Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Orientación e políticas de emprego Código 652G03031
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Web http://http://www.udc.es/fymide
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa.
A5 Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa.
A15 Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa.
A17 Formar axentes de intervención socioeducativa e comunitaria.
B1 Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información.
B2 Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa.
B5 Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión.
B6 Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e utilizar axeitadamente os conceptos básicos de referencia A3
C1
Analizar e valorar criticamente as características do actual mercado laboral e as súas implicacións sociais. A5
B1
B2
C3
C7
Analizar e valorar criticamente as políticas de emprego que se desenvolven a nivel da UE, España e Galicia, nomeadamente no que fai a precarización das condicións laborais e a correción dos desigualdades no acceso ó mercado laboral A3
A17
B1
B6
C1
C3
C5
Coñecer a evolución e características das actuais políticas de emprego (comunitarias, estatais e autonómicas) A3
A17
B1
C3
Comprender e valorar críticamente as funcións da formación e da orientación nas políticas activas de emprego A3
A5
A15
B5
C3
C7
Coñecer a valorar as alternativas de diagnóstico e propostas de solución á actual crise de emprego e á globalización da precariedade laboral. A3
B1
B5
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA I. O Escenario sociolaboral
1.1. Conceptos básicos de referencia
1.2. A crise de emprego: desemprego e precariedade laboral
1.3. Emprego e desemprego: evolución e situación actual
1.3.1. Mocidade e mercado laboral
1.3.2. Muller e mercado laboral
1.4. Causas do desemprego
1.5. Cambios na estructura ocupacional e formación ó longo da vida

TEMA II. As políticas de Emprego:evolución e situación actual 2.1. Políticas de emprego: concepto e tipoloxía
2.2. As politicas de Emprego na Unión Europea
2.3. As políticas de Emprego en España
2.4. As políticas de Emprego en Galicia

TEMA III. Olladas alternativas
3.1. Na diagnose

3.2. Nas propostas
TEMA IV. A orientación profesional como medida activa de emprego 4.1.Evolución e consideración actual nas políticas de emprego e educativas.

4.2. A orientación con persoas desempregadas: organización, accións desenvolvidas e profesionais.
.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 2 30 32
Discusión dirixida 3 8 11
Traballos tutelados 17 41 58
Sesión maxistral 15 0 15
Aprendizaxe colaborativa 6 19 25
Proba de resposta breve 2 4 6
Actividades iniciais 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Ten como obxectivos a profundización nos contidos abordados, o contraste de distintos puntos de vista e a análise das medidas activa de emprego desenvolvidas a nivel comunitario, español e galego.
Discusión dirixida Sobre temáticas concretas e como actividade complementaria da análise de fontes documentais.
Traballos tutelados O traballo tutelado consiste na elaboración en grupo dun informe sobre unha das seguintes temáticas: as reformas laboral e das pensións, as "solucións alternativas" á crise actual e as políticas de emprego despregadas con diferentes colectivos. O producto é a realización dun informe e a organización dunha mesa redonda sobre estas temáticas.
É obrigatoria a asistencia a tres de sesións de titoría.
Sesión maxistral Exposición da profesora dirixida a presentación, explicación, síntese e relación entre os contidos abordados ó longo dos distintos temas.
Aprendizaxe colaborativa Considerase como un principio de funcionamento do grupo nas actividades grupais e individuais
Proba de resposta breve As preguntas demandan das capacidades de síntese, análise e comparación.
Actividades iniciais Son actividades de coñecementos previos que se realizaran ó inicio de cada tema ou apartado do mesmo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Discusión dirixida
Descrición
Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia. Ademais, calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, nas lecturas como nos traballos das clases máis prácticas (interactivas). Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do alumno, supervisando e orientando o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.

Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A18) no horario de tutorias. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, na páxina web do departamento de Filosofía e Métodos de Investigación en Educación como da Facultade de Ciencias da Educación.

A ATENCIÓN PERSONALIZADA REALIZARASE CARA A CARA ENTRE O ALUMNO E PROFESOR POLO QUE A ATENCIÓN VITUAL NON FORMA PARTE NIN SE REALIZARÁ NESTA MATERIA. O CORREO ELECTRÓNICO DO PROFESOR NON SE DEBE UTILIZAR COMO: ELEMENTO PARA SOLICITAR CITA NIN PARA REALIZAR CONSULTAS.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta breve As preguntas demanda das capacidades de análise, síntese e comparación. 30
Traballos tutelados Forma parte do cartafol. O traballo tutelado consiste na elaboración dun informe sobre unha das seguintes temáticas: as reformas laboral e das pensións, solucións alternativas, á crise actual e as políticas de emprego despregadas con diferentes colectivos. 30
Aprendizaxe colaborativa Como é unha metodoloxía para observar a aprendizaxe de cada estudante. Por iso, o estudante tendá que:conocer e manexar os ordenadores. Nesta metodoloxía convértese nun instrumento moi importante de avaliación, xa que o alumno para desenvolver outras metodoloxías aquí expostas, terá que optimizar a súa propia aprendizaxe e o do resto do grupo.
Como é complemento a outras metodoloxías aplicarase un punto sobre as seguintes tarefas: analisis de fontes documentales,discursion dirixida e obradoiro. Tamén, hai que ter en conta que para que se compute o punto a cada unha desas metodoloxías se debe cumprir os requisitos desas metodoloxías descriptos nesta avaliación, como son: a capacidade de traballo individual, capacidade de traballo en equipo, coñecementos xerais básicos, capacidade de sintesis e análise, capacidade de aplicar os coñecementos das sesións maxistrais á práctica, capacidade para xerar novas ideas (innovación e creatividade), capacidade crítica e autocrítica, toma de decisións, comunicación oral e escrita e habilidades de investigación.
20
Discusión dirixida Para realizar esta tarefa débese ter en conta o seguinte:
a-formaranse grupo pequenos non máis de 5 persoas;
b-se traballará con materiais que presentará o profesor en clase;
c-el material sempre será complemento de conceptos presentados nas sesións maxistrais;
d-cada grupo elixirá un voceiro. A función da devandita figura é de presentar e defender as ideas do grupo. O profesor vixiará que cada vez que se realice a devandita metodoloxía non sexa sempre o mesmo voceiro;
e-a figura de moderador realizaraa o profesor,
e-está actividade compleméntase cando se entregue, despois de realizala, cun esquema das ideas principais do material (presentado polo profesor) ao profesor.

Concretamente, realizaranse catro discusións dirixidas. Cada unha delas vale dous puntos. Senón se ten algunha discusión realizada, automaticamente, non se obtería os puntos asignados a esta metodoloxía.

Esta entrega sempre é Ao FINAL DA CLASES NA QUE SE REALICE ESTA METODOLOXÍA. NUNCA SE ENTREGARÁ ESTA ACTIVIDADE: NA CUADRÍCULA DO PROFESOR, NIN POR CORREO ELECTRÓNICO, NIN NO DESPACHO DO PROFESOR FOSE DO HORARIO DE CLASE.
20
 
Observacións avaliación
Na avaliación da materia terase en conta antes de nada o seguinte:


a-O ALUMNADO QUE ASISTA MENOS DUNHA 80% (3 faltas non xustificadas). ÁS CLASES SÓ TERÁ DEREITO A UN EXAME DE TODA A MATERIA. O temario para ese exame será sobre os contidos da materia e sobre as prácticas que se realizen en clase. Por iso este exame dividirase en dúas partes: unha parte será tipo test (que puntuará sobre 10) e outra parte que será sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Aprobarase o exame sempre que se alcance en ambas as dúas partes un aprobado (apróbase cun 5) La data do exame será a que marque o propio mestrado non se pode modificar.

A DATA DE INICIO DESTA MATERIA É PUBLICA NA PÁXINA WEB DO MESTRADO E NO TABOLEIRO DESTE. Como esta data é pública dende o mes de xullo. O alumno que non se puxese en contacto co profesor antes da data de inicio das clases e non asista a clase (sexa o motivo que sexa) dende o primeiro día. O profesor considerarao como alumno que asista menos dun 80% ás clases (coas condicións expostas ao inicio desta apartado)

Os alumnos que por calquera motivo non asistan menos dun 80% a clase e comuníquenllo ao profesor. DEBEN PRESENTAR UN XUSTIFICANTE, nos seguintes termos:

1-se é unha xustificación por enfermidade. Un xustificante médico cumprido correctamente.

2-se é por un emprego. O xustificante é unha fotocopia do traballo e un papel (cuberto correctamente) onde se indique que as horas de clase se solapen coas do traballo.

Se se cumpren algún destes dous termos. O profesor adiantará co alumno practícalas que realizará en clase e a avaliará como aos alumnos que asistan a clases. PERO SENÓN SE CUMPRE ALGUNHA DESTA CONDICIÓNS O PROFESOR NON REALIZA NINGÚN TRABALLO EXTRA AO ALUMNO, NIN FÓRA DO PERÍODO DE CLASES ESTABLECIDO PARA ESTA MATERIA DENDE O MESTRADO.POR O TANTO, SE O ALUMNO SE ENCONTRA NESTA SITUACIÓN É CONSIDERADO COMO UN ALUMNO QUE ASISTE MENOS DUN 80% DE CLASES.

b-A OS ALUMNOS QUE ASISTAN O 80% A CALSES NON TERÁN EXAME FINAL DA MATERIA. A estes alumnos aplicaráselles todo o exposto no apartado de avaliación. É dicir, cada metodologia e a súa descrición adecúase unha cualificación. A nota para estes alumnos nesta materia virá dada polo traballo que realicen ao longo da materia. Ao final da materia expoñerase no taboleiro do despacho do profesor a nota alcanzada por cada alumno nos distintos apartados a avaliar.

Se o alumno quere mellorar a nota que expuxo o profesor no taboleiro ten que presentarse ao exame. O temario para ese exame será sobre os contidos da materia e sobre as prácticas que se realizen en clase. Por iso este exame dividirase en dúas partes: unha parte será tipo test (que puntuará sobre 10) e outra parte que será sobre supostos prácticos (que puntuará sobre 10). Aprobarase o exame sempre que se alcance en ambas as dúas partes un aprobado (apróbase cun 5) La data do exame será a que marque o propio mestrado non se pode modificar.

Fontes de información
Bibliografía básica
Alba, A.; Álvarez, G., y Pagan, R. (1999). Parados de larga duración, ¿cuántos son, quiénes son, qué tipo de empleo buscan y cuánto tardan en encontrar trabajo?. Col. Informes y Estudios. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Alonso, L. E. (1996). ¿Trabajo para todos?. Un debate necesario. Madrid: Encuentro Alonso, L. E. (1999). Trabajo y ciudadanía: estudios sobre la crisis de la sociedad salarial. Madrid: Trotta. Alonso, L. E. (2001). Trabajo y posmodernidad: el empleo débil. Madrid: Fundamentos Baldés de la Vega, B (2001). Las empresas de trabajo temporal. Granada: Editorial Camares Beck, U. (2000). Un nuevo mundo feliz. La precariedad del trabajo en la era la globalización. Madrid: Paidos Beck, U. (2001). ¿qué es la globalización? Falacias del globalismo, respuestas a la globalización. Madrid: Paidos. Bourdieu, .P (1999). Contrafuegos. Madrid: Anagrama Cachon, L. (1999) (ed.). Juventudes, mercados de trabajo y políticas de empleo. Valencia: 7 i mig Castel, R. (1999). La metamorfosis de la cuestión social. Una crisis del salariado. Barcelona: Paidos Castillo Ceballos, G. (2000). De la Universidad al puesto de trabajo: estrategias y recursos para acceder al primer empleo. Madrid: Pirámide Consejería de Empleo y Desarrollo Tecnológico (2000) Las políticas de empleo en la Unión Europea (vol I). La Estrategia Europea para el Empleo. Sevilla: autor. Consejería de Empleo y Desarrollo Tecnológico (2000) Las políticas de empleo en la Unión Europea (vol II).Acciones para el empleo.. Sevilla: autor Consejería de Empleo y Desarrollo Tecnológico (2000). Empleo e Iniciativas Comunitarias. Sevilla: autor. Comisión Comunidad Europea (2000). Memorandum sobre el aprendizaje permanente. Bruselas. Disponible en http://www.europa.eu.int/comm/education/life/index Giarini, y Liedtke, P.M. (1998). El dilema del empleo. El futuro del trabajo. Informe del Club de Roma. Barcelona: Galaxia Gutemberg y Círculo de Lectores. Gorz, A. (1995). Metamorfosis del trabajo. Madrid: Sistema Gorz, A. (2000). Miserias del presente , riqueza de lo posible. Madrid: Paidos Jauregui, R. e outros (1999). El tiempo que vivimos y el reparto del trabajo. Madrid: Paidos. Estado y Sociedad. Míguelez F. e Prieto, C. (1999) Las relaciones de empleo en España. Madrid: Siglo XXI de España Editores. Monclus, A. (Coord.). Formación y empleo: enseñanza y competencias. Granada: Edi. Comares. Reina, J. L. (2000). El espejismo de la formación ocupacional. Reflexiones sobre su vinculación con el empleo. Madrid: Asociación de Libros de la Catarata Rifkin, J. (1996). El fin del trabajo. Buenos Aires: Paidos Salvá Mut, F. e Nicolau Colom, I. (2000). Formación e inserción laboral. Conceptos básicos, políticas, programas y recursos para la intervención. Madrid: Pirámide. Samir A. (2001). El Capitalismo en la era de la globalización. Madrid: Paidos Sebastián Ramos,A. e Sánchez M.F. (2001). El mercado de trabajo y el acceso al mundo laboral. Una perspectiva desde la Orientación Profesional. Senett, R. (2000). La corrosión del carácter. Madrid: Anagrama Zubero, I. (2000). El derecho a vivir con dignidad: del pleno empleo al empleo pleno. HOAC: Madrid.
Bibliografía complementaria
Bastida, A. (2001) La inserción sociolaboral. Reflexiones sobre la práctica. Madrid, Popular. Carmona, G. (2001). El plan personal para la inserción socio-laboral: teoría y práctica en la empresa para la inserción laboral. Huelva, Universidad de Huelva Casal, J. (2000). ‘Modalidades de transición profesional y precarización del empleo’, en Cachón, L. (ed.). La inserción profesional. Alzira, Germania, pp. 151-180 GALLART, M.A. (2002). Educación y trabajo. Montevideo, Cinterfor. MARHUENDA, F. (coord.)(2006). La cualificación profesional básica: competencias para la inclusión sociolaboral de jóvenes. Revista de Educación, nº 341.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Orientación ocupacional/652G03021

Observacións
Orientación e Políticas de Emprego complementa os contidos da materia Orientación Ocupacional. Permite analizar a evolución e características actuais do mercado laboral, das políticas de emprego desenvolvidas na Unión Europea, en España e en Galicia, así como distintas ollhadas sobre  as reformas laboral e das pensións e sobre a actual crise e como se pode atallar.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías