Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Pedagoxía social Código 652G03006
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Correo electrónico
dolores.candedo@udc.es
Profesorado
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Correo electrónico
dolores.candedo@udc.es
Web
Descrición xeral Materia de formación básica que pretende desenvolver competencias asociadas ao coñecemento dos
distintos ámbitos de profesionalización da educación social e a comprensión das distintas dimensións
relacionadas coa intervención pedagóxico-social. Pretende achegar elementos para a reflexión, o debate e o cuestionamento crítico dos temas obxecto de estudo e colaborar no desenvolvemento de actitudes favorables ó cambio social e educativo.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes.
A2 Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións.
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A14 Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional.
A16 Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. A1
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. A2
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. A3
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. A5
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. A14
Comprender a traxectoria da Educación Social e a configuración do seu campo e identidade profesional. A16
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. A20
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. B2
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. B3
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. B5
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A EDUCACIÓN SOCIAL COMO OBXETO DE ANALISE E INTERVENCIÓN:


1.1. Análise conceptual da Educación.
1.2. A socialización dos individuos: aproximación a súa caracterización e problemática actual.
1.3. A evolución dos discursos e prácticas socioeducativas: perspectiva asistencial versus perspectiva pedagóxico-social.
2. A PEDAGOXIA SOCIAL COMO MARCO CIENTÍFICO, DISCIPLINAR E PROFESIONAL:


2.1. Análise conceptual e evolución histórica da Pedagoxía Social.
2.2. A Pedagoxía Social e as C.C. Sociáis: a problemática da
interdisciplinariedade.
2.3. Os modelos paradigmáticos da Pedagoxía Social.
2.4. A proxección profesional da Pedagoxía Social.
3. AMBITOS DE INTERVENCIÓN PEDAGÓXICO-SOCIAL

3.1. Politica social, traballo social e servicios sociales.
3.2. Animación Sociocultural e desenvolvemento comunitario.
3.3. A Pedagoxía do tempo libre e do lecer.
3.4. A Pedagoxía Social na inadaptación e a marxinación social.
3.5. Educación social e institución escolar

4. OS PROCESOS METODOLÓXICOS NA INTERVENCIÓN PEDAGÓXICO-SOCIAL:

4.1. A metodoloxía na intervención social: aspectos conceptuais e instrumentais.
4.2. O deseño de programas sociáis.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 10 0 10
Aprendizaxe colaborativa 20 5 25
Discusión dirixida 10 0 10
Lecturas 0 15 15
Sesión maxistral 10 15 25
Xogo de rol (role playing) 3 0 3
Proba de ensaio 2 15 17
Portafolios do alumno 10 15 25
Simulación 5 0 5
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Desenvolvemento dunha actividade de indagación sobre coñecementos previos do alumnado, preferiblemente en pequeno grupo
Aprendizaxe colaborativa Actividades propostas para que o alumnado en pequeno grupo resolva supostos desenvolvendo estratexias de cooperación na aprendizaxe
Discusión dirixida Planteamento de problemas ou antinomias nas que deben desenvolverse argumentos de diverso carácter sobre os temas planteados, de maneira ordeada e respectuosa cos posicionamentos non compartidos
Lecturas Lecturas complementarias e de profundización nas temáticas abordadas pola materia
Sesión maxistral Presentación dos aspectos máis significativos dos contidos temáticos da asignatura
Xogo de rol (role playing) Construcción e defensa dun determinado rol ou punto de vista, no marco dunha dinámica grupal orientada ao desenvolvemento da racionalidade argumentativa, e da discusión respectuosa de posicionamentos encontrados
Proba de ensaio Proba de comprobación sobre as competencias da materia, relacionada coa reflexión sobre os principais contidos da materia. A través dun comentario de texto, no que se pode utilizar á documentación da disciplina.
Portafolios do alumno Traballo reflexivo do estudante que se pode facer de maneira individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas.
Simulación Posta en escea dunha problemática simulada relacionada coa profesión do/a educador/a social , sobre a que se deben asumir posicións argumentadas, valorando distintas posibilidades.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Actividades iniciais
Aprendizaxe colaborativa
Discusión dirixida
Xogo de rol (role playing)
Simulación
Descrición
A atención personalizada, ben en sesións de aula, ou en titorías en pequeno grupo ou individuais relacionáse coa necesidade dun seguimento do traballo do alumnado cando se empregan as metodoloxías sinaladas, e, especialmente na realización do portafolio e da conexión das actividades relacionadas coas clases interactivas e expositivas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de ensaio Comentario de texto que pretende a comprobación sobre o grao de desenvolvemento de distintas competencias asociadas á materia. Terá en conta o desenvolvemento dos contidos presentados nas sesións maxistrais e traballados nas actividades realizadas polo alumnado. A súa realización pódese apoiar na documentación achegada e noutras lecturas realizadas 40
Portafolios do alumno Traballo reflexivo do estudante que se pode facer de maneira individual ou en pequeno grupo e no que se reflicten as dinámicas das sesións interactivas en relación cos elementos abordados nas sesións expositivas. 60
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia será preciso que cada un dos elementos de avaliación estean aprobados. Se algún dos elementos está aprobado e ou outro non gardarase para a segunda oportunidade a cualificación do elemento aprobado e só terá que recuperar o suspenso. 

Para o alumnado que por razóns debidamente acreditadas (alumnado matriculado a tempo parcial ou ao que sobreveña algunha continxencia laboral e/ou persoal)  non teña unha asistencia sistemática o portafolios orientarase cara a lecturas coas correspondentes reflexións arredor das temáticas abordadas na materias. 

Fontes de información
Bibliografía básica

 

ANDER-EGG,E (1989): La animación y los animadores, Narcea. Madrid.

APPLE,M (1997): Política cultural y educación, Morata, Madrid.

BERGER,P.L. (ed.1999): Los límites de la cohesión social. Conflicto y mediación en las sociedades pluralistas. CL, Barcelona

BORJA,J. y CASTELLS, M (1997): Local y global. La gestión de las ciudades en la era de la información. Taurus, Madrid.

BUENO ABAD,J.R. (1991): Hacia un modelo de Servicios Sociales de Acción Comunitaria, Popular, Madrid.

CABALLO, M.B.; CANDIA, F.X.; CARIDE,J.A. y MEIRA, P.A. (1996): 131 conceptos clave en educación social. USC. Compostela.

CALVO, A. (2002): La animación sociocultural. Una estrategia educativa para la participación. Alianza editorial, Madrid.

CANDEDO, Mª D.(coord, 2013): A educación: ¿dereito ou mercadoría? Laiovento, Ames

CARIDE, J.A. (coord, 2.000): Educación social y políticas culturales. Tórculo Edicións, USC, Santiago de Compostela.

CARIDE, J.A. (2005): Las fronteras de la Pedagogía Social. Perspectivas científica e histórica. Gedisa, Barcelona.

DELORS,J (coord, 1996): La educación encierra un tesoro, Santillana, UNESCO, Madrid.

FERMOSO,P (1994): Pedagogía Social, Herder, Barcelona.

FREIRE,P (1990): La naturaleza política de la educación. Cultura, poder y liberación. Paidós/MEC, Barcelona.

FREIRE,P (1993): Pedagogía de la esperanza, Siglo XXI, Madrid.

FROUFE,S E SANCHEZ,M.A. (1990): Planificación e Intervención Socieducativa ,Amarú Eds, Salamanca.

GIMENO SACRISTAN, J (2001): Educar y convivir en la cultura global, Morata,Madrid.

GIROUX, H (2001): Cultura, política y práctica educativa. Graó, Barcelona

LOPEZ HIDALGO,J (1992): Los Servicios Sociales, Narcea, Madrid.

LUQUE DOMINGUEZ, P.A. (coord, 2001): Educación y valores democráticos: claves para una educación ciudadana. PPU, Barcelona.

LUZURIAGA,L (1993): Pedagogía Social y política, CEPE, Madrid.

MARCHIONI,M (1987): Planificación social y organización de la comunidad Edit. Popular, Madrid.

MARTIN, T (coord, 2000): Planificación y diseño de proyectos en Animación Sociocultural. Sanz y Torres, Madrid.

MARTINEZ, A (Edt,1991): Pedagogía de la marginación, Edt. Popular, Madrid.

MARTINEZ BONAFÉ, J (coord, 2003): Ciudadanía, poder y educación. Graó, Barcelona.    

NUÑEZ, V (Coord. 2002): La educación en tiempos de incertidumbre: las apuestas de la Pedagogía Social, Gedisa, Barcelona

ORTEGA,J (1999): Educación social especializada, Ariel, Barcelona.

PEREZ SERRANO, G (1990): Investigación-acción: aplicaciones al campo social y educativo, Dykinson, Madrid.

PETRUS, A (Coord. 1997): Pedagogía Social , Ariel, Madrid.

PUIG,J.M.  e TRILLA, J  (1987): Pedagogía del ocio, Laertes, Madrid.

QUINTANA, J.M. et alter  (1992): Fundamentos de Animación Sociocultural, Narcea, Madrid.

ROMANS, M.; PETRUS, A.; TRILLA,J  (2000): De profesión educador(a) social. Paidós, Barcelona.

ROSELLÓ, D ( 2004): Diseño y evaluación de proyectos culturales, Ariel, Barcelona

SAEZ, J (2003): La profesión de los educadores sociales: en busca de la competencia educativa cualificadora, Dykinson, Madrid.

SAEZ, J (Coord. 2007): Pedagoxía social y Educación social, Pearson Educación, Madrid

SARRAMONA,J (Ed. 1992): La educación no formal , CEAC, Barcelona.

TRILLA,J (1993): Otras educaciones, Anthropos, Barcelona.

TRILLA,J (Coord. 1997): Animación sociocultural. Teorías, programas y ámbitos. Ariel, Madrid.

UCAR, X (1992): La animación sociocultural, CEAC, Barcelona

V.V.A.A. (1989): Procesos socioculturales y participación, Edit. Popular, Madrid.

V.V.A.A. (1989): Actas del I Congreso sobre Educación Social  en España CIDE/MEC. Madrid.

V.V.A.A. (1990): La ciudad educadora, Ajuntament  de Barcelona, Barcelona.

V.V.A.A. (1991): El educador social. Presente y futuro. Guek, Bilbao.

V.V.A.A. (1992): Guia metodológica de apoyo a proyectos y acciones  para el desarrollo.IEPALA, Madrid.

V.V.A.A. (2002): A Acción municipal en cultura, deportes e xuventude na provincia  da Coruña, Deputación Provincial. A Coruña

VEGA,A  (1989): Pedagogía de los inadaptados sociales, Narcea, Madrid.

VENTOSA, V.J. (1992): Educación Social, Animación e Instituciones, Edit.CIS. Madrid.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías