Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Literatura infantil e a súa didáctica Código 652G01024
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Profesorado
Sobrino Freire, Iria
Correo electrónico
iria.sobrino@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende proporcionarlle ao alumnado unha formación básica sobre a literatura infantil e as estratexias didácticas para a introducir na escola, tanto desde a aula como desde a biblioteca escolar.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A6 Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual.
A10 Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo.
A11 Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar.
A12 Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá.
A13 Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable.
A19 Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
A21 Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
A22 Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
A23 Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil.
A28 Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas de innovadoras en educación infantil.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
A30 Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio e con outros profesionais e axentes sociais.
A37 Adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
A41 Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
A42 Coñecer o currículo de lingua e lectoescritura desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A43 Favorecer as capacidades da fala e da escritura.
A44 Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
A45 Coñecer a tradición oral e o folclore.
A46 Comprender o paso da oralidade á escritura e coñecer os diferentes rexistros e usos da lingua.
A47 Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e a escritura e o seu ensino.
A49 Recoñecer e valorar o uso adecuado da linguaxe verbal e non verbal.
A50 Coñecer e utilizar adecuadamente recursos para a animación á lectura e á escritura.
A51 Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil.
A54 Coñecer e utilizar cancións para promover a educación auditiva, rítmica e vocal.
A55 Saber utilizar o xogo como recurso didáctico, así como deseñar actividades de aprendizaxe baseadas en principios lúdicos.
A57 Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas.
B1 Aprender a aprender.
B3 Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B15 Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B19 Comunicación oral e escrita na lingua materna.
B20 Coñecemento de outras culturas e de outras costumes.
B22 Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas.
B24 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade.
B25 Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a tradición oral e o folclore. A45
Coñecer o proceso de aprendizaxe da lectura e o seu ensino. A47
Coñecer e utilizar correctamente recursos de animación á lectura. A1
A2
A4
A6
A10
A12
A13
A19
A21
A23
A28
A29
A30
A41
A42
A43
A44
A45
A49
A50
A51
A55
A57
B1
B3
B4
B5
B6
B11
B12
B15
B19
B24
B25
C1
C4
C7
C8
Adquirir formación literaria e en especial coñecer a literatura infantil. A51
Achegarse á evolución e ás características fundamentais da literatura infantil no mundo occidental, no ámbito estatal e en Galiza A13
A37
A45
A51
B10
B11
B12
B19
B20
B24
C1
Comprender a evolución histórica do concepto de literatura infantil, as particularidades do proceso de comunicación que se xera arredor da literatura con destinatario infantil e os debates arredor do canon literario. A37
B10
B11
B12
B19
B22
C1
Coñecer os principais xéneros da literatura infantil e saber deseñar estratexias didácticas para o seu traballo na aula. A1
A4
A6
A10
A12
A13
A22
A23
A28
A29
A42
A43
A44
A45
A46
A47
A49
A50
A51
A54
A55
A57
B3
B4
B5
B11
B12
B15
B17
B19
C1
Identificar as características da biblioteca escolar e coñecer experiencias de innovación xurdidas a partir desta A10
A11
A12
A13
A28
A41
A42
A43
A47
A50
A51

Contidos
Temas Subtemas
1. Que é a literatura infantil? 1.1. A evolución do concepto de literatura infantil
1.2. O canon literario: criterios para a escolla do libro infantil
2. Orixes e desenvolvemento da literatura infantil 2.1. As orixes da literatura infantil: da tradición oral ao libro para nenos e nenas
2.2. Principais tendencias da literatura infantil e xuvenil actual
2.3. Breve panorama da literatura infantil no ámbito estatal
2.4. Breve panorama da literatura infantil galega
3. Introdución aos principais xéneros e a súa didáctica 3.1. A poesía
3.1.1. Do cancioneiro infantil de tradición oral á poesía de autor/a para nenos e nenas
3.1.2. Didáctica da poesía
3.2. A narrativa
3.2.1. O conto de tradición oral
3.2.2. O álbum ilustrado
3.2.3. O libro-xogo e o álbum sen palabras
3.3. O teatro
3.3.1. A dramatización escolar
3.3.2. Os espectáculos teatrais para nenos e nenas
4. A biblioteca escolar e a animación á lectura 4.1. A importancia da biblioteca escolar
4.2. Experiencias de innovación docente arredor da biblioteca escolar
4.3. O pracer do texto: máis estratexias de animación á lectura

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 15 9 24
Presentación oral 2 4 6
Traballos tutelados 0 40 40
Sesión maxistral 21 0 21
Proba mixta 2 40 42
Lecturas 0 15 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Resolución de tarefas prácticas a través de diversas metodoloxías (exposicións, simulacións, debates, prácticas guiadas, etc.), co apoio e supervisión do profesorado.
Presentación oral Exposición na clase do traballo tutelado.
Traballos tutelados Traballo en grupo consistente na investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado.
Proba mixta Proba que integra preguntas de certa amplitude e preguntas de resposta breve. Valórase o coñecemento dos contidos, a capacidade de síntese, a claridade expositiva e a corrección expresiva.
Lecturas Lectura de obras ou fragmentos seleccionados de obras de literatura infantil.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
A organización en grupos pequenos das sesións interactivas permitirá á profesora trabar coñecemento co alumnado e realizar o seguimento dos seus progresos.
As titorías constituirán, así mesmo, un espazo para a consulta e a resolución de diferentes dificultades que poidan xurdirlle a cada grupo ou alumno/a. O atendemento ao alumnado realizarase de modo presencial no horario marcado ao comezo do curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Traballo en grupo destinado á súa presentación oral na aula. A tarefa poderá consistir nun proxecto de investigación sobre algún dos contidos do programa, no deseño dunha proposta didáctica ou na valoración crítica dunha experiencia relacionada coa literatura infantil. Terase en conta a capacidade para seleccionar fontes bibliográficas de calidade, contrastar información e elaborar un discurso sintético, claro e correcto do punto de vista expresivo. Dependendo do tipo de traballo por que se opte, valorarase tamén a orixinalidade na escolla do tema e a creatividade no desenvolvemento da proposta. 50
Proba mixta Proba que integra preguntas de certa amplitude e preguntas de resposta breve. Valórase o coñecemento dos contidos, a capacidade de síntese, a claridade expositiva e a corrección expresiva. 50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso ter aprobadas as dúas partes. O alumnado que concorra á oportunidade de xullo só repetirá a parte suspensa.

Os grupos deberán estar formados por un mínimo de catro persoas. Aquelas persoas que non constitúan grupo ou non asistan regularmente ás clases serán avaliadas unicamente a través da proba mixta, que suporá o 100% da cualificación.

As actividades optativas propostas ao longo do curso poderán supor un incremento na cualificación final.


Fontes de información
Bibliografía básica

Cañas, J. (1999). Didáctica de la expresión dramática. Una aproximación a la dinámica teatral en el aula. Barcelona: Octaedro.

Cobas Brenlla, X. (1991). Historia da literatura infantil e xuvenil. Santiago de Compostela: [s. n.].

Colomer, T. (1998). La formación del lector literario. Narrativa infantil y juvenil actual. Madrid: Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Colomer, T. (2010). Introducción a la literatura infantil y juvenil actual. Madrid: Síntesis.

Colomer, T., Kümmerling-Meibauer, B. & Silva-Díaz, M. C. (eds.) (2010). Cruce de miradas: nuevas aproximaciones al libro-álbum. [S.l.]: Banco del Libro e GRETEL.

Couto Piñeiro, X., Lamapereira López, A. & Vieites García, M. F. [1992]. Práctica teatral na escola. Vigo: Ir Indo.

Durban Roca, g. [2010]. La biblioteca escolar, hoy: un recurso estratégico para el centro. Barcelona: Graó.

Fernández Paz, A. (1999). A literatura infantil e xuvenil en galego. Vigo: Xerais.

García Padrino, J. (2001). Así pasaron muchos años... (En torno a la Literatura Infantil Española). Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.

Garralón, A. (2001). Historia portátil de la literatura infantil. Madrid: Anaya.

Lage Fernández, J.J. (2013). Bibliotecas escolares, lectura y educación. Barcelona: Octaedro. 

Lluch, G. (1999). La comunicación literaria y el tipo de lector modelo que propone la actual literatura infantil. Educación y biblioteca, 105, 20-27.

Lluch, G. (2003). Análisis de narrativas infantiles y juveniles. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.

Lluch, G. (coord.) (2007). Invención de una tradición literaria. De la narrativa oral a la literatura para niños. Cuenca: Universidad de Castilla-La Mancha.

Mantovani, A. (1980). El teatro: un juego más. Madrid: Nuestra Cultura.

Mera Herbello, H. (2010). Unha década de literatura infantil e xuvenil en galego. Cangas do Morrazo: Morgante. 

Mínguez López, X. (2011). Hacia una definición de la literatura infantil y juvenil y sus ámbitos de estudio. La investigación en didáctica de la lengua y la literatura: situación actual y perspectivas de futuro (pp. 1149-1762). Granada: SEDLL.

Neira Cruz, X.A. (2004). 105 anos de literatura infantil e xuvenil en galego. Grial XLII (161), 107-113.

Rodríguez Almodovar, A. [2004]. El texto infinito: ensayos sobre el cuento popular. Madrid : Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Roig Rechou, B.-A. (2004). Literatura infantil e xuvenil en Galicia: dos inicios á consolidación. Boletín galego de literatura, 32 (Monográfico Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico), 141-167.

Roig Rechou, B.-A. (2011). La literatura Infantil y Juvenil gallega en el siglo XXI. Seis llaves para "entenderla mejor". Alicante: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

Salisbury, M. & Styles, M. (2012). El arte de ilustrar libros infantiles. Concepto y práctica de la narración visual. Barcelona: Blume.

Slade, P. (1978). Expresión dramática infantil. Madrid: Santillana.

Tejerina, I. (1994). Dramatización y teatro infantil. Dimensiones psicopedagógicas y expresivas. Madrid: Siglo XXI de España Editores.

VV.AA. [2013]. 100% ilustración. A Coruña: Bululú.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías