Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Organización de Empresas Código 650G01016
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Rungo , Paolo
Correo electrónico
paolo.rungo@udc.es
Profesorado
Rodriguez Fernandez, Maria Jose
Rungo , Paolo
Correo electrónico
maria.jose.rfernandez@udc.es
paolo.rungo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral A materia "Organización de Empresas" analiza os aspectos fundamentais do deseño organizativo a partir de estratexia da empresa, para determinar a súa estrutura e as relacións internas. Así mesmo, discútense as decisións relativas ás fronteiras da empresa, tantos verticais como horizontais. Os resultados de aprediizaxe detállanse no apartado correspondente desta guía.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Aprender a aprender, por exemplo, cómo, cándo, ónde novos desenvolvementos persoais son necesarios.
A2 Auditar unha organización e deseñar planes de consulta (por exemplo lexislación impositiva, inversións, estudo de casos, proxecto de traballo).
A3 Comprender detalles do funcionamento empresarial, tamaño de empresas, rexións xeográficas, sectores empresariais, vinculación con coñecemento e teorías básicas.
A14 Xestionar as operacións da empresa.
A16 Identificar aspectos relacionados e comprender o seu impacto na organización empresarial.
A17 Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
A18 Identificar as características dunha organización.
A19 Identificar novos desenvolvementos de organizacións empresariais para afrontar con éxito o entorno cambiante.
A22 Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións.
A24 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado como non especializado. C1
Elaborar informes profesionais. A2
C1
Reflexionar de forma crítica sobre o desenvolvemento profesional e establecer necesidades propias de formación. A1
C7
Buscar e sintetizar información relevante sobre o contorno da empresa. A16
A17
A24
Desenvolver escenarios futuros útiles para a comprensión do mercado e para a valoración de estratexias empresariais. A16
A17
A19
A24
Describir os principios e os modelos básicos do deseño organizativo. A3
A16
A18
Describir os elementos principais dun sistema de remuneración e valorar o seu funcionamento. A16
A22
Analizar os factores que afectan as decisións sobre fronteiras horizontais e verticais dunha empresa. A14
A16
Analizar e experimentar os procesos de toma de decisións individuais e en grupo. C4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Toma de decisións individuais e en grupo. - Trampas cognitivas na toma de decisións.
- Dinámicas de toma de decisións en grupo.
Tema 2. Planificación de escenarios. - Proxectos de planificación de escenarios.
- Valoración de estratexias empresariais fronte a escenarios futuros.
Tema 3. Principios de deseño organizativo. - Principios básicos e modelos de deseño.
- A evolución do deseño organizativo.
- Organizar ao redor dos clientes.
- Centralización e descentralización.
Tema 4. Remuneración e incentivos. - Problemas de información; teoría do Principal e Axente.
- Incentivos nas organizacións.
Tema 5. Fronteiras da empresa. - Fronteiras horizontais: economías de escala, diversificación.
- Fronteiras verticais: "make or buy", investimentos específicos, bloqueos e integración. Aprovisionamento estratéxico.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 0 17
Estudo de casos 9 4.5 13.5
Traballos tutelados 10 20 30
Presentación oral 3 4.5 7.5
Seminario 4 0 4
Portafolios do alumno 3 3 6
Proba mixta 0 62 62
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación e discusión dos conceptos teóricos relevantes.
Estudo de casos Estudo de casos de empresa sobre as temáticas analizadas en clase.
Traballos tutelados Proxecto de desenvolvemento de escenarios.
Presentación oral Presentacións orais en clase.
Seminario Por cada grupo de estudantes formaranse dous subgrupos. Con estes subgrupos fixaranse titorías de 4 horas repartidas durante os cursos para profundar nas competencias relacionadas co traballo en grupo e as presentacións orais.
Portafolios do alumno Desenvolvemento e mantemento do portafolio da materia.
Proba mixta Exame final. O exame final componse de preguntas "abertas".

Atención personalizada
Metodoloxías
Portafolios do alumno
Descrición
Retroalimentación personalizada mediante o portafolio da materia

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Presentacións orais realizadas durante o grupo de forma individual e en grupo. 5
Proba mixta Exame final da materia. 40
Estudo de casos Preparación dos casos de estudo, e participación e discusión en clase. 20
Portafolios do alumno Mantemento do portafolio da materia 5
Traballos tutelados Traballo en grupo: proxecto de desenvolvemento de escenarios. 30
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación continua -estudo de casos; traballos tutelados; presentacións orais; portafolio do alumno- e o exame final valoran resultados de aprendizaxe e competencias distintas. Por tanto, para aprobar a materia é necesario aprobar as dúas partes (avaliación continua e exame final) de forma independente. É dicir, para aprobar a materia é necesario acumular un mínimo de 3 puntos sobre 6 na avaliación continua e de 2 puntos sobre 4 no exame final. Non se terá en conta nin se gardará a nota do exame final para futuras oportunidades en caso de non superar a avaliación continua.

Os criterios de avaliación son os mesmos en todas as oportunidades de cada convocatoria. En caso de non superar a parte de avaliación continua durante o curso, será posible recuperar algúns puntos mediante traballos tutelados antes da segunda oportunidade (exame de xullo). As actividades que se poderán recuperar son as que non necesitan nin presencialidade nin seguimento continuado, é dicir, os estudos de casos sen discusión en clase (1 punto) e o traballo tutelado (3 puntos). Os estudantes a tempo parcial poderán acollerse a esta modalidade de recuperación da avaliación continua tamén para a primeira oportunidade de exame.

A efectos de cualificación, enténdese que un alumno non se presentou a esta materia se a súa participación no sistema de avaliación non lle permite obter 2 ou máis puntos sobre 10, independentemente das cualificacións obtidas.


Fontes de información
Bibliografía básica Kates, A., Galbraith, J.R. (2007). Designing your organization. San Francisco, CA: Wiley
Brickley, J., Smith, C., Zimmerman, J. (2005). Economía Empresarial y Arquitectura de las Organizaciones. . Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España
Chermack, T.J. (2011). Scenario Planning in Organizations. San Francisco, CA: Berrett-Koehler Publishers

Bibliografía complementaria Gibbons, R. (2005). Four Formal(izable) Theories of the Firm? . Journal of Economic Behavior and Organization 58: 202-247.
Gibbons, R. (2010). Organizational Economics and Corporate Strategy, Lectures 1 & 2. . MBA Course 15.903 at the MIT Sloan School of Management. Available at: http://web.mit.edu/rg
Lazear, E. (2000). Performance Pay and Productivity.. American Economic Review 90: 1346-61.
Gibbons, R. (2003). Team Theory, Garbage Cans, and Real Organizations: Some History and Prospects of Economic Research on Decision-Making in Organizations. . Industrial and Corporate Change 12: 753-87.
Coase, R. (1937). The Nature of the Firm.. Economica, 4: 386-405
Williamson, O. (1979). Transaction Cost Economics: The Governance of Contractual Relations.. Journal of Law and Economics 22: 233-61.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Economía e Xestión da Empresa Familiar/650G01040

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Principios de Microeconomía/650G01002
Economía da Empresa: Función Organizativa/650G01003

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías