Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) ACTUADORES E SENSORES Código 730G03045
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial 2
Coordinación
Lugris Armesto, Urbano
Correo electrónico
urbano.lugris@udc.es
Profesorado
Lugris Armesto, Urbano
Sanjurjo Maroño, Emilio
Correo electrónico
urbano.lugris@udc.es
emilio.sanjurjo@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral Nesta materia explícanse os diferentes tipos de sensores e actuadores empregados comunmente no control de máquinas. Así mesmo, estúdase a forma de conectalos e integralos nun algoritmo de control, que é executado nun microcontrolador ou ordenador. Para converter a lectura dos sensores en información utilizable polo controlador, ou as saídas do controlador en forzas ou momentos, hanse de utilizar sistemas de adquisición e xeración de sinais.

Ao longo da materia realizaranse prácticas básicas con diferentes sistemas de adquisición, sensores, actuadores e controladores, para finalmente integrar todo na implementación do control dun mecanismo real.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
A3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
A10 Coñecemento e utilización dos principios de teoría de circuítos e máquinas eléctricas.
A11 Coñecementos dos fundamentos da electrónica.
A12 Coñecementos sobre os fundamentos de automatismos e métodos de control.
A13 Coñecemento dos principios de teoría de máquinas e mecanismos.
A32 Capacidade de aplicar os coñecementos adquiridos á práctica.
A52 Coñecer as principais características dos sensores e actuantes eléctricos. Ser capaz de seleccionar o instrumental máis axeitado para un caso práctico.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaboradora.
B14 Manexo de sistemas asistidos por ordenador.
B18 Capacidade de abstracción, comprensión e simplificación de problemas complexos.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento dos procedementos para o tratamento, adquisición e xeración de sinais analóxicos e dixitais A2
A10
A11
Coñecemento e selección de sensores e actuadores eléctricos A52
Coñecemento de técnicas de control de sistemas mecánicos mediante sensores e actuadores eléctricos A12
A13
Capacidade para a construción, sensorización e control dun sistema real A3
A32
B2
B4
B5
B14
B18
C6

Contidos
Temas Subtemas
Adquisición, tratamento e xeración de sinais Sinais analóxicos e dixitais
Tratamento e filtrado de sinais
Conversión A/D e D/A
Sensores Sensores de posición e velocidade
Sensores de tensión e deformación
Sensores de vibración e aceleración
Sensores de temperatura
Sensores de presión
Actuadores Motores eléctricos (DC, paso a paso)
Actuadores hidráulicos e pneumáticos
Controladores e algoritmos de control Microcontroladores e Microordenadores
Algoritmos de control (bucle aberto, realimentación)
Control baseado en modelo

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 7 18 25
Solución de problemas 7 16 23
Prácticas de laboratorio 10.5 25 35.5
Traballos tutelados 7 16 23
Proba obxectiva 2 0 2
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Iranse describindo en clase, mediante utilización de medios audiovisuais, os diferentes elementos que aparecen nos contidos (sensores, actuadores, sistemas de control)

Cando sexa posible, utilizaranse os propios dispositivos durante a exposición.
Solución de problemas Resolveranse problemas prácticos para reforzar as ideas introducidas nas clases teóricas.
Prácticas de laboratorio Realizaranse prácticas simples utilizando diferentes tipos de sensores, actuadores, circuítos de adquisición, microcontroladores, etc.
Traballos tutelados Os alumnos deberán levar a cabo un proxecto completo (incluíndo a construción) dun sistema, aplicando todos os coñecementos adquiridos en clase.
Proba obxectiva Os alumnos que non superen a asignatura por medio das prácticas e o traballo, terán que facer un exame teórico-práctico.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Todas as prácticas serán realizadas baixo a tutela do profesor. Tamén se poderán resolver dúbidas durante o horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliarase a capacidade do alumno para resolver os problemas prácticos plantexados. 10
Traballos tutelados Avaliarase o grado de consecución dos obxectivos do proxecto, de acordo á complexidade do mesmo. 40
Proba obxectiva O exame consistirá nunha serie de pregunta teóricas e a resolución de problemas prácticos. Só o terán que realizar os alumnos que non superasen a materia por medio das prácticas e o proxecto. 50
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica David G. Alciatore, Michael B. Histand (2007). Introducción a la mecatrónica y los sistemas de medición. Madrid: McGraw-Hill

Bibliografía complementaria (). http://arduino.cc/.
(). http://beagleboard.org/.
(). http://www.bricogeek.com/.
(). https://www.sparkfun.com/.
Clarence W. de Silva (2007). Sensors and Actuators - Contron System Instrumentation. Boca Raton: CRC Press
Ernest E. Doebelin (2005). Sistemas de medición e instrumentación - Diseño y aplicación. México: McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
HIDRÁULICA E NEUMÁTICA/730G03039

Materias que continúan o temario
INFORMÁTICA/730G03004
FUNDAMENTOS DA ELECTRICIDADE/730G03012
FUNDAMENTOS DE AUTOMÁTICA/730G03015
FUNDAMENTOS DE ELECTRÓNICA/730G03016
TEORÍA DE MÁQUINAS/730G03019
ELEMENTOS DE MÁQUINAS/730G03029

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías