A avaliación realizarase de forma individualizada en cada unha das materias do máster.
A avaliación será continua e incluirá unha valoración cuantitativa do rendemento de cada
estudante en cada actividade realizada (incluídas as probas de exame que se poidan
programar). Estas actividades serán recollidas polos estudantes nun portafolios por
materia. Nel os estudantes recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos
realizados, lecturas, prácticas, cuestionarios contestados, etc. Este portafolios estará
dispoñible sempre que o profesorado queira supervisalo e, en todo caso, será entregado ao
finalizar as clases presenciais da materia para a súa supervisión e cualificación. Cada
profesor avaliará as actividades realizadas, segundo as metodoloxías docentes empregadas, en
os créditos que teñen asignados. A cualificación na materia será o resultado da media
das cualificacións dos profesores que a impartan. A cualificación de cada profesor será
ponderada segundo o número de créditos que imparte. No caso de utilizar probas puntuais
de exame (proba obxectiva, preguntas tipo tema, etc.) a súa cualificación considerarase como
parte do portafolios da materia, sen que o seu peso poida superar o 50% da nota total
asignada ao portafolios. O resto da cualificación virá determinada polos criterios
seguintes:
Asistencia a clase (por enriba do 80%): 10%
Realización de lecturas e traballos tutelados: 30%
Nivel de rendemento madureza demostrada en actividades prácticas e tutorías:10%