudarshan (2010). Database System Concepts. McGraw-Hill
Cuadra, D.; Castro, E.; Iglesias, A. M.; Martínez, P.; Calle, F. J.; de Pablo, C.; Al-Jumaly, H.; Mo (2007). Desarrollo de Bases de Datos: casos prácticos desde el análisis a la implementación. Madrid: Ra-ma
de Miguel, A,; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M., Cuadra, D.; Iglesias, A. M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Madrid: Ra-ma
Ramez Elmasri; Shamkant B. Navathe (2011). Fundamentals of Database Systems. Addison-Wesley
Piattini, M. G.; Marcos, E.; Calero, C.; Vela, B. (2006). Tecnología y diseño de Bases de Datos. Madrid: Ra-ma |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Informática Básica/614G01002 | Programación II/614G01006 |
|
|