Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Traballo de Fin de Grado Código 652G03041
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos 1. Para matricularse no Traballo de Fin de Grao, o alumnado poderá ter pendentes como máximo 78 créditos para completar os estudos, incluidos os correspondentes ao TFG e ter superados todos os da primeira metade do Grao. Non obstante poderá matricularse do TFG, sen ter superadas todas as materias da primeira metade, cando o número total de créditos pendentes sexa igual ou inferior a 30 créditos, sen contar os que correspondan ao TFG. 2. Para defender o Traballo de Fin de Grao é necesario ter superadas todas as materias do Plan de Estudos, e mais ter o informe favorable da dirección académica do mesmo.
Departamento Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Psicoloxía
Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Arza Arza, Neves
Candedo Gunturiz, Maria Dolores Fatima
Clemente Diaz, Miguel
Cruz Lopez, Laura
Digon Regueiro, Alba Patricia
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Ferradás Canedo , María del Mar
Franco Taboada, Victoria
García Fernández, Manuel
Garcia-Fuentes de la Fuente, Carmen
Gonzalez Cabanach, Ramon
Iglesias Galdo, Ana Maria
Iglesias Salvado, Jose Luis
Malheiro Gutiérrez, José Manuel
Piñeiro Aguin, Isabel
Pose Porto, Hector Manuel
Ramos Rodriguez, Xosé
Rodriguez Romero, Maria del Mar
Rumbo Arcas, Maria Begoña
Serantes Pazos, Araceli
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
neves.arza@udc.es
dolores.candedo@udc.es
miguel.clemente@udc.es
laura.cruz@udc.es
patricia.digon@udc.es
eva.espineira@udc.es
mar.ferradasc@udc.es
v.franco@udc.es
manuel.garcia.fernandez@udc.es
carmen.garcia-fuentes@udc.es
r.cabanach@udc.es
ana.iglesias@udc.es
jose.luis.iglesias@udc.es
jose.malheirog@udc.es
isabel.pineiro.aguin@udc.es
hector.pose@udc.es
jose.ramos@udc.es
mar.rromero@udc.es
begona.rumbo@udc.es
araceli.serantes.pazos@udc.es
cathryn.teasley1@udc.es
Web
Descrición xeral O Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Ciencias da Educación, establece que o TFG debe reflectir as competencias específicas do Practicum, así como as propias do resto de materias do grao.

O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión da dirección académica asignada.

Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao, e en concreto: a capacidade para a búsqueda, xestión, organización e interpretación de datos relevantes- da súa área de estudo- co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuizo crítico, lóxico e creativo.

Trátase dunha materia de 6 créditos, o que se corresponde con 150 horas de traballo para o alumnado.

Dadas as características da materia a porcentaxe do horas de traballo presencial será acordada en última instancia pola persoa/s encargada/s de dirixir o Traballo de Fin de Grao, establecéndose como obrigatorio que cada alumno/a realice polo menos tres titorías presenciais.

O Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Ciencias da Educación, establece que o TFG debe reflectir as competencias específicas do Practicum, así como as propias do resto de materias do grao, e promover a sostibilidade.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A20
A21
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Procedemento para a elección de temas:
1. Ata o 30 de setembro: proposta por parte dos Departamentos dos temas ou as liñas dos TFG e os directores.
2. Ata o 30 de outubro: a comisión de titulación aprobará e fará pública unha listaxe cos temas, así como co número de estudantes que poden escoller cada tema e os critérios de asignación.
3. Os períodos de solicitude de temas por parte do estudantado, por orde de preferência dun número mínimo de tres temas ou liñas son:
- Antes do 30 de novembro (para alumnado matriculado no período ordinário de matrícula).
- Antes do 30 de marzo (para alumnado matriculado no período de ampliación de matrícula).
- Antes do 15 de outubro (para alumnado que só teña pendente o TFG e queira examinarse nas oportunidades de xaneiro e/ou xuño).
4. Listaxe provisória.
5. Período de reclamación.
6. Listaxe definitiva.
Unha vez publicada a oferta de temas, o alumnado matriculado na materia será convocado á reunión de elección de temática.

Proceso de elección consistirá en que o alumando será chamado a elixir unha liña temática segundo o seu expediente académico. O proceso rematará cando todo o alumnado presente teña unha temática asignada.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral 1 9 10
Traballos tutelados 0 137 137
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFG, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 3 exemplares en papel do seu TFG e un en formato dixital, así coma o impreso de solicitude de avaliación.
DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición.
Traballos tutelados O alumnado realizara o TFG baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFG e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFG.

As modalidades do TFG que poderán realizar o alumnado son algunha das seguintes:

a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias da titulación de grao e enmarcados no ámbito das competencias desta.
b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de grao.
c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos da titulación de grao.
d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados coa titulación de grao.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Unha vez publicada a listaxe definitiva de asignación de temáticas e dirección académica, o alumnado terá que poñerse en contacto coa súa dirección académica nun prazo máximo de dez días naturais.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliación global emitida polo tribunal sobre a adquisición de competencias reflectidas no traballo tutelado (contido e formato), unha vez obtido o visto e prace da dirección académica do mesmo para a súa presentación e defensa. 70
Presentación oral Avaliación global emitida polo tribunal sobre a adquisición de competencias reflectidas na presentación e defensa oral do TFG 30
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: As características e condicións da avaliación dos TFGs que
aparecen nesta guía son orientativas, e poden modificarse coas propostas
de mellora que sexan aprobadas trala experiencia do
curso académico 2013-2014. As características e condicións definitivas
da avaliación para o curso 2014-2015 faranse públicas no primeiro
cuadrimestre de dito curso académico.

Para presentar e
defender  o Traballo Fin de Grao é
necesario contar co visto e prace da dirección académica.

O alumnado que non
conte co visto e prace da dirección académica ou non a presente en tempo e
forma segundo o procedemento establecido será cualificado como NON PRESENTADO.

A cualificación
final do Traballo de Fin Grao será a emitida polo tribunal avaliador da
presentación e defensa oral do mesmo.

No caso de non
realizar a presentación e defensa oral do Traballo Fin de Grao, tendo o informe
favorable da dirección académica, a cualificación recibida será a de NON
PRESENTADO.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Segundo a Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao a cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/20037 de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa:

a) 0-4,9 suspenso

b) 5,0-6,9 aprobado

c) 7,0-8,9 notable

d) 9,0-10 sobresaliente


Fontes de información
Bibliografía básica

As propostas pola dirección académica do Traballo de Fin de Grao.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndanse evitar imprimir borradores, e se non é posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías