Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización. |
A2 |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. |
A4 |
Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría. |
A6 |
Coñecemento axeitado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas. |
A13 |
Coñecemento da mecánica e dos compoñentes de maquinas. |
A17 |
Coñecemento dos sistemas para avaliación da calidade, e da normativa e medios relativos á seguridade e protección ambiental. |
A18 |
Coñecemento dos materiais específicos para máquinas, equipos e sistemas navais e dos criterios para a súa selección. |
A20 |
Coñecemento dos equipos e sistemas auxiliares navais. |
A25 |
Coñecemento dos procesos de fabricación mecánica. |
A30 |
Optimización de rendemento de equipos navais e máquinas auxiliares. |
A32 |
Coñecementos de sistemas de instrumentación mariña. |
A37 |
Coñecementos sobre a fabricación de compoñentes, equipos e sistemas para as instalacións de xeración de enerxías renovables mariñas en factorías de construción naval. |
A38 |
Capacidade para realizar un proxecto de instalación e montaxe das instalacións de produción de enerxías renovables mariñas, incluída os seus equipos e previsión do mantemento e potenciais reparacións a realizar. |
A40 |
Coñecemento dos impactos ambientais negativos que se puidesen producir, das medidas permanentes a dispoñer para evitalos e dos medios e intervencións necesarias para contrarrestalos en caso de accidente. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Comportase con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B6 |
Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo. |
B7 |
Actitude orientada ao traballo persoal intenso. |
B9 |
Actitude orientada á análise. |
B12 |
Capacidade de comunicación oral e escrita. |
B13 |
Manexo de sistemas asistidos por ordenador. |
B17 |
Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos. |
B19 |
Capacidade de negociación. |
B22 |
Positivos fronte a problemas. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |