Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Finanzas Internacionais Código 650G01039
Titulación
Grao en Ciencias Empresariais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Sanchez Santos, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.sanchez@udc.es
Profesorado
Sanchez Santos, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral Os contidos desta materia céntranse fundamentalmente na análise dos mercados financeiros e nos instrumentos financeiros dispoñibles para a xestión financeira empresa. En particular, os mercados financeiros internacionais pon a disposición da empresa internacionalizada diversos instrumentos que lle permiten captar recursos financeiros, colocar os seus excedentes de tesouraría e cubrir riscos propios da actividade internacional. Por tanto, é conveniente que os xestores de empresa coñezan estes mercados, así como os instrumentos e produtos que poidan resultarlle útiles nas tarefas de xestión. En particular, estudarase, por unha banda, o funcionamento dos mercados de divisas, débeda e accións e, por outro, a xestión e cobertura dos riscos de cambio, interese e crédito.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A15 Xestionar os recursos financeiros.
A17 Identificar o impacto dos elementos micro e macroeconómicos na organización empresarial.
A24 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Entender as bases do funcionamento dos mercados de bonos, accións e divisas A15
A17
A24
C1
C2
Identificar las características de los activos que se negocian en los mercados financieros: bonos, acciones y divisas A15
A17
A24
C1
C2
Entender e identificar os principais factores que inflúen no prezo dos distintos activos financeiros: tipos de interese, tipos de cambio e cotizacións bolsistas A15
A17
A24
C1
C2
Identificar, analizar e xestionar os distintos tipos de risco financeiro aos que están expostos empresas e investidores A15
A17
A24
C1
C2
Analizar e interpretar as informacións e datos relacionados coa realidade os mercados financeiros A15
A17
A24
C1
C2
Manexar fontes documentais en ingles C2
Amosar interese polas cuestións relacionads con campo de estudo das Finanzas Internacionais C4
Participar activamente na discusión dos temas abordados no programa da materia C4
Apreciar a importancia das consideracións éticas no desenrolo da actividade profesio nal no sector financeiro. C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. O MERCADO DE DIVISAS E OS TIPOS DE CAMBIO 1.1. Introdución

1.2. Estrutura xeral e operativa dos mercados de divisas

1.3. Teorías explicativas do tipo de cambio

1.4. Casos prácticos
TEMA 2. O MERCADO DE DEBEDA E OS TIPOS DE INTERESE 2.1. Introdución

2.2. Caracterización e funcionamento do mercado de débeda

2.3. Factores determinantes dos tipos de interese

2.4. Casos prácticos
TEMA 3. O MERCADO DE ACCIONS 3.1. Introdución

3.2. Caracterización e funcionamento do mercado de accións

3.3. Factores determinantes da evolucion dos mercados bolsistas

3.4. Casos prácticos
TEMA 4. XESTIÓN E COBERTURA DE RISCOS FINANCEIROS 4.1. Introducción

4.2. Gestión y cobertura del riesgo de cambio

4.3. Gestión y cobertura del riesgo de interés

4.4. Gestión y cobertura del riesgo de crédito

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 17 34 51
Solución de problemas 15 30 45
Estudo de casos 8 12 20
Lecturas 0 6 6
Discusión dirixida 2 0 2
Proba mixta 2 20 22
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Solución de problemas Resolución de casos prácticos concretos que esixe a aplicación dos coñecementos traballados na aula
Estudo de casos Descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto polo alumno a través dun proceso de discusión dirixido polo profesor
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editado como fonte de profundización nos contidos traballados na aula. Presentaranse en papel ou en soporte dixital. Informarase previamente ao estudante dos contidos que terá que traballar
Discusión dirixida Participación activa na discusión dos temas de actualidade propostos polo profesor e relacionados cos contidos do programa da materia
Proba mixta Proba escrita utilizada par a avaliación da aprendizaxe que se realiza co obxectivo de avaliar coñecementos, capacidades e destrezas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
As horas establecidas como atención personalizada correspóndense coas tutorias programadas para grupos reducidos. Atención e resolución de dúbidas relativas aos contidos explicados na sesión maxistral ou que xorden nos procesos de resolución de casos prácticos e na discusión de casos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta O exame final consistirá nunha única proba escrita de carácter teórico que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos recolleitos no programa e desenvolvidos na aula.

Esta proba poderá incluír preguntas tipo test.

Na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, as capacidades de análises e sínteses do alumno.


A puntuación do exame final establécese sobre un máximo de 7 puntos

70
Estudo de casos Formulación de situacións específicas que expoñen un problema que ha de ser valorado e resolto polo alumno. Realizarase unha proba avaliable ao longo do curso. 10
Solución de problemas Resolución de casos prácticos concretos que esixe a aplicación dos coñecementos que previamente se traballaron na aula. Realizaranse dúas probas avaliables ao longo do curso. 20
 
Observacións avaliación

Na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, as capacidades de análises e sínteses do alumno. Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. A puntuación do exame final establécese sobre un máximo de 7 puntos.

Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante o curso, o alumno pode alcanzar o 30 % da cualificación final (3 ptos.).

Para superar a materia requírese unha cualificación final de cinco puntos (computada a suma da avaliación continua e o exame final). 

Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles alumnos que non se presenten ao exame final (proba mixta) e que ademais non participasen na avaliación continua realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 80 %.

A avaliación da convocaoaria de xullo realizarase cos mesmos criterios.


Fontes de información
Bibliografía básica DURAN, J.J. y GALLARDO, F. (2013). Finanzas Internacionales para la empresa. Madrid. Pirámide
ANDREU, J.M. (2000). Sobre los fundamentos del dinero y la banca. Madrid:Dykinson

A lo largo del curso se repartirá material adicional de lectura para algunos temas, referencias que servirán como complemento y ampliación de lo explicado en clase.

A lo largo del curso se animará a los estudiantes a la lectura de la prensa económica y, en especial, al seguimiento de las noticias y acontecimientos relacionados con los temas del programa.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías