Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Bibliografía e Fontes de Información Código 710G02014
Titulación
Grao en Información e Documentación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Francés
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Perez Pais, Maria del Carmen
Correo electrónico
carmen.perez.pais@udc.es
Profesorado
Perez Pais, Maria del Carmen
Correo electrónico
carmen.perez.pais@udc.es
Web
Descrición xeral Materia que aborda a identificación, análise e uso das fontes e recursos de información, e ocúpase de iniciar no deseño e na elaboración de bibliografías de carácter profesional.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Definir a natureza, tipoloxía, evolución, estrutura e utilidade das fontes de información. A1
A3
A4
Identificar as principais fontes de información de carácter xeral. A1
A6
Definir a metodoloxía de análise e avaliación das fontes de información de carácter xeral. A4
Deseñar e elaborar diferentes tipos de bibliografía e recursos de información. B3
C1
Utilizar adecuadamente fontes e recursos de información. B6
C3
Asumir responsabilidades na difusión do coñecemento a través da selección e difusión de recursos de información relevantes e pertinentes. B6
C4
Compartir coñecementos e experiencias con outros colegas. B5

Contidos
Temas Subtemas
1. AS FONTES DE INFORMACIÓN 1.1 Concepto
1.2 Tipoloxía
1.3 Análise e avaliación
2. BIBLIOGRAFÍA: CONCEPTO, HISTORIA E APLICACIÓNS

2.1 Concepto
2.2 Evolución histórica
2.3 Elaboración de repertorios bibliográficos
3. FONTES DE INFORMACIÓN I. INSTRUMENTOS PARA A BÚSQUEDA INDIRECTA DE INFORMACIÓN
3.1 Bibliografías
3.2 Catálogos de bibliotecas e catálogos colectivos
3.3 Bases de datos
3.4 Outros recursos de información
4. FONTES DE INFORMACIÓN II. INSTRUMENTOS PARA LA BÚSQUEDA DIRECTA DE INFORMACIÓN 4.1 Enciclopedias
4.2 Diccionarios
4.3 Fuentes biográficas
4.4 Anuarios, directorios, cronoloxías
4.5 Outros recursos de información
5. FERRAMENTAS DE LOCALIZACIÓN DE RECURSOS DE INFORMACIÓN EN INTERNET
5.1 Introducción
5.2 Motores de búsqueda
5.3 Directorios temáticos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva 2 18 20
Prácticas a través de TIC 5 7 12
Sesión maxistral 23 0 23
Traballos tutelados 7 60 67
Lecturas 0 12 12
Obradoiro 8 6 14
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Método de avaliación dos coñecementos adquiridos polo alumnado. Haberá unha proba final obxectiva que computará para a cualificación global. Poderán tamén realizase probas de autoevaluación para os diversos bloques temáticos.
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico que permiten ao alumnado aprender de forma efectiva a teoría dun ámbito de coñecemento. Realizaranse procuras bibliográficas, procuras de información e consultas a diferentes recursos accesibles a través de Internet.
Sesión maxistral Desenvolvemento expositivo dos contidos esenciais correspondentes aos temas en que se divide o programa. Visualización de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.
Traballos tutelados Estarán orientados á aplicación dos conceptos e técnicas da materia de forma autónoma por parte do alumnado, contando sempre coa atención personalizada e seguimento da docente. Os traballos elaboraranse de acordo coas pautas formais e de contido proporcionadas pola profesora.
Lecturas Inclúese baixo este epígrafe o resumo e comentario de lecturas, vídeos, conferencias, etc. Trátase de actividades que permiten profundar nos contidos traballados.
Obradoiro Tarefas prácticas sobre un tema determinado, con apoio e supervisión da profesora, que inclúen exposicións, debates, prácticas guiadas, solución de problemas, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Este tipo de atención terá especial peso nos traballos tutelados, para os cales a docente irá marcando as pautas a seguir en cada caso, podendo propor as variacións ou modificacións necesarias.

Con carácter xeral, e en todas as metodoloxías aplicadas, utilizaranse as tutorías presenciais, o correo electrónico e a plataforma informática da UDC.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e entrega no prazo establecido. E a presentación oral.
40
Obradoiro Computarase a asistencia e os traballos e actividades realizadas no taller.
5
Proba obxectiva Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas expostas, os coñecementos, a ausencia de erros, a achega persoal, así como a claridade, síntese e orde na exposición, e a presentación.
45
Lecturas Avaliarase a entrega na data establecida, síntese e reflexión persoal do asunto tratado.

5
Prácticas a través de TIC Avaliaranse as prácticas de acordo coa asistencia e a execución das prácticas sinaladas.

5
 
Observacións avaliación
A realización dos traballos tutelados é requisito imprescindible para presentarse á proba obxectiva. Para aprobar a materia deberán superarse tanto a proba obxectiva como os traballos tutelados. As notas dos traballos tutelados, individuais e en grupo, en caso de ser positivas, conservarase para as dúas probas sucesivas do ano académico; en caso de nota negativa, e tamén para as dúas probas sucesivas, poderase/n reelaborar o/o traballo/s presentado/s inicialmente ou presentar un novo traballo, sempre de acordo coa profesora.
As entregas das prácticas, talleres e lecturas terán que presentarse na data establecida. Nestes casos, non hai opción á súa repetición nin entrega posterior.

Fontes de información
Bibliografía básica (). .
ABADAL FALGUERAS, Ernest; CODINA BONILLA, Lluís. Bases de datos documentales: características, funciones y métodos. Madrid: Síntesis, 2005 CARRIZO, Gloria; IRURETA-GOYENA, Pilar; LOPEZ DE QUINTANA, Eugenio. Manual de fuentes de información. 2ª ed. Madrid: CEGAL, 2000. CODINA BONILLA, Lluís. Análisis y métodos en Ciencias de la Información. Disponible en: http://www.lluiscodina.com/ CORDON GARCÍA, José Antonio et al. Las nuevas fuentes de información: información y búsqueda documental en el contexto de la web 2.0. Madrid: Pirámide, 2010. CORDÓN GARCÍA, José Antonio; LÓPEZ LUCAS, Jesús; VAQUERO PULIDO, José Raúl. Manual de investigación bibliográfica y documental: teoría y práctica. Madrid: Pirámide, 2001. DELGADO CASADO, Juan. Introducción a la bibliografía: los repertorios bibliográficos y su elaboración. Madrid: Arco/Libros, 2005. FERRAN FERRER, Núria; PÉREZ-MONTORO, Mario. Búsqueda y recuperación de la información. Barcelona: UOC, 2009. GALLEGO LORENZO, Josefa; JUNCÀ CAMPDEPADRÓS, Manuela. Fuentes de información. Barcelona: UOC, 2009. Disponible en: http://ocw.uoc.edu/informacio-i-comunicacio/fonts-dinformacio-i/Course_listing LÓPEZ YEPES, José. La sociedad de la documentación. Madrid: Fragua, 2011. MALDONADO, Ángeles; RODRÍGUEZ YUNTA, Luís (coord.) (2006). La información especializada en Internet. 2ª ed. corr. y aum. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. MERLO VEGA, José Antonio. Información y referencia en entornos digitales: desarrollo de los servicios bibliotecarios de consulta. Murcia: Universidad de Murcia, Servicio de Publicaciones, 2009. RODRÍGUEZ BRAVO, Blanca. Apuntes sobre representación y organización de la información. Gijón: Trea, 2011. TORRES RAMIREZ, Isabel de (coord.). Las fuentes de información: estudios teórico-prácticos. Madrid: Síntesis, 1998. TORRES RAMÍREZ, Isabel de. Qué es la bibliografía: introducción para estudiantes de Biblioteconomía y Documentación. Granada: Universidad de Granada, 1996.
Bibliografía complementaria
Revistas especializadas Anales de Documentación. http://revistas.um.es/analesdoc/index BiD. http://www.ub.es/biblio/bid/ Boletín de la ANABAD. http://www.anabad.org/boletin/ El Profesional de la Información. http://www.elprofesionaldelainformacion.com/ Revista española de documentación científica. http://redc.revistas.csic.es/index.php/redc Revista general de información y documentación. http://www.ucm.es/BUCM/revistasBUC/portal/modules.php?name=Revistas2&id=RGID * La bibliografía básica se incrementará a lo largo del curso con la bibliografía básica y complementaria de cada tema, que incluirá artículos de revistas especializadas y recursos en Internet.

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fontes de Información Especializadas/710G02024
Bibliotecas Dixitais/710G02036
Fontes de Información en Ciencia e Tecnoloxía/710G02037
Deseño de Recursos Informativos en Web/710G02039
Recuperación e Avaliación de Información Electrónica/710G02040

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Documentación Xeral/710G02011

Materias que continúan o temario
Fundamentos de Teoría e Xestión da Información/710G02005

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías