De conformidade coas orientacións establecidas pola Facultade e os ecriterios de coordinación acordados para a área,
- As oportunidades de Xuño e Xullo avaliaranse calculando unha media entre os resultados da avaliación continua e da proba final, ponderados ó 50%
- Oportunidade adiantada: avaliarase en función do resultado dunha proba mixta comprensiva de tódolos contidos e competencias propios da materia, de acordo coa guía do curso inmediatamente anterior
Tódalas probas deberán realizarse nas datas e horas sinaladas a tal efecto polos profesores ou, cando proceda, polos órganos da Facultade, agás nos supostos que no seu caso prevea a normativa académica; de non se realizar, cualificaranse como cero a efecto de calcula-la cualificación final.
De conformidade coa normativa da Facultade, cualificarase como "non presentado" exclusivamente ós alumnos que desenvolvan tarefas que ponderen menos dun 20% na avaliación xeral do curso, con independencia da cualificación acadada.
Caso de se considerar conveniente publicarase un
documento de “normas de exame” con aclaracións adicionais de cara á realización
das probas. Exclusivamente nas probas finais, as normas de exame poderán
preve-la posibilidade de que os alumnos usen determinado material de apoio,
sempre de forma voluntaria; en ningún caso se permitirá o uso de documentos en
formato electrónico nin de material que vulnere a lexislación sobre propiedade
intelectual, en particular de libros fotocopiados.
Durante as aulas, salvo
autorización expresa por parte dos profesores, os móbiles, ordenadores e
aparellos electrónicos similares permanecerán en todo momento fóra da vista; durante
os exames deberán ademais estar apagados. O incumprimento destas normas ou o
uso indebido destes aparellos serán causas de expulsión da aula ou dos exames,
e neste último caso terán a interpretación de fraude.
A comisión de fraude poderá
implicar que o alumno deba examinarse de forma oral ante un Tribunal composto
polo equipo docente da materia, sen perxuizo doutras consecuencias académicas
que se poidan derivar.