Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Orientación ocupacional Código 652G03021
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arza Arza, Neves
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
Profesorado
Arza Arza, Neves
Rebollo Quintela, Nuria
Correo electrónico
neves.arza@udc.es
nuria.rebollo@udc.es
Web
Descrición xeral A orientación ocupacional, tamén chamada orientación laboral e orientación para o emprego, é unha actividade destinada ás persoas desempregadas. A súa finalidade é a adquisición e/ou mellora dalgúns dos factores persoais implicados na inserción laboral. A orientación laboral é un dos ámbitos profesionais do/a educador/a social.





Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e a súa situación actual (accións e metodoloxías utilizadas e profesionais que as levan a cabo) A1
A3
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional C7
Comprender as implicacións dos cambios producidos no mercado laboral para a concepción e a praxe da orientación profesional e ocupacional A5
C4
Analizar e deseñar actuacións de orientación ocupacional non sexista e reflexionar sobre o seu papel na consecución da igualdade de oportundiades entre homes e mulleres. A5
A9
B4
C4
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da igualdade de oportunidades. A14
C4
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente B6
C1
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe A2
Analizar e deseñar intervencións no campo da orientación ocupacional A6
A9
A21
B1
B6
Coñecer, consultar e valorar recursos para a práctica da orientación ocupacional. A15
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional, identificar as competencias necesarias para o seu desempeño e valorar a importancia e necesidade de formación ó longo da vida. A1
C3
Consolidar hábitos de traballo cooperativo e potencia-las habilidades e actitudes sociais necesarias no desenvolvemento profesional B5
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente. C3
C7
Identificar os colectivos con especiais dificultades de inserción, analizar as súas características en relación cos factores de inserción laboral e coas necesidades de formación e orientación e valorar as implicacións para a orientación. A2
A20
B4
C4
Identificar e valora-los posibles usos de Internet para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral A15
C3
Explorar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional A1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. Mercado laboral e Formación Profesional 4.1. Características do mercado laboral: implicacións para a concepción e para a praxe da OP
4.2. Terminoloxía específica, finalidades e ordenación da Formación Profesional.
4.3. A acreditación de competencias
4.4. Saídas profesionais para os/as educadoras/es sociais na Formación Profesional

TEMA 2. Delimitación conceptual e bases teóricas da orientación ocupacional 2.1. Orientación Profesional e Orientación Ocupacional: delimitación conceptual, relacións e aclaracións terminolóxicas
2.2. Enfoques explicativos da inserción
2.3. Modelos de intervención
2.4. Itinerarios personalizados de inserción e colectivos con especiais dficultade de inserción
3.2. A integración do enfoque de xénero na orientación ocupacional: finalidades e implicacións no deseño de programas e de itinerarios personalizados de inserción.
Tema 3. Áreas de intervención, integración das TICs e recursos para a praxe da OO 3.1. Áreas de intervención: que son e cales son ?

3.3. Internet e web 2.0: ámbitos de utilización na orientación ocupacional
3.4. Recursos para a praxe da orientación ocupacional
Tema 4. Desenvolvemento institucional, situación actual da orientación laboral e perfil profesional dos/as orientadores/as laborais. 1.1. Principais acontecementos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP
1.2. A orientación nos servizos públicos de emprego, nas accións de formación para o emprego e nos programas e proxectos de inserción sociolaboral. Análise da situación en Galicia e no resto das CCAA.
1.3 Perfil profesional do/a orientador/a laboral
1.4. A inserción laboral como ámbito profesional das/os educadoras/es sociais

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 3 21 24
Estudo de casos 7 23 30
Presentación oral 1 1 2
Proba mixta 0 10 10
Simulación 14 40 54
Sesión maxistral 21 7 28
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As actividades de análise documental céntranse na utilización dos recursos bibliográficos e webgráficos necesarios para a realización dos estudos de caso e da actividade de simulación.
Estudo de casos As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero.
Estas dúas actividades son grupais (catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa.
Presentación oral Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación e dos estudos de caso.
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de cinco preguntas, catro sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación.
Simulación Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. Realizarase en grupo (mínimo de catro e máximo de seis persoas).
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos de cada un dos temas do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Simulación
Presentación oral
Descrición
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e seguemento das actividades de estudo de casos, de simulación e de preparación da presentación oral. Para a actividade de simulación é obrigatoria a asistencia a tres sesións de titoría.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero.
Estas dúas actividades son grupais (máximo catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa. Ambalas dúas actividades son aplicables a actividade de simulación.
15
Simulación Actividade grupal. Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción Socioeducativa con Minorías e Colectivos Vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. 35
Proba mixta Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou coa actividade de simulación. 50
 
Observacións avaliación
Para superar a materia

é imprescindible obter a metade da cualificación
outorgada a cada unha das tres actividades que computan na avaliación.

Na
convocatoría de xullo

só se valora a proba mixta que incrementa o seu valor até
10.

 

As actividades grupais

van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os seus resultados van se reflectir na cualificación global.


Poden realizarse actividades optativas

polas que se poden acadar até 2 puntos. Estas actividades van ser presentadas na primeira semana de aulas e o alumnado interesado  ten que   comunicar  na última semana de setembro   que actividades vai realizar.


Aquelas persoas que, por razóns debidamente acreditadas non podan ter
unha asistencia superior ó 85%

, poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para poder optar  esta modalidade   hai que contactar,  a máis tardar  o 18 de setembro ou cando se produza a circunstancia que impida a asistencia ás aulas. 
coa docente para concretar as actividades de avaliación e o proceso de
supervisión e seguimento das mesmas. Para estes casos varia  o peso na cualificación global das actividades de avaliación 
e engádese a elaboración dun informe sobre as aprendizaxes e competencias adquiridas.


Fontes de información
Bibliografía básica Alastruey. R. (2009). Empleo 2.0.. Barcelona: Editorial UOC
Cobos, A; Gutiérrez_Crespo,E e Planas, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de emplo. Experiencias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral. . Barcelona: Editorial Grao
Manzano, Nuria (2011). Orientación laboral con jóvenes en riesgo de exclusión social. Madrid: Editorial Sanz y Torres
Sánchez García. María Fe (2004). Orientación laboral. Para la diversidad yel cambio. Madrid: Editorial Sanz y Torres
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Sobrado, L. e Cortés, A ( (2009)). Orientación profesional: nuevos escenarios y perspectivas. Madrid: Biblioteca Nueva

Para cada tema  recomendase  bibliografía e webgrafía especifica, diferenciando a que é  de lectura obrigatoria e a de profundización.

Bibliografía complementaria Sánchez García. María Fe ( 2004). Orientación laboral. Para la diversidad yel cambio. Madrid: Editorial Sanz y Torres


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Orientación e políticas de emprego/652G03031

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia optativa Orientación e Políticas de Emprego  profundiza na crise de emprego e nas políticas de emprego que se están a desenvolver na actualidade. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías