Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Lingua galega e a súa didáctica Código 652G02005
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer o currículo de Lingua e Literatura Galega na E. Primaria. A45
Ser capaz de analizar criticamente as propostas curriculares procedentes da administración educativa. A45
B3
Coñecer o comportamento fónico, morfosintáctico, léxico e pragmático da lingua galega. A46
Utilizar en cada contexto comunicativo os trazos fónicos, morfosintácticos e léxicos adecuados da lingua galega. A46
Distinguir o dialectal do estándar e o correcto do incorrecto, e aplicar estas distincións á aprendizaxe da lingua galega na aula de E. Primaria. A46
Posuír un dominio alto da expresión oral, da lectura e da escritura en lingua galega. A46
Expor con corrección, falando e escribindo en lingua galega, ideas previamente elaboradas, e facelo de maneira coherente e organizada. A46
B9
Saber comunicarse no centro educativo de xeito apropiado e eficaz en lingua galega nas diferentes situacións docentes. B7
Ser capaz de organizar e conducir o desenvolvemento das destrezas orais e escritas en lingua galega na E. Primaria. A50
Coller gusto e hábito pola lectura e pola escritura en lingua galega e fomentalos no alumnado. A48

Contidos
Temas Subtemas
1. A lingua galega na E. Primaria.


1.1. A Lei de normalización lingüística e os decretos de desenvolvemento dela.
1.2. O currículo de Lingua e Literatura Galega.
2. A competencia na lingua galega. 2.1. A competencia lingüística e as destrezas básicas.
2.2. A competencia na lingua galega do profesorado de E. Primaria.
2.3. O desenvolvemento das destrezas en lingua galega na E. Primaria.
2.3.1. A comprensión e a expresión oral.
2.3.2. A lectura e a escritura.
3. O comportamento fónico da lingua galega. 3.1. O sistema vocálico e o sistema consonántico: descrición, alteracións e fenómenos especiais.
3.2. As secuencias máis relevantes da expresión oral: explicación e práctica.
3.3. A aprendizaxe dos trazos fónicos da lingua galega na E. Primaria.
4. O comportamento morfosintáctico da lingua galega. 4.1. Usos do artigo determinado.
4.2. Formantes constitutivos e facultativos do nome. Gradación do nome adxectivo.
4.3. Funcións e usos do pronome persoal. Posición das formas pronominais átonas.
4.4. Posición e significación dos demostrativos. Función e significación dos posesivos.
4.5. Observacións respecto do uso dos indefinidos, dos numerais e dos relativos, interrogativos e exclamativos.
4.6. O verbo.
4.6.1. Estrutura xeral e descrición morfolóxica.
4.6.2. Valores e uso dos tempos. Emprego das formas non finitas.
4.6.3. Perífrases verbais.
4.7. Observacións respecto do uso de determinados adverbios, preposicións, conxuncións e interxeccións.
4.8. Unidades e funcións sintácticas.
5. O léxico xeral da lingua galega. .
6. Achegamento ao dominio lingüístico da lingua galega. 6.1. Principais fenómenos diferenciadores das falas. Bloques occidental, central e oriental, e áreas lingüísticas máis importantes.
6.2. As variedades diatópicas e a variedade común ou estándar.
6.3. A presenza e o tratamento destas variedades na E. Primaria.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 2.5 22.5 25
Lecturas 0 27 27
Prácticas de laboratorio 18 27 45
Esquemas 0 8 8
Sesión maxistral 24 18 42
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita que integra preguntas características das probas de ensaio e das probas obxectivas. En canto ás primeiras, inclúe preguntas abertas de desenvolvemento de certa amplitude, valorando a resposta esperada e as capacidades de razoamento, relación e análise. En canto ás segundas, contén preguntas destinadas á avaliación da expresión escrita e da capacidade de corrección de textos.
Lecturas Obras de literatura e outros textos para os alumnos e as alumnas melloraren a comprensión lectora e progresaren no coñecemento do léxico propio da lingua galega.
Prácticas de laboratorio Diferentes actividades, realizadas individualmente ou en grupo, concibidas para o desenvolvemento da expresión, tanto oral como escrita, do alumnado.
Esquemas Representacións simplificadas da información que inclúen os contidos máis relevantes dos temas explicados e das actividades desenvolvidas.
Sesión maxistral Exposicións orais complementadas con materiais de apoio e con introdución de preguntas teóricas e prácticas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitirlle coñecementos, facilitarlle a aprendizaxe e afacelo á aplicación práctica cotiá.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Descrición
Consultas relacionadas con calquera das explicacións e das actividades realizadas todo ao longo das horas presenciais ou das non presenciais e de traballo autónomo do alumnado.

Realización, revisión e comentario de prácticas encamiñadas á mellora da competencia expresiva en lingua galega dos alumnos e das alumnas que o poidan precisar.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Avaliación dos coñecementos aprendidos e da capacidade de análise respecto deles, da corrección expresiva e da capacidade para a corrección de textos, mediante preguntas equiparábeis a algunhas das probas de ensaio e ás das probas obxectivas. 67.5
Lecturas Valoración da comprensión das obras lidas, da competencia na expresión escrita, e das capacidades de análise, razoamento, relación e organización, mediante unha pregunta incorporada á proba mixta. 22.5
 
Observacións avaliación

     O 10% restante da avaliación non se pode incluír por dificultades informáticas. Está dirixido á valoración das respostas e achegas académicas e das actitudes profesionais todo ao longo das actividades presenciais.


Fontes de información
Bibliografía básica


. ÁLVAREZ, R., H. MONTEAGUDO e X. L. REGUEIRA (1994): Gramática galega, Vigo, Galaxia.

. ÁLVAREZ, R. e X. XOVE (2002): Gramática da lingua galega, Vigo, Galaxia.

. FERNÁNDEZ REI, F. (1990): Dialectoloxía da lingua galega, Vigo, Xerais.

. MONTEAGUDO, H. e X. M. BOUZADA (coordinadores) (2003): O proceso de normalización do idioma galego(1980 - 2000), Santiago de Compostela, Consello de Cultura Galega.

. REAL ACADEMIA GALEGA (1994): Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia, A Coruña.

. REAL ACADEMIA GALEGA (2007): Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Volume 1: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia, A Coruña.

. REAL ACADEMIA GALEGA e INSTITUTO DA LINGUA GALEGA (2012): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, A Coruña.

. CARBALLEIRA ANLLO, X. Mª (coordinador), C. ARES VÁZQUEZ, C. HERMIDA GULÍAS, P. IGLESIAS SIERRA, X. Mª LEMA SUÁREZ e R. LÓPEZ FERNÁNDEZ (2002): Diccionario Xerais da Lingua, Vigo, Xerais.

. CARBALLEIRA ANLLO, X. Mª (coordinador), C. ARES VÁZQUEZ, C. HERMIDA GULÍAS, P. IGLESIAS SIERRA, X. Mª LEMA SUÁREZ e R. LÓPEZ FERNÁNDEZ (2009): Gran Dicionario Xerais da Lingua, Vigo, Xerais.

. REAL ACADEMIA GALEGA (2000): Diccionario da Real Academia Galega, A Coruña, Galaxia - Xerais.

Bibliografía complementaria

. ALONSO PINTOS, S. (2002): Para unha historia do estándar galego. As propostas do período 1966 - 1980, Madrid, UNED.

. ÁLVAREZ, R., F. FERNÁNDEZ REI e X. XOVE FERNÁNDEZ (1984): "Galego", en Gran Enciclopedia Gallega. Tomo XIV, Santiago de Compostela, Silverio Cañada editor, páxinas 223 a 255.

. ARES, Mª do C. e X. ARIAS (1986): "O galego estándar sen merma da variante dialectal", en Revista Galega de Educación, número 3, páxinas 29 a 31.

. CAIRNEY, TH. (1992): Enseñanza de la comprensión lectora, Madrid, Morata.

. CARBALLO CALERO, R. (1979): Gramática elemental del gallego común, Vigo, Galaxia.

. CASSANY, D. (1993): La cocina de la escritura, Barcelona, Anagrama.

. CASSANY, D. (1994): Enseñar lengua, Barcelona, Graó.

. DOURAL ROCHA, A. (1995): Didáctica da redacción, narración e descrición, Vigo, Xerais.

. ESPIÑO, M. e H. SÁNCHEZ (1990): Aprender palabras e significados. A léxico-semántica, A Coruña, Vía Láctea.

. ETXEBARRIA, M. (2002): La diversidad de lenguas en España, Madrid, Espasa Calpe.

. FEIXÓ CID, X. (2003): Dicionario galego dos nomes, Vigo, Xerais.

. FERNÁNDEZ REI, F. (1987): "Aplicación da Dialectoloxía na aprendizaxe do galego común", en Grial, número 96, Vigo, Galaxia, páxinas 131 a 150.

. GRAVES, D. H. (1991): Didáctica de la escritura, Madrid, Morata.

. LÁZARO CARRETER, F. (1971): Diccionario de términos filológicos, Madrid, Gredos.

.MARIÑO PAZ, R. (1998): Historia da lingua galega, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.

. MARIÑO PAZ, R. (2003): "Galego", en Gran Enciclopedia Galega. Tomo XX, Lugo, El Progreso, Silverio Cañada editor.

. MEDRANO, C. (1998): Outros 50 xogos de lingua, Vigo, Xerais.

, MONTEAGUDO, H. (1989): Historia social da lingua galega, Vigo, Galaxia.

. NINYOLES, R. (1976): Cuatro idiomas para un estado, Madrid, Cambio 16.

. REGUEIRA, X. L. (coordinador) (1999): Os sons da lingua, Vigo, Xerais.

. RODRÍGUEZ, F. (1991): Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza, Santiago de Compostela, Laiovento.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 

 Coñecementos necesarios para cursar axeitadamente esta materia:

  • coñecementos básicos de fonoloxía galega.
  • coñecementos amplos de morfoloxía galega.
  • coñecemento do léxico común habitual da lingua galega.
  • dominio medio da expresión oral e da escrita en lingua galega.

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías