Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) ENXEÑARÍA DOS MATERIAIS Código 730G03030
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
jose.mier@udc.es
Profesorado
Mier Buenhombre, Jose Luis
Correo electrónico
jose.mier@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é que o alumno adquira coñecementos básicos sobre os distintos tipos de materiais e, deste xeito, realizar convenientemente a súa selección en distintas aplicacións de enxeñaría mecánica

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A9 Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese ou procesado e as propiedades dos materiais.
A25 Coñecementos e capacidades para a aplicación da enxeñaría de materiais.
B1 Aprender a aprender.
B8 Actitude orientada ao traballo persoal intenso.
B9 Capacidade de integrarse en grupo de traballo.
B12 Capacidade para encontrar e manexar a información.
B13 Capacidade de comunicación oral e escrita.
B16 Fixar obxectivos e tomar decisións.
B22 Vontade de mellora continua.
B23 Positivos fronte a problemas.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecementos dos fundamentos de ciencia, tecnoloxía e química de materiais. Comprender a relación entre a microestrutura, a síntese ou procesado e as propiedades dos materiais. A9
Coñecementos e capacidades para a aplicación da enxeñaría de materiais A25
Aprender a aprender. B1
Actitude orientada ao traballo persoal intenso. B8
Capacidade de integrarse en grupo de traballo. B9
Capacidade para encontrar e manexar a información. B12
Capacidade de comunicación oral e escrita. B13
Fixar obxectivos e tomar decisións. B16
Vontade de mellora continua. B22
Positivos fronte a problemas. B23
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. C3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. C6
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Aceiro. Clases de aceiros Aceiros ao carbono. Influencia das impurezas nos aceiros ao carbono. Clasificación dos aceiros ao carbono. Aceiros aliados. Elementos alfágenos e gammágenos. Influencia de distintos tipos de aleantes. Aceiros HSLA. Aceiros maraging. Aceiros para ferramentas. Aceiros inoxidables

2. O cobre e as súas aliaxes. O cobre metálico. Clasificación das aliaxes de cobre. Latóns. Bronces. Cuproníqueles.
3. O aluminio e a súas aliaxes. Clasificación das aliaxes de aluminio. Aliaxes de aluminio para forxa. Aliaxes de aluminio para moldeo.
4. Outros tipos de aliaxes O níquel e as súas aliaxes. O titanio metal e as súas aliaxes de titanio. O magnesio e as súas aliaxes. O cinc e as súas aliaxes. O chumbo e as súas aliaxes. Superaliaxes.
5. Materiais Cerámicos. Estrutura cristalina de materiais cerámicos sinxelos. Silicatos. Materiais cerámicos tradicionais e de enxeñaría. Vidros
6. Polímeros Reaccións de polimerización. Peso molecular media. Homopolímeros e copolímeros. Cristalinidade e esteroisomería. Tipos de polímeros: Termoplásticos. Termoestables. Elastómeros.
7. Materiais Compostos Clasificación dos materiais compostos. Materiais compostos de matriz polimérica. Materiais compostos de matriz metálica. Materiais compostos de matriz cerámica.
8. Criterios físicos para a selección de materiais
Densidade.
Propiedades térmicas.
Propiedades eléctricas e magnéticas.
Propiedades ópticas.
9. Criterios mecánicos para a selección de materiais Deformación e fractura por cargas estáticas
Resistencia ao impacto
Fatiga
Resistencia á fluencia
Dureza
Triboloxía
10. Criterios químicos para a selección de materiais. Corrosión electroquímica e corrosión a altas temperaturas.
Termodinámica da corrosión.
Cinética da corrosión.
Degradación química de polímeros e cerámicos. Inflamabilidade de materiais

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral 2 8 10
Traballos tutelados 6 24 30
Sesión maxistral 24 36 60
Solución de problemas 6 12 18
Proba obxectiva 3 27 30
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
O alumno poderá asistir a titorías para resolver as súas dúbidas respecto ás probas obxectivas ou a presentación dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Realizaranse varios exames parciais tipo test que se levarán cabo en horario de clase.

Tamén se levará a cabo un exame de problemas

Todas as preguntas do test teñen catro posibles respostas das cales só unha é verdadera. Na cualificación do test aquelas respostas equivocadas restan 0,3 puntos, mentres que as respostas en branco non se puntúan.

Calquera nota inferior a 4.0 penalizará, computando o dobre á hora de realizar a nota media dos exames. Por exemplo, se un alumno obtivo nos parciais as seguintes notas: 7, 6, 3 y 2; a súa nota media será: (7+6+3+3+2+2) / 6 = 3,83.

Para ter opción ao aprobado débese obter máis de 4,0 nas probas obxectivas

O alumno poderá presentarse de novo aos parciais que considere oportuno o 4 de xuño co obxecto de mellorar nota.

En caso de que obtivese unha nota inferior á anterior, conservaráselle a primeira nota
75
Presentación oral Realizaranse dúas presentacións orais dos traballos tutelados 10
Sesión maxistral Os alumnos que asistan a máis do 80% das clases terán 0,5 puntos sobre 10 na nota final 5
Traballos tutelados Realizaranse dous traballos tutelados en grupo sobre distintos aspectos do temario que posteriormente se expoñerán oralmente 10
 
Observacións avaliación

 



 


Fontes de información
Bibliografía básica Coca P. y Rosique J. (1992). Ciencia de materiales: teoría-ensayos-tratamientos. Pirámide
Askeland D.R. (2001). Ciencia e ingeniería de los materiales. Paraninfo
Higgins R.A. (1993). Engineering Metallurgy. Edward Arnold
Callister W.D. (2008). Fundamentals of materials science and engineering: an integrated approach. John Wiley
Smith W.F. (2006). Fundamentos de Ciencia e Ingeniería de Materiales. MacGraw-Hill
Shackelford, J. F. (2005). Introducción a la ciencia de materiales para ingenieros . Pearson-Prentice Hall
Avner S.M. (1979). Introducción a la metalurgia física. MacGraw-Hill

Bibliografía complementaria Ohring M. (1995). Engineering Materials Science. Academic Press
Murray G. T (1993). Introduction to engineering materials behavior, properties, and selection. Marcel Dekker
Fischer T.E. (2009). Materials science for engineering students. Elsevier
(2003). McGraw-Hill dictionary of materials science. MacGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
COMPORTAMENTO EN SERVIZO/730G03041

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
CIENCIA DOS MATERIAIS/730G03007

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías