Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Procesos psicolóxicos básicos Código 652G04002
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Marcos Malmierca, Jose Luis
Correo electrónico
jose.luis.marcos@udc.es
Profesorado
Marcos Malmierca, Jose Luis
Valle-Inclan Alsina, Fernando del
Correo electrónico
jose.luis.marcos@udc.es
fernando.valle-inclan@udc.es
Web
Descrición xeral Obxectivos da materia:
- Que os alumnos adquiran os contidos máis relevantes de Psicoloxía Básica para a súa formación logopédica.
- Formación práctica: Análise das implicacións e aplicacións dos contidos, métodos e técnicas ao ámbito da logopedia

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Aprender a aprender.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A2 Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística. A2
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. B2
B4 Aprender a aprender. B4
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Definición de Psicoloxía Básica (Procesos Psicolóxicos Básicos) Definición de Psicoloxía Básica. Filosofía e Psicoloxía. Paradigmas científicos da Psicoloxía: Conductismo e Psicoloxía Cognitiva
Tema 2. Condicionamento Clásico Elementos do Condicionamento clásico.
Fenómenos básicos. Condicionamento semántico. Procedementos de intervención baseados no condicionamento clásico
Tema 3 Condicionamento Instrumental Experimento e modelo de condicionamento instrumental. A resposta operante. O reforzo. Parámetros do condicionamento instrumental de recompensa.
Tema 4. Memoria e procesamento O procesamento da información. Rexistro Sensorial. Memoria a Curto Prazo. Memoria a Longo Prazo.
Tema 5. Atención Definición. Modelos de capacidade. Modelos de filtro. Atención selectiva
Item 6. Perception Percepción visual
Percepción auditiva.
Tema 7.- Motivación e Emoción. Os conceptos motivacionais. Fame, motivación sexual, necesidade de pertenza. As teorías da emoción. A emoción no corpo. A expresión das emocións. A experiencia emocional.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos 8 24 32
Prácticas de laboratorio 15 15 30
Sesión maxistral 22 44 66
Proba obxectiva 2 16 18
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Analizar e resolver casos sobre problemas relacionados cos procesos psicolóxicos que foron expostos durante as sesións maxistrais
Prácticas de laboratorio Prácticas realizadas, tanto en laboratorio coma en clase, para reforzar o coñecemento e comprensión de diversos temas de especial interese
Sesión maxistral Exposición dos contidos de cada tema empregando recursos multimedia
Proba obxectiva Exame de entre 30 e 40 preguntas de tipo test sobre os contidos expostos e estudo de casos

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Descrición
Indicarase ao alumno os pasos para efectuar a análise dos casos, ofrecéndolle un seguimento e corrección final.

Antes de comezar a práctica informarase o alumno sobre cada unha das fases e especificaráselle a súa tarefa sobre esta. Ao final mostraránselle e explicarán os resultados obtidos.


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Asistencia ás clases de docencia interactiva e/ou prácticas de laboratorio 10
Estudo de casos Presentarase un caso e se formular 4 ou 5 preguntas de tipo test (incluídas na proba obxectiva) sobre a análise e proposta de solución deste 15
Proba obxectiva Formularanse unhas 30 preguntas de tipo test, das que 4 ou 5 delas corresponderán a un caso práctico, co fin de avaliar o apartado (ou metodoloxía) referido a "estudo de casos" 75
 
Observacións avaliación

A asistencia, actitude e participación en clase (clases teóricas e de docencia interactiva), así como a asistencia a prácticas de laboratorio, poderán ter un efecto modulador de ata un 10% sobre a cualificación final.

Para aprobar a materia, os estudantes deberán obter una puntuación global mínima de 5 puntos, sobre 10 (equivalente a un 50% do global). A puntuación global é o resultado de sumar as puntuacións obtidas na prueba obxectiva (na que se inclúen preguntas para avaliar o estudo de casos), a asistencia ás prácticas de laboratorio e clases interactivas, e o posible efecto modulador da asistencia, actitude e participación en clase e prácticas.


Fontes de información
Bibliografía básica Leahey, T. H. y Harris, R. J. (2000). Aprendizaje y cognición. Madrid. Prentice Hall
Caparrós, A. (1979). Introducción histórica a la psicología contemporánea. La psicología, ciencia multiparadigmática. Barcelona. Ediciones Rol
Nilsson, L. G. y Rönnberg, J. (2006). Learning and memory. Hove, England. Psychology Press/Taylor & Francis (UK)
Campos, A. (1988). Manual de prácticas de psicología básica . Barcelona. Grupo Editor Universitario
Domjan, M. y Bukhard, B. (2003, 5ª Ed.). Principios de aprendizaje y de conducta. Madrid. Thomson
Smith, E. E. y Kossylin, S. M. (2008). Procesos cognitivos. Madrid. Prentice Hall
Myers, D. G. (2005). Psicología. Madrid. Editorial Médica Panamericana
Ruiz-Vargas, J. M. (1998). Psicología de la memoria. Madrid. Alianza
Marcos, J. L. (1997). Técnicas de condicionamiento humano. Madrid. Universitas

Bibliografía complementaria (). .


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Aprendizaxe e percepción da fala/652G04030

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Ninguna


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías