Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Deseño de Intercambiadores de Calor Código 631480216
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñaría Mariña
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enerxía e Propulsión Mariña
Coordinación
Romero Gómez, Manuel
Correo electrónico
m.romero.gomez@udc.es
Profesorado
Romero Gómez, Manuel
Correo electrónico
m.romero.gomez@udc.es
Web http://http://www.udc.es/
Descrición xeral En todos os procesos industriais existen intercambio de calor entre fluídos, por iso é fundamental o seu estudo. Nesta materia trátase os mecanismos de transmisión de calor, especialmente centrados na condución e convección, aplicando a análise térmica aos intercambiadores.
Mediante ferramentas de software realízase o deseño de intercambiadores de calor para diversas aplicacións industriais, o que leva consigo un rigoroso estudo dos tipos de intercambiadores de calor existentes.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Detectar e definir a causa dos defectos de funcionamento das máquinas e reparalas, a nivel de xestión. AM2
Efectuar as operacións de combustible e lastre, a nivel de xestión. AM3
Facer arrancar e parar a máquina propulsora principal e a maquinaria auxiliar, incluídos os sistemas correspondentes, a nivel de xestión. AM6
Facer funcionar a máquina, controlar, vixiar e avaliar o seu rendemento e capacidade, a nivel de xestión. AM8
Manter a seguridade dos equipos, sistemas e servizos da maquinaria, a nivel de xestión. AM9
Manter a seguridade e protección do buque, a tripulación e os pasaxeiros, así como o bo estado de funcionamento dos sistemas de salvamento, de loita contra incendios e demais sistemas de seguridade, a nivel de xestión. AM10
Probar o equipo eléctrico e electrónico, detectar avarías e mantelo en condicións de funcionamento o reparalo, a nivel de xestión. AM14
Vixiar e controlar o cumprimento das prescricións lexislativas e das medidas para garantir a seguridade da vida humana no mar e a protección do medio mariño, a nivel de xestión. AM16
Coñecer e ser capaz de aplicar os códigos, normas e regulamentos relativos á operación de buques e artefactos relacionados coa explotación dos recursos mariños, prestando especial atención aos sistemas de seguridade abordo e á protección ambiental. AM17
Planificar e programar un proxecto no ámbito de investigación operativa e controlar a súa execución e futuro mantemento estimando a influencia dos costos de explotación durante o ciclo de vida para especificar as condicións óptimas de eficiencia e seguridade. Xestionar inventarios. AM18
Regular, controlar, diagnosticar e supervisar sistemas, procesos e máquinas para a toma de decisións en condución e operación AM19
Capacidade para desenrolar tarefas de análise e síntese de problemas teórico-prácticos en base a conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos. AM20
Capacidade para detectar necesidades de mellora e innovar sistemas enerxéticos buscando alternativas viables aos sistemas convencionais e implementar cos métodos, técnicas e tecnoloxías emerxentes máis eficientes para o apoio, asistencia e supervisión da Enxeñaría Mariña. AM24
Aprender a aprender. Resolver problemas de forma efectiva. Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas. BM1
BM2
BM11
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM3
CM7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma CM1

Contidos
Temas Subtemas
1.-Tipos e aplicacións dos intercambiadores de calor
1.1 Disposición de fluxos
1.2 Aplicacións
2.-Deseño térmico e hidráulico de intercambiadores de calor
2.1 Fabricación
2.2 Transferencia de calor e fluxo.
2.3 Estimación de funcionamento
3.- Propiedades mecánicas.
3.1 Efectos da presión
3.2 Expansión térmica
3.3 Vibración e ruido
4.- Mantemento e operación.
Normativa.
4.1 Fallos máis frecuentes
4.2 Estratexias de Mantemento
4.3 Pruebas e operación
4.4. TEMA Standards

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 14 14 28
Solución de problemas 7 14 21
Traballos tutelados 7 7 14
Proba obxectiva 2 6 8
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase a explicación detallada dos contidos da materia e que se distribúen en temas. O alumno contará en todo momento cunha copia mecanografiada do tema a tratar en cada sesión maxistral. Foméntase a participación en clase, a través de comentarios que relacionan os contidos teóricos con experiencias da vida real.
Solución de problemas Resolveranse exercicios propostos, permitindo a aplicación dos modelos matemáticos máis axeitados a cada caso, incluíndo manexo de software, aplicación das hipóteses máis axeitadas, relación cos contidos teóricos desenvolvidos nas sesións maxistrais e vinculación co exercicio profesional
Traballos tutelados Resolución de problemas de maiores esixencias que os resoltos en clase ou de temas de especial relevancia.
Proba obxectiva Valórase o grao de coñecemento adquirido sobre a materia en cuestión, tendo en consideración tanto a parte teórica como de problemas

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Trátase de orientar ao alumno naquelas cuestións relativas á materia impartida e que resulten de especial dificultade para a súa comprensión. Tamén se inclúen as correspondentes revisións de exames. As canles de información e contacto serán a Facultade Virtual e as tutorías individualizadas que se desenvolven durante a semana.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Aasistencia ás sesións presenciais computará dentro da nota final. 10
Solución de problemas Resolución de problemas, se é posible, con software 10
Proba obxectiva Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos
básicos da materia, considerando as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e formulacións na resolución de problemas.
Valorarase expresamente o grao de evolución do alumno e a súa capacidade para analizar, axuizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teóricopráctica
equilibrada.
Cada proba parcial (como mínimo dous parciais) achegará un 35% e a proba obxectiva global (nota media
de ambas) reportará un 70% do total da avaliación da materia
70
Traballos tutelados Presentación e defensa dos traballos realizados. Valorarase estrutura, pulcritude, método expositivo e orixinalidade. 10
 
Observacións avaliación

Formularase un exame final para aqueles alumnos que non participen da avaliación continua da materia ao longo do curso (o seu cumprimento requirirá un mínimo de 80% de asistencias e ter entregado un 85% dos traballos propostos ao grupo ou individualmente).Permite avaliar e comprobar os resultados esperados en canto ao contido global da materia e verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos. O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta de dúas partes:a) teórica (50%); b) práctica (50%); con valoración independente, nas que será necesario obter un mínimo de 3 puntos en cada unha para os efectos de media.

Competencias que
se avalían con cada metodoloxía:

- Sexión magistral: C1, C7

- Solución de problemas: A2, A9, A10, A14, A17, A18, A19, B1, B2, C3

- Traballos tutelados: A3, A8, A9, A18, A20, A24, B11, C1, C3, C7



- Proba obxectiva: A2, A3, A6, A8, A9, A10, A14, A16, A17, A18, A19, A20, A24, B1, B2,
B11, C1, C3, C7.


Fontes de información
Bibliografía básica Fraas, Arthur P. (1980). Heat exchanger desing. New York : John Wiley & Sons
Kadaç, Sadik (2002). Heat exchangers selection, rating and thermal design. Boca Raton : CRC Press
Andreone, Carl F. (1997). Tubular heat exchanger inspection, maintenance, and repair. New York : McGraw-Hill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías