Datos Identificativos 2014/15
Asignatura (*) Organización e xestión da empresa Código 730G05007
Titulación
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Oceánica
Coordinación
Castro Santos, Laura
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
Profesorado
Castro Santos, Laura
Martinez Lopez, Alba
Correo electrónico
laura.castro.santos@udc.es
alba.martinezl@udc.es
Web
Descrición xeral Dada a importancia que ten a organización e xestión empresarial, a presente materia introducirá ó alumno/a nesta disciplina desde o punto de vista do sector naval.

O programa estruturarase en distintos bloques, que abranguirán a función directiva, a función financeira e a función de produción.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Coñecemento axeitado do concepto de empresa e o marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas
B1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitiren xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B7 Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas
B9 Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento
C1 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida
C3 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C5 Asumir como profesionais e cidadáns a importancia da aprendizaxe ao longo da vida
C6 Valorar a importancia da investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento da estrutura organizativa e funcional dunha empresa no seu conxunto e de cada unha das súas áreas funcionais (comercial, financeira, produción e operacións) A6
B1
B5
B9
Conocimiento del concepto de empresa y del marco institucional y jurídico de la misma A6
Coñecemento da función de dirección nos eidos da planificación, a organización, o control e a estratexia empresarial e das súas ferramentas máis empregadas no eido empresarial A6
B7
Coñecemento e aplicación da función financeira da empresa a través de técnicas de avaliación de proxectos de investimento A6
B2
B3
B5
C1
C3
C5
C6
Planificación e dirección das operacións necesarias para as actividades que se levan a cabo para a construción e reparación de buques e outras unidades flotantes A6
C1

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I: FUNDAMENTOS Tema 1: A empresa como sistema.
Tema 2: Marco institucional e xurídico: clases de empresas.
Tema 3: Responsabilidade Social Empresarial.
BLOQUE II: A FUNCIÓN DE DIRECCIÓN Tema 4: A planificación.
Tema 5: A organización.
Tema 6: A estratexia empresarial.
BLOQUE III: A FUNCIÓN FINANCEIRA Tema 7: A inversión na empresa.
Tema 8: O financiamento da empresa.
Tema 9: Viabilidade de proxectos.
BLOQUE IV: A FUNCIÓN DE PRODUCIÓN Tema 10: A produción e as operacións.
Tema 11: A xestión da calidade.
Tema 12: Dirección de proxectos.
Tema 13: Xestión de aprovisionamentos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 30 0 30
Proba obxectiva 5 0 5
Prácticas a través de TIC 37.5 23 60.5
Traballos tutelados 0 20 20
Solución de problemas 22.5 7 29.5
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada có uso de medios audiovisuais coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Exposición das ideas esenciais dos contidos e proposición de cuestións para fomentar a reflexión e o diálogo entre os estudantes
Proba obxectiva Proba escrita (unha ou varias) utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Pode combinar distintos tipos de preguntas: tipo test, desenvolvemento de teoría, problemas, etc.
Prácticas a través de TIC Actividades de carácter práctico sobre os contidos desenvolvidos nun ámbito de coñecemento concreto mediante o uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Traballos tutelados Traballo ou traballos tutelados a desenvolver polo alumno durante o curso
Solución de problemas Resolución de exercicios prácticos na aula, os cales servirán para afianzar os contidos traballados e que resolverán unha situación problemática concreta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
As sesións maxistrais e a solución de problemas requiren unha atención personalizada na aula.
Por outro lado, o estudo de casos, as prácticas a través de TIC e a solución de problemas pode precisar un seguimento pormenorizado mediante titorías.
Finalmente, os traballos tutelados serán propostos ao longo do curso, polo que o alumno será guiado no desenvolvemento dos mesmos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Proba escritas, tanto de teoría como de práctica, a desenvolver durante o curso
60
Traballos tutelados Traballo ou traballos tutelados a desenvolver polo alumno durante o curso 40
 
Observacións avaliación

Os alumnos elixirán ao principio do cuatrimestre se queren avaliación continua ou non continua. No caso de que o alumno elixa a avaliación non continua a proba obxectiva será o exame final. Neste sentido, a nota final calcularase da forma seguinte:

  • Avaliación continua:
    como aparece descrito no cadro superior: proba obxectiva (60%), contidos do traballo tutelado (30%) e exposición oral do traballo tutelado (10%). A proba obxectiva ten que ter unha nota igual ou superior a 4 puntos para facer media co resto.
  • Avaliación non continua:
    exame final (80%), contidos do traballo tutelado (0%) e exposición oral do traballo tutelado (0%). O exame final ten que ter unha nota igual ou superior a 5 puntos. Os alumnos con avaliación non continua non se poderán presentar á proba ou probas obxectivas da avliación continua.

No caso de alumnos con algunha parte suspensa, deberán ir con dita parte ao exame da convocatoria ordinaria e/ou extraordinaria. As partes aprobadas nas convocatorias de xuño e xullo gardaranse para os cursos académicos posteriores.


Fontes de información
Bibliografía básica Hampton, David R. (1989). Administración . McGraw-Hill
Thompson, Arthur (2008). Administración estratégica. Mc Graw-Hill
Jarillo, José Carlos (1993). Dirección estratégica. Mc Graw Hill
Bueno Campos, E., Cruz Roche, I. y Durán, J. (2002). Economía de la empresa. Pirámide
Esteban Pérez, José (2009). Economía del sector marítimo. Instituto Marítimo Español
Mochón Morcillo, F. et al. (2010). Empresa y economía industrial. Mc Graw Hill
García del Junco, J. y Casanueva, C (2002). Fundamentos de Gestión Empresarial. Pirámide
Abancens, A. (1995). Organización empresarial: organización de la producción. Donostiarra

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías