Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa Código 652G03020
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A materia “Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socieoeducativa” persegue que os futuros profesionais da educación social sexan capaces atender ás diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración nos procesos de desenvolvemento da acción socioeducativa. Oriéntase pois, ao desenvolvemento de capacidades que permitan a utilización daquelas estratexias de comunicación e colaboración que mellor se adecúen a dinamización dos proxectos no marco dos contextos de intervención destes profesionais.

Deste modo, os principais núcleos temáticos céntranse na análise, coñecemento e práctica das estratexias de colaboración, comunicación e de xestión da información para o deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos que se levan a cabo nos diferentes ámbitos da acción socioeducativa.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A7 Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa.
A8 Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos
A9 Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario.
A10 Analizar, difundir, orientar e desenvolver procesos de promoción cultural.
A11 Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa.
A12 Mediar en situacións de risco e conflito.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
A18 Dirixir e coordinar planos e proxectos socioeducativos.
A20 Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B3 Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración que afectan aos procesos de intervención socioeducativa. A5
A10
A20
B1
B3
Desenvolver técnicas, estratexias e dinámicas de comunicación en público dende a pespectiva das habilidades comunicativas e a eficacia da comunicación educativa A7
A8
A9
A11
A12
A17
A18
B1
B6
C1
Analizar as vantaxes da colaboración e a dixitalización da comunicación na intervención socioeducativas. A5
A7
A10
A20
B1
B3
Utilizar diferentes estratexias de comunicación e de xestión da información no desenvolvemento de proxectos socioeducativos. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Comprender, valorar e transmitir de forma crítica a información no contexto da dinamización cultural e a intervención socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Aplicar diferentes estratexias de rexistro, interpretación e difusión da información no desenvolvemento da acción socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Asumir un compromiso ético co tratamento das novas formas de comunicación social a favor da intervención e desenvolvemento sociocumunitario. A5
A7
A10
A20
B1
B3
C4
Coñecer diferentes estratexias de colaboración para a dinamización dos equipos de traballo na acción socioeducativa. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Desenvolver diferentes dinámicas democráticas de inclusión, representación e participación na realización de proxectos de animación sociocumunitaria. A5
A7
A10
A12
A20
B1
B3
C4
Avaliar o sentido e funcionamento das dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa. A5
A10
A12
A20
B1
B3
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. A linguaxe Orixe e desenvolvemento
As diferentes linguaxes
Ferramentas de comunicación: da linguaxe á comunicación
O significado
2. A comunicación na acción socioeducativa. Concepto de comunicación
Fundamentos da comunicación
A comunicación e a educación
Axentes e elementos na comunicación educativa
Modelos do proceso de comunicación
A dimensión física da comunicación educativa (dimensión física do canal e contexto físico)
3. Colaboración, relación e participación. Aprendizaxe colaborativa
Dinámicas e técnicas de grupo
A participación e o liderado educativo
A comunicación organizacional
A comunicación nos proxectos desenvueltos nos ámbitos da acción socioeducativa
4. As TICs e as redes As TICs e as redes como facilitadoras da comunicación e a colaboración
Propaganda, publiciudade e estratexias de mercado
Medios de comunicación de masas e comunicación
5. A educación emocional na comunicación As emocións e os sentimentos na educación. A educación emocional no ásmbito socioeducativo
A persuasión na comunicación educativa
A intelixencia emocional e social
O humor nas organización
6. O liderado educativo e os estilos comunicativos O liderado educativo
A comunicación persoal e os estilos comunicativos
Habilidades comunicativas
Linguaxe verbal, non verbal e paraverbal
Dinámicas e estratexias de comunicación en público: o educador como comunicador

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 21 28 49
Discusión dirixida 10 21 31
Traballos tutelados 10 40 50
Proba mixta 2 16 18
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Discusión dirixida Mediante esta metodoloxía abordaranse diversos temas orientados a que o alumando reflexione sobre a aplicación das distintas estratexias de colaboración, comunicación, xestión e difusión da información na dinamización cultural e o desenvolvemento da acción socioeducativa. Ten como obxecto construír unha visión crítica respecto das diferentes formas de dinamizar as accións que se levan a cabo nos distintos contextos de intervención.
Traballos tutelados En torno aos diferentes temas proporase a realización de traballos de grupo. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Proba mixta A proba mixta constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá dar resposta a varias cuestións facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados mediante as diferentes metodoloxías de traballo empregadas no desenvolvemento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada que se describe en relación a estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado da materia.

A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.
- Coherencia entre os diferentes apartados.

EXPOSICIÓN:
- Relevancia, pertinencia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
60
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 40
 
Observacións avaliación

A avaliación contempla dúas opcións:

Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%):

a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (50%).

b) Proba escrita sobre os contidos da materia (50%).



Opción B.
Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao  80%):

a) Un exame escrito sobre os contidos da materia (100%).


Fontes de información
Bibliografía básica

Barkley, E., Cross K. P. e Major, C.H. (2007) Técnicas de aprendizajecolaborativo. Madrid, Morata.

Doherty-Sneddon, G. (2009) El lenguaje no verbal de los niños.Buenos Aires, Lumen.

Etkin, E. (2012) Comunicación para organizaciones sociales: de la planificación a la acción. Buenos Aires: La Crujía.

Fernández, J. D. e García, J. (2010) El valor pedagógico del humor en la educación social. Madrid: Desclée de Brouwer.

García Uceda, M. (2001) Las claves de la publicidad. Madrid, ESIC.

Goleman, D. (1995) Inteligencia emocional. Barcelona, Kairós.

James, J. (2010) La biblia del lenguaje corporal. Madrid, Paidós.

Patiño, A. (2007) Extraños en las aulas. En L. Martín y Mijares (Eds.), Voces del aula . Etnografías de la escuela multilingüe (pp. 191-216). Madrid: CREADE . Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://www.documentacion.edex.es/docs/1308ESPvoc.pdf

Pinker, S. (1995) El instinto dellenguaje: cómo crea el lenguaje la mente. Madrid, Alianza.

Pinker, S. (2007) El Mundo de laspalabras: una introducción a la naturaleza humana. Barcelona, Paidós.

Sarramona, J. (Ed.) (1988) Comunicación y educación. Barcelona, CEAC.

Trilla, J. (Coord.), Soler, P. y Limón,D. (2013) El liderazgo educativo en el ámbito socio-comunitario, en XXXII Seminario Interuniversitario de Teoríade la Educación. Santander, 10-12 de noviembre de 2013. En prensa. Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://www.site.unican.es/Ponencia%204.pdf

Ugarte, D. (2010) O poder das redes: manual ilustrado para persoas, colectivos e empresasabocadas ao ciberactivismo. Santiago de Compostela: 2.0 Editora. Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://lasindias.org/el-poder-de-las-redes/

VVAA (2009) Metodologías participativas. Manual. Madrid, CIMAS. Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://aragonparticipa.aragon.es/attachments/657_manual_medotologias_participativas.pdf

Watzlawick, P., Beavin, J. H. e Jackson, D. D. (1985) Teoría de lacomunicación humana. Barcelona, Herder.

West, R. e Turner, L. H. (2005) Teoría de la comunicación. Análisis yaplicación. Madrid, McGRAW Hill.

Bibliografía complementaria

Berlo, D. K. (1980) El proceso de la comunicación. Introduccióna la teoría y a la práctica. Buenos Aires, El Ateneo.

Bonals, J. (2000) El trabajo en pequeños grupos en el aula. Barcelona, Graó.

Carr, N. (2011) ¿Qué está haciendo Internet con nuestras mentes? Superficiales. Madrid, Taurus.

Comas,D. (2010) Lospresupuestos participativos y las políticas de juventud: un estudio de casosobre la cultura de la participación social en España. Madrid, Injuve. Recuperado o 2 de xullo do 2013 de http://www.injuve.es/sites/default/files/presupuestos_participativos.pdf

Delfos, M. F. (2009) ¿Me estás escuchando? Como conversar conniños entre los 4 y los 12 años. Madrid, Pirámide.

Erice, J. (2010). Convencer. Descubra los secretos de losgrandes comunicadores. Madrid, ESIC.

Espada, J. P. (2001) Técnicas de grupo. Madrid, CCS.

Fabra, Mª L. (1992) Técnicas de grupos para la cooperación. Barcelona, CEAC.

Fernández, J. D. (2010) El valor pedagógico del humor en laeducación social. Madrid, Desclée de Brouwe.

Froufe, S. (1998) Técnicas de grupo en animación comunitaria. Salamanca, Amarú.

Froufe, S. (2000). Análisis crítico de las actitudes bloqueadoras de la comunicación humana. Comunicar, 14, 97-102.

Goleman, D. (2005) Inteligencia social: la nueva ciencia delas relaciones humanas. Barcelona, Kairós.

Jáuregui, E. e Fernández, J. D. (2008) Alta diversión. Los beneficios del humor en el trabajo. Barcelona, Alienta.

Latorre, X. (2001). El marketing aplicado a las ONGD: coherencias e incoherencias en relación con la educación para el desarrollo.Comunicar, 16, 113-119.

Lull, J. (2008). Los placeres activos deexpresar y comunicar. Comunicar, 30,21-26. (DOI: 10.3916/c30-2008-01-003).

Palleres, M. (1993) Técnicas de grupo para educadores. Madrid, ICCE.

Pinker, S. (2000) Cómo funciona la mente. Barcelona, Destino.

Pinker, S. (2003) La tabla rasa lanegación moderna de la naturaleza humana. Barcelona, Paidós.

Pinker, S. (2005) La tabla rasa,el buen salvaje y el fantasma de la máquina. Barcelona,Paidós.

Pintado Blanco, T. e Sánchez Herrera, J (Coords.) (2012) Nuevas tendencias en comunicación. Madrid: ESIC.

Punset, E. (2008) Brújula para navegantes emocionales. Madrid, Aguilar.

Túñez, M. (2012) La gestión de la comunicación en las organizaciones. Sevilla, Comunicación Social.

Vidalot Presas, Mª A. (2012) Comunicación y grupos sociales. Barcelona: UOC.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías